Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  8 horas 39 minutos

Coordenadas 4239

Fecha de subida 9 de octubre de 2012

Fecha de realización agosto 2012

-
-
1.348 m
898 m
0
7,1
14
28,29 km

Vista 988 veces, descargada 7 veces

cerca de Montederramo, Galicia (España)

Día elixido para percorrer algúns lugares de gran beleza paisaxística e dun gran valor ecolóxico. Camiñar entre os bidueiros na serra de San Mamed, partindo de Montederramo. A idea era gozar dun magnífico ámbito e aproveitar para recoller arandos silvestres, de grandes propiedades curativas.
Os arandos son unha pequena froita do bosque de intenso e exquisito sabor e excelentes propiedades para a nosa saúde. Eu descubrinos ao receitarmos o médico para combater infeccións tales como a cistite.
Crus, en zume ou en cápsulas, as súas propiedades son moi beneficiosas para o noso organismo, sobre todo porque teñen un alto poder antioxidante. Isto quere dicir que neutralizan a acción dos radicais libres, responsables, entre outras cousas, do envellecemento.
Posúen un alto contido en vitamina C. Isto significa que reforza o noso sistema inmunolóxico e facilita a absorción do ferro, polo que tamén está moi indicado en casos de anemia ferropénica.
Pero as súas propiedades non rematan aí. Tamén contan cun alto contido en fibra, así que se os consumes de forma habitual, reducirás o estrinximento. E ademais, teñen propiedades que melloran a circulación periférica e reforzan os capilares

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta