Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  23 horas 4 minutos

Coordenadas 2613

Fecha de subida 23 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
1.677 m
951 m
0
7,2
14
28,98 km

Vista 59 veces, descargada 2 veces

cerca de Montederramo, Galicia (España)

Decidimos facer a coñecida como “Ruta do Santo” en dúas xornadas para gozar dunha fermosa noite estrelada no cumio de san Mamede, onde se pode atopar bo sitio para plantar un par de tendas pequenas, ao abeiro dunha caseta próxima á ermida. Nos folletos informativos a ruta aparece descrita normalmente ascendendo por Fontedoso e Vilanova, mais nós preferimos afrontala por A Lama e Viloxe, para descender ao día seguinte pola Campo do Casar e o mencionado Fontedoso, de xeito que acurtamos o traxecto en máis de 1,5 km na ascensión, posto que dispuñamos de poucas horas de luz (obviamente, no descenso tivemos que camiñar esa distancia para completar a ruta). Deste xeito, fixemos 9,5 km na tarde da primeira xornada e uns 19,5 km na segunda.
Son 726 metros de desnivel en menos de dez quilómetros, pero moi pouco repartidos. Por exemplo, nos tres primeiros soamente superamos 160 metros de desnivel, mentres que no último quilómetro de ascensión tivemos que afrontar 200 metros de desnivelt… o último quilómetro e medio da ruta resulta ben duro, sobre todo cuns 15 kg ao lombo, algunha rampla hai que tomala con moita calma.
Deixamos o coche diante do mosteiro de Montederramo, onde hai un panel informativo da ruta, e camiñamos por estrada case 1,5 km até A Lama. Pouco despois, en Viloxe, deixamos definitivamente o asfalto e apañamos unha boa pista, firme polo que transcorre todo o roteiro. Aproximadamente no km 4,3 chegamos á intersección co camiño de regreso. Un tramo de medio quilómetro coincide tanto na subida como na baixada. Até aquí a subida viña sendo ben tendida, a partir de agora, coa referencia da montaña máis clara, o asunto ponse máis serio.
Ascendemos gozando dunha boa vista ao oeste sobre o val de Maceda, formado nese treito do río Arnoia.
Como xa comentei, as ramplas nos últimos tramos da ascensión son durísimas, pero acadamos o noso obxectivo coa luz xustiña para decidir onde montar as tendas. Ceamos ao abeiro do cuberto que avanza na fachada frontal da emida de san Mamede e gozamos dunha fermosísima noite estrelecida e tendo enfronte nosa a concentración de luces na que se converte a vila de Verín de noite.
Pola mañá a panorámica visual é marabillosa: oArnoia convertido nunha masa de néboa ao suroeste, o mesmo que o Támega ao sur, dúas amplas liñas brancas ben visíbeis. A vista cara ao sur abrangue un horizonte amplísimo, dende o Xurés e a serra de Larouco até talvez a serra da Coroa, talvez…
Polo leste, o macizo Central Ourensán (Invernadoiro e serra da Queixa) conforman a paisaxe que se abre á nosa dereita durante o descenso cara ao bidueiral de Gabín, que acadamos logo de case 3,5 km de baixada. O bidueiral de Gabín ou de Montederramo é inmenso e rodéanos durante máis de 4 km de camiño. Constitúe o principal bosque de bidos ou bidueiros máis meridional de Europa. Atopámonos no PR-G 182 (Ruta do Bidueiral de Gabín), camiño sinalizado até o Campo do Casar. Antes de chegar ao Campo do Casar e tras saír do bidueiral, atopamos bastantes acivros.
Esta zona era paso natural entre as Terras de Caldelas e Trives e as de Maceda e A Limia, con bastantes camiños tradicionais nesta zona empregados por comerciantes e gandeiros. Un dos viaxeiros que pasaba por aquí con frecuencia era Manuel Blanco Romasanta, famoso polos crimes que cometeu neste bosque a mediados do século XIX. No seu xuízo confesou os crimes botando as culpas a un feitizo que o facía converterse en lobishome nas noites de plenilunio. O único caso de licantropía documentado en España (como enfermidade mental) levou por diante a vida de trece persoas, asasinadas coas mans e cos dentes.
Deixando atrás o Campo do Casar quédannos 9 km para regresar a Montederramo. No camiño aínda nos sorprendeu gratamente unha zona boscosa e algo fraguenta antes de pasarmos moi próximos a Fontedoso, que deixamos á nosa esquerda. De aí a Vilanova e á área recreativa A Palloza, xa á beira da estrada que, en menos dun quilómetro, nos leva de volta ao mosteiro de Montederramo.
Sobre o mosteiro hai información abonda na internet, pero comparto a ligazón, que me pareceu ben curiosa, do vídeo en 3D do mosteiro ( http://www.turismo.gal/recurso?langId=gl_ES&cod_rec=5253&lay=973).

Para rematar, déixovos unhas liñas sobre a ruta do Santo collidas da web do Concello de Montederramo:
A chamada “Ruta do Santo” segue o camiño que o eremita san Mamede percorría para chegar dende a súa emida, no alto da serra que leva o seu nome, até o mosteiro Cisterciense de Montederramo, comunidade monacal á que pertencía. Este camiño só o realizaba unha vez ao ano, concretamente o día 15 de agosto, data na que a comunidade monacal celebraba a súa patroa. O resto do ano eran os propios monxes da abadía os que se achegaban, en pequenos grupos, á ermida para levar a cabo xornadas de meditación e retiro espiritual.

Folleto da ruta na páxina do concelllo: http://www.montederramo.es/images/pdf/Folleto%20Ruta%20do%20Santo.pdf
  • Foto de Cartel ruta. Mosteiro de Montederramo
  • Foto de Cartel ruta. Mosteiro de Montederramo
  • Foto de Cartel ruta. Mosteiro de Montederramo
Cartel ruta. Mosteiro de Montederramo
  • Foto de Descanso. Vistas cara ao val de Maceda
  • Foto de Descanso. Vistas cara ao val de Maceda
  • Foto de Descanso. Vistas cara ao val de Maceda
Descanso. Vistas cara ao val de Maceda
  • Foto de Cumio san Mamede. Ermida
  • Foto de Cumio san Mamede. Ermida
  • Foto de Cumio san Mamede. Ermida
  • Foto de Cumio san Mamede. Ermida
  • Foto de Cumio san Mamede. Ermida
  • Foto de Cumio san Mamede. Ermida
Cumio san Mamede. Ermida
  • Foto de Bidueiral de Gabín
  • Foto de Bidueiral de Gabín
  • Foto de Bidueiral de Gabín
Bidueiral de Gabín
  • Foto de Bidueiral de Gabín... novamente
  • Foto de Bidueiral de Gabín... novamente
De novo no bidueiral de Gabín
  • Foto de Fervenza Corgo da Tella
Fervenza Corgo da Tella (totalmente seca)
  • Foto de Campo do Casar
Campo do Casar

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta