• Foto de Mosteiro de Oseira-Serra Martiñá 22/03/2015 CDF
  • Foto de Mosteiro de Oseira-Serra Martiñá 22/03/2015 CDF

Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  7 horas 56 minutos

Coordenadas 1929

Fecha de subida 25 de mayo de 2015

Fecha de realización marzo 2015

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
1.056 m
557 m
0
4,4
8,8
17,53 km

Vista 993 veces, descargada 36 veces

cerca de Oseira, Galicia (España)

MOSTEIRO DE OSEIRA-SERRA MARTIÑÁ
22 de Marzo de 2015

Guias: Isa e Rafa

Saída 8:15P.Vigo - 8:30 Fontiñas
Comezo: Mosteiro de Oseira
Remate: Mosteiro de Oseira
Percorrido: 17 km

Este percorrido circular, na Serra Martiñá, na que abondaban os osos que lle deron nome a Oseira, discorre por camiños tradicionais e corredoiras ao longo dos ríos Oseira e Mirela. Comeza a andaina en Oseira, parroquia do concello de S.Cristovo de Cea (www.concellodecea.com) onde se atopa o mosteiro cisterciense de Sta. María a Real (a.1137) (www.mosteirodeoseira.org).
Comezamos a camiñar ao carón do mosteiro, baixamos cara a área de lecer de Casledo e atravesamos por unhas poldras o río Mirela (ou Oseira) , para continuar pola súa marxe esquerda por exuberantes sendeiros.9 Despois de abandonar o río, entre soutos e carballeiras, ascendemos ata a aldea de Trabazos. Seguimos subindo cara a Serra Martiñá, onde a vexetación e pedras de antolladizas formas marcan a paisaxe. Xa na media montaña, da Pena Veidosa (ou Ventosa) , pasamos o cumio Martiñá (1038m) . Divisamos a extensa e montañosa paisaxe e a penechaira de Vilamarín co val do río Barbantiño, afluente do Miño, así como o val transversal do río Oseira. Descendemos xa para achegármonos a aldea de Pieles: pedra pura con ancestrais corredoiras e casas de patín. Seguimos baixando cara o río Mirela entre os carballos dun asombrado vieiro. Un camiño empedrado sitúanos en Betar e logo de pasar polo pobo O Río, de novo entre carballos, chegamos a San Martiño co seu forno comunal. Aquí as vistas do Mosteiro e a Serra Martiñá son espectaculares.
Aconséllase levar boas botas e calzado de reposto por se o tempo ven chuvioso. Se temos tempo visitaremos o mosteiro.

1 comentario

  • Foto de AlthorP

    AlthorP 17-sep-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Zonas con bastante maleza, recomendable pantalón largo y machete
    ajajajajaja

Si quieres, puedes o esta ruta