-
-
16 m
2 m
0
0,7
1,5
2,96 km

Vista 1205 veces, descargada 1 veces

cerca de Vila Nova de Cerveira, Viana do Castelo (Portugal)

O MIÑO: A RAIA DA AMIZADE
27 de agosto | 10.30 h

PUNTO DE ENCONTRO
Espazo Fortaleza (entrada do antigo ferry), Goián (Tomiño). Como chegar: desde a autovía A55 con saída en Areas-Tui, continúase pola estrada PO 552 en dirección á Guarda. Á altura de Goián, nos semáforos, cóllese á esquerda seguindo a sinalización do Espazo Fortaleza.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
O río Miño marca, no seu treito final, a fronteira natural e política co veciño Portugal. As relacións entre ambas as marxes sufriron diferentes flutuacións ao longo dos séculos, como o mostran os restos patrimoniais. A fortaleza de San Lourenzo de Goián testemuña o conflito bélico que supuxo a fortificación das marxes do treito do río. As guerras de Restauración para a coroa portuguesa e de Independencia para a coroa castelá supuxeron un enfrontamento entre os países, con intereses alleos ás poboacións locais que, pola contra, teceron ao longo de séculos relacións de proximidade e mesmo de solidaridade que converxeron en accións conxuntas de actividade pesqueira, ou mesmo de accións de contrabando e de paso clandestino de persoas dunha marxe para a outra.

MONUMENTA DIVULGA
A andaina percorrerá a senda do Miño desde o Espazo Fortaleza ata a praia de Eiras. No Espazo Fortaleza contextualizaremos a localización e as relacións transfronteirizas. Despois, visitaremos a fortaleza de San Lourenzo onde analizaremos
os fortes do Miño na guerra con Portugal. Chegaremos ata o Peirao Vello para coñecermos a pegada e a transcendencia do contrabando. E, en Eiras, saberemos máis da pesca tradicional do Miño a partir dos traballos do etnógrafo Eliseo Alonso.
CAMIÑANTES CONVIDADOS Natalia Jorge Pereira, historiadora e especialista nas fortalezas do Miño. O compositor tudense Victor Coyote tocará para nós en acústico durante a andaina, para traernos música e historias da fronteira.

A ANDAINA
- Hora de saída: 11.00 h
- Hora de regreso estimada: 14.00 h
- Distancia: 5 ́5 km (ida e volta)
- Dificultade: baixa
- Itinerario: desde o Espazo Fortaleza ata a praia de Eiras, e regreso. Observacións: andaina regular cunha lixeira pendente no acceso á fortaleza. O Espazo Fortaleza conta cunha entrada específica para públicos con mobilidade reducida.
-Necesidades específicas: calzado cómodo, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
- Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos. Inscrición previa: non é necesaria.

MÁIS INFORMACIÓN
[email protected] e no teléfono 619 637 211

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta