davidpc
197 15 2

Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  2 horas 59 minutos

Coordenadas 1467

Fecha de subida 19 de febrero de 2013

Fecha de realización febrero 2013

-
-
753 m
145 m
0
2,8
5,5
11,01 km

Vista 43202 veces, descargada 6 veces

cerca de Louredo, Galicia (España)

OS VALOS-GALLEIRO

Non apta para bici.

Saida e chegada ó Alto de Os Valos (N-550).

Bastante dura ó principio, para ir suavizándose a medida que

ascendemos. Despois de chegar ó pico é todo baixar ata o inicio.


Sáese dende o antigo aserradeiro, subindo cara a Nespereira, a uns 100

metros cóllese un desvio a esquerda que baixa ata o cruzar o rio louro,

a uns 50 metros do río, unha vez pasada a liña de alta tensión cóllese

un carreiro á dereita. Se se leva a ruta descargada en GPS ou

smartphone recomendo moito zoom porque o primeiro kilometro e difícil

de seguir xa que o "carreiro" e fácil de perder. Se se perde, non hai

problema, hai que seguir subindo ata chegar a torreta de alta tensión,

que está xa nunha pista de terra. Ó chegar a ela, cóllese a esquerda

para seguir subindo.
Os dous primeiros kilometros son bastante duros pola forte pendente e o

terreo irregular,tras eles, e despois de subir case en liña recta cara

ó cumio, xírase a esquerda para andar durante un km mais por un

sendeiro entre xestas ata chegar a GR 58 onde collemos a esquerda

durante uns 30 ou 40 metros para denovo comezar a subir a dereita, en

liña recta ata o cumio.

Unha vez que chegamos ó Galleiro, báixase pola cara sur ata chegar á

base do Salgueiron, onde collemos a dereita para cruzarnos outra vez co

GR 58, que atravesamos para seguir baixando e logo coller a dereita

e continuar por unha pista durante varios km ata chegar a cruzarnos

polo lugar onde subimos, preto da primeira torreta de alta tensión, por

onde baixaremos ata o punto de partida.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta