Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  7 horas 51 minutos

Coordenadas 3671

Fecha de subida 18 de diciembre de 2013

Fecha de realización diciembre 2013

-
-
945 m
324 m
0
6,3
13
25,15 km

Vista 2466 veces, descargada 23 veces

cerca de Franqueira, Galicia (España)

Saímos da área recreativa Os Bidueiros, preto do santuario da Franqueira, cara á cruz da Paradanta coa intención de combinar dúas rutas: Paradanta-A Franqueira-Chan do Rei (http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=434544) de Chifinofe e a ruta de río Calvo (http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2431080) de Sudandobotas, cambiando o final para rematar polo Camiño da Raíña.
Comezamos directamente polo cortalumes e, tras pasar pola cruz, polo cumio do Paradanta e polo coto da Vella (Virxe da Franqueira), chegamos ao Chan do Rei, punto máis alto da ruta e coas mellores vistas. Domina o Condado e a vista abrangue dende o Suído e o Faro de Avión até as illas Cíes e o Galiñeiro, ou mesmo as alturas da Peneda, alén Miño.
Procuramos outro camiño para a volta, pero saímos igualmente ao curro da Paradanta, por onde xa pasaramos á ida. A partir de aí intentamos dar co sendeiro que seguiran na rura de Sudandobotas, pero atópase moi pechado de toxo. Pasamos o chan do Castro, onde se conservan varias edificacións, e seguindo indicacións dos cazadores baixamos polo cortalumes, mais os toxos e as silvas non nos permitiron baixar até a estrada e non tivemos máis remedio que desandar o camiño e dar un bo rodeo para enlazar coa ruta do río Calvo.
Tras pasar fito das Chans escollemos o camiño equivocado nun pequeno treito, e como se pode ver no mapa recuamos para dar co camiño correcto e baixar cara ao río Calvo (tras cruzar o río, esquecemos reanudar o gps e faltan uns catrocentros metros de subida pola pista que ascende tras cruzar o río, en zig-zag).
A fraga do río é fermosa e podería seguirse xa dende o río a ruta da raíña pero empeñámonos en completar a ruta que tiñamos preparada. Os camiños van tendo moita vexetación, bastante toxo, e probablemente se vaian pechando cada vez máis e queden impracticables en pouco tempo. Saímos ao camiño da Raíña e tras atravesar Formigueiros, xa ao outro lado da autovía, optamos por rematar polo camiño da Raíña, malia haber un final moito máis directo por camiños á beira da estrada.
Se restamos os quilómetros feitos de máis dende o castro até a estrada e algún despiste, a ruta pode quedar nuns 21 quilómetros.
  • Foto de Cruz Paradanta
  • Foto de Cruz Paradanta
  • Foto de Cruz Paradanta
  • Foto de Cruz Paradanta
  • Foto de Cruz Paradanta
Cruz Paradanta
  • Foto de Cumio Paradanta (buzón)
  • Foto de Cumio Paradanta (buzón)
Buzón
  • Foto de Coto da Vella
  • Foto de Coto da Vella
Virxe da Franqueira
  • Foto de Chan do Rei
  • Foto de Chan do Rei
  • Foto de Chan do Rei
  • Foto de Chan do Rei
Chan do Rei ou chan do Padrón
  • Foto de Castro
  • Foto de Castro
  • Foto de Castro
Castro
  • Foto de Fito As Chans
Fito As Chans
  • Foto de Depósito de agua
Depósito de agua no descenso cara ao río. Practcamente, non se ve até que estás encima del.
  • Foto de Río Calvo
  • Foto de Río Calvo
  • Foto de Río Calvo
  • Foto de Río Calvo
  • Foto de Río Calvo
  • Foto de Río Calvo
Fermosa fraga do río Calvo

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta