-
-
269 m
253 m
0
0,4
0,8
1,59 km

Vista 1852 veces, descargada 15 veces

cerca de Santiago de Compostela, Galicia (España)

HISTORIA DO PARQUE:
A Alameda formaba parte dun terreo extramuros cheo de carballos que chegaba ata ao mosteiro de San Lourenzo, propiedade dos Condes de Altamira, ata que no ano 1.546 foi doado aos cidadáns de Santiago. No documento de cesión di que o agro e do pobo para sempre, para ser usado como pasto común, con condición que non pode ser pechado, nin aforado, nin arrendado.
O Concello tomou moi en conta a condición de repoboalo, así no mesmo ano ordenou os veciños de Marrozos, Eixo e Aríns a plantación de carballos, chopos e castiñeiros.
Foi no 1835 cando esta carballeira pública comezou a converterse en parque, coa construción do paseo do Campo da Estrela. Este paseo foi dividido en tres salóns a finais do XIX: o central para o señorío, o da esquerda para os clérigos, catedráticos e profesionais con estudos, e o da dereita para as clases populares. A esta distribución alude Otero Pedrayo na súa Guía de Galicia

ARBORES SENLLEIRAS:

Tileiro prateado (Tilia tormentosa)
Os tileiros forman un xénero de árbores pertencente á familia das malváceas, nativos das rexións mornas do hemisferio norte. Son árbores caducifolios de bo volume e que chegan a vivir ata 900 anos, acadando entre 20 e 40 m de altura, con fustes rectos de ata un metro de diámetro.
As flores desta árbore son moi aromáticas, en forma de pequenos acios amarelos cunha bráctea alongada. Estas son coñecidas polas súas propiedades curativas para combater catarreiras ou outras afeccións. Tamén son usadas como tranquilizantes ou somníferos preparándose en forma de infusión chamada tila. As follas ao descomporse no solo proporcionan un humus de alto contido mineral e de nutrientes que resulta moi útil para mellorar terras escasas de minerais e outros nutrientes.
Forman dúas aliñacións que decoran e separan os tres paseos do Campo da Estrela, e no 1884 intercaláronse camelias entre as tileiras, aportadas por veciños da cidade. A de maior tamaño, próxima á igrexa do Pilar, é a que está catalogada como senlleira por ter mais de 100 anos.


Eucaliptos da Ferradura (Eucalyptus globulus)
Orixinarios de Tasmania e Victoria, en Australia, foron descubertos en 1779, introducidos en Europa no 1856 tras un dos viaxes do Capitán Cook, e en Galicia por Frei Rosendo Salvado no 1860 mediante o envío de sementes á súa familia.
Eucalyptus provén do grego eu (ben) y kalyptós (cuberto) referíndose aos botóns florais, cubertos por unha tapadeira leñosa de forma globular, que lle da o nome específico de globulus. Tamén pode proceder do seu parecido con uns botóns que se chamaban así e estaban de moda cando La Billardière descubriu a especie en Tasmania.
Ten propiedades balsámicas e antisépticas, polo que utilízase para combater os resfriados, e o aceite tamén tense empregado contra a malaria. A súa madeira serve para obter pasta de celulosa para facer papel.
Os eucaliptos da Alameda son dos mais antigos de Europa pois datan de finais do XIX.No Souto da Retorta, en Viveiro, están os eucaliptos mais altos de Europa, de 80 metros de altura, plantados tamén a finais do XIX.

Abeto ‘a Perona’ (Abies normanniana)
Este árbore é coñecido como ‘a Perona’ porque foi plantado por Eva Duarte, Evita, cando visitou Santiago no ano 1947, que viaxou por España en visita oficial co seu marido, Juan Domingo Perón.
Os abetos do Cáucaso teñen a súa orixe nas costas do Mar Negro, o norte de Anatolia e a cordilleira do Cáucaso, onde forma bosques entre os 400 e 2.000 metros de altitude. En Europa o seu cultivo comezou a mediados do século XIX, con fin ornamentais en parques e xardíns. Este abeto ten mais afinidades coas especies mediterráneas, coma o Abies pinsapo, que cos abetos da Europa central e septentrional.
O nome abies dereiva do grego abios, e foi usado por Homero e Virxilio na literatura clásica para referirse aos árbores de longa vida. Tamén hai referencias de que o nome provén do celta abetos. O nome específico está dedicado ao botánico finlandés Alexander von Nordmann, que viviu nos dous primeiros tercios do século XIX.

CARBALLEIRA DE SANTA SUSANA:
Na Xeografía xeneral do Reino de Galicia fálase do castro de Santa Susana, e apunta a crenza que aquí estivo el Mallun, tribunal popular executor de sentenzas. Foi tamén lugar de suplicio público xa que no 1569 trasladouse aquí a forca que estaba na plaza do Campo (hoxe chamada Cervantes)
Os carballos (Quercus robur) destacan no parque. Dende o século XVI plantáronse e protexéronse os carballos de esta zona, eliminando outros que os prexudicasen, como as acacias, e repoñéndose os carballos mortos ou enfermos por outros novos.
A meseta da Susana conserva a súa fisionomía dende o século XVIII, configurada por dúas partes ben diferenciadas:
- A zona de intramuros está ocupada pola Igrexa de Santa Susana , seu atrio e seu cemiterio. Este foi o posible emprazamento dun castro, que despois acollería unha das igrexas mais antigas de Santiago dedicada ao Santo Sepulcro, e dende 1102 garda a reliquia do corpo de Santa Susana, traída dende Braga polo arcebispo Diego Xelmírez
- A carballeira, que funcionou como campo da feira dende principios do século XIX ata1971. Aloxaba a Feira de Gando dos xoves, que antes era en Porta Faxeira e despois trasladouse a Salgueiriños. Actualmente mantense o seu uso como recinto da feira na Ascensión ou no Apóstolo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta