• Foto de Fuente
  • Foto de San Xian
  • Foto de Fuente

Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  8 horas 2 minutos

Coordenadas 1895

Fecha de subida 19 de diciembre de 2015

Fecha de realización diciembre 2015

-
-
618 m
50 m
0
5,4
11
21,58 km

Vista 917 veces, descargada 5 veces

cerca de Pedornes, Galicia (España)

Pedornes, Oia
  • Foto de Fuente
Fuente
  • Foto de San Xian
San Xian
  • Foto de Fuente
Fuente

1 comentario

  • Goulierin 10-ene-2016

    Martiña, esperaba que polo menos ao colgala ruta houbera un comentario decentiño acerca da mesma, como vexo que non é o caso, permíteme que engada o seguinte:
    - A ruta comeza na praza do calvario do pobo de Pedornes, e ascende á serra da Groba por un camiño empedrado.
    - A menos de 1km atopamos grabados rupestres, por unha banda está un petroglifo cheo de cabalos pero que neste intre atópase en estado de limpeza de matorral, xa que é complicado velo con tanto mato; por outra banda tras chegar ao Viveiro onde podemos encher as nosas cantimploras (atención porque ata 13Km máis tarde isto non será posible) o petroglifo do famoso barco, ao parecer, o único petroglifo en Europa que contén un barco (segundo escoitei, ten parecido con algúns barcos procedentes da illa de Creta).
    - A parte máis forte da ruta comeza aquí, durante menos de 2Km ascendendo cunha pendiente forte e sen sombra que resgarde. A recompensa que nos agarda na cima ben merece o esforzo: unha pedra cun grabado dun xogo de mesa (enfocada ao norte), da época tardo-romana, e que ben puideron empregar os que custodiaban a Portela ata o século XV (portela significa paso, os que gardaban este paso precisaban entreterse dalgún xeito, qué mellor que un xogo de mesa). Ademais nesa mesma pedra podemos contemplar unha pila de sacrificios na parte superior, ten saída para o líquido na zona sur.
    - Seguimos 1Km e pasamos por un castro, neste momento atópase en fase de excavación e restauración.
    - A continuación podemos disfrutar dunhas fermosas vistas dende a zona de escalada, con vías de ata nivel 5/6.
    - Tras combinar bosque de pino na serra da Groba, e granito con vistas ao mar dende máis de 500m de altitude, chegamos á charca dos corvos onde nós aquel día comimos resgardados do vento nun agradable bosque. Levamos aproximadamente 10Km.
    - O descenso realízase polo camiño dos burros, unha preciosidade feito en pedra, estreitiño, e decorado con debuxos que a día de hoxe non sei da súa autoría, pero que sen dúbida lle da un toque castrexo atractivo. Abaixo nos agarda o pobo de San Xián, pobo de cabreros onde convén pararse nos detaies. Atoparemos unha fonte á saída do pobo.
    - Cruzando unhas fincas particulares chegamos ata a estrada PO552, cruzámola para proseguir a nosa ruta polo camiño de Santiago da costa, ben sinalado cas frechiñas amarelas. Hai unha alternativa con bo tempo e marea baixa polas rochas do mar, por suposto esta non está no track.
    - Cando descendemos ao pobo de Santa María pola estrada vella atoparemos unha fonte, estamos no KM18 da ruta, pouco despois no pobo poderemos tomar algo nalgún dos bares e disfrutar das vistas do mosteiro de Oia (cisterciense habitado ata 1835, con igrexa antiga do século XII, bóveda do mosteiro

Si quieres, puedes o esta ruta