genyto
  • Foto de Pena Trevinca desde Fonte da Cova
  • Foto de Pena Trevinca desde Fonte da Cova
  • Foto de Pena Trevinca desde Fonte da Cova
  • Foto de Pena Trevinca desde Fonte da Cova
  • Foto de Pena Trevinca desde Fonte da Cova
  • Foto de Pena Trevinca desde Fonte da Cova

Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  8 horas 42 minutos

Coordenadas 2273

Fecha de subida 31 de enero de 2017

Fecha de realización septiembre 2016

-
-
2.122 m
1.692 m
0
6,4
13
25,61 km

Vista 1119 veces, descargada 12 veces

cerca de Silván, Castilla y León (España)

Usando a vía clásica de ascensión dende Ourense (Alto de la Cabrita), teremos a ocasión de ascender a Pena Trevinca, que con 2.127 metros de altitude constitúe o pico máis elevado de toda Galicia e tamén da provincia de Zamora.
Partindo do Hotel Fonte da Cova, iniciaremos a ruta por unha pista en direccion a unha zona de explotación de canteiras, a pista, chea de po nos conduce a unha das canteiras de pizarra. Tras doblar a dereita, collemos un camiño que, entre paisaxes de alta montaña e amplas vistas de toda a serra, nos leva ata as proximidades da fermosa lagoa do Teixadas ou lagoa do Penedo, pasando a continuación pola chamada “Cota 2002”, importante penedo que indica a citada altitude (aínda que realmente está a 2032m.).

A partir deste punto nos introduciremos nunha zona espectacular e moi illada, sen rastro de presenza humana, dende a que poderemos contemplar o marabilloso val do Río Tera, xa dentro do Parque Natural de Sanabria.
A última parte da excursión é a ascensión ao pico, non moi longa, ata acadar sen problemas o impresionante cumio de Pena Trevinca.
Merece a pena o esforzo para contemplar a extraordinaria paisaxe que se ofrece ante os nosos ollos co val do Río Tera, a estación invernal de Fonte da Cova e os picos máis importantes da rexión, como o Pena Negra, o Pena Surbia e o Picón, todos eles por riba dos 2000 m.

Ruta organizada por AVV Montefaro (Mugardos)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta