• Foto de Pola Fraga de Mugardos
  • Foto de Pola Fraga de Mugardos
  • Foto de Pola Fraga de Mugardos
  • Foto de Pola Fraga de Mugardos
  • Foto de Pola Fraga de Mugardos
  • Foto de Pola Fraga de Mugardos

Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  42 minutos

Coordenadas 383

Fecha de subida 11 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
173 m
68 m
0
1,1
2,2
4,38 km

Vista 151 veces, descargada 2 veces

cerca de Cervás, Galicia (España)

Roteiro polo que fica de bosque natural autóctone na zona comprendida ao pé do monte da Abaladoira e a enseada e Rego de Obaño/Rio do Esteiro na península de Bezoucos. No mesmo podemos contemplar restos en moi bon estado de conservación do que foi o bosque natural galego da zona. Esta zona boscosa non é unha mancha contínua, senón por illas ou trozos discontínuos, mais se houber vontade das administracións (esta zona pertence aos Concellos de Mugardos e Ares), a mesma é totalmente recuperábel para facer unha magnífica reserva de contínuo bosque autóctone. Basta erradicar a proliferación descontrolada do eucalipto e outras invasoras nalgunha zona, ordenar estas e outras "plantacións" noutras parcelas (controlando e sancionando os destrozos dos madeiristas), e manter limpos e abertos os camiños agora novamente recuperados para os disfrutar. Desta maneira, tamén, até os regatos e fontes terian máis caudal do que presentan, e recuperarian a vida que se lle está secando.

Este roteiro percorre camiños totalmente reabertos e/ou mantidos e limpos no 2017, ben pola Brigada Forestal Municipal de Mugardos (as 3/4 partes do mesmo), e o resto pola Brigada de Ares (máis de 10.000 m2 de camiños acondicionados). O mesmo pode ser feito sen problemas de bicicleta de montaña, correndo (trail) e camiñando, claro. O ancho medio do camiño é de 3 metros, e do mesmo fóron retirados troncos, pedras e ramallada que eran obstáculo evidente para o percorrer, así como foi retirado moito lixo depositado e erradicadas plantas e árbores invasoras.

Se repararmos no track vemos que ten forma de 8, polo que aquelas persoas que o desexaren poden dividilo en dous percursos circulares (ou mesmo enlazalo con outros sendeiros reabertos e acondicionados que non aparecen neste track).
Pensando nos que se achegan coas bicis no coche, pódese facer un ponto de partida no lugar de Obaño, por baixo da "Urbanización", xusto na curva, onde está o Bar "Casa Tilocha". Nesta zona hai un amplo e cómodo estacionamento de veículos.
A partir desta curva, pódese seguir o track, quer andando pola estrada uns 200 mts encosta arriba, no sentido ao Castelo da Palma, e aí escollermos entre irmos polo Camiño e Pasarela da Redonda (á direita), ou irmos polo Muíño das Viñas (á esquerda); ou ben, baixarmos pola esquerda, pola estrada que vai até Cervás e Chanteiro, e a 200 mts, superado o último apartamento da "urbanización", xa podemos seguir o track. Diante temos un magnífico ameneiro. Aqui podemos virar á esquerda, e seguirmos o curso do Rego de Obaño, polos lugares da Fraga e A Queira; ou mesmo de fronte, subirmos 50 metros por unha pequena pista de asfalto (que vai pola esquerda dunha casa de cor granate) e despois seguimos o track a man direita, baixo un túnel de loureiros.

O roteiro é ben bonito e pouco concorrido. A nível de flora e fauna podemos encontrar praticamente o mesmo que se fosemos polas Fragas do Eume. Árbores: Carballos, Rebolos, Bidueiros, Castiñeiros, Freixos, Loureiros, Estripeiros, Pereira Brava, Cerdeira Brava, Abruñeiros, Acivros (poucos), Sanguiños, Padrairos, ... e a nível de bosque de ribeira: ameneiros, salgueiros e aveleiras. Referirmos que hai algúns exemplares arbóreos que son monumentais, polo que é un motivo máis para preservar e ampliar esta zona. Vexetación Arbustiva: Xilbarda, Ericáceas, Xestas, Xuncos... Fauna: Raposo, Gato bravo, Xabarín, Corzo, Teixugo, Lebre, Denosiña, Leirón, Vacalouras, ... polas ribeiras: Sapos, Rás, Cobras, libeliñas, ratos e musaraños, ... e polos ares e aniñando nas altas árbores: azores, miñatos, peneireiros, gaviáns, garzas, gaios, avelaionas ou curuxas.

Espero que estas liñas sirvan para vos animar para recorrer estes magníficos camiños.

Saúde!
Cruzamento de camiños: temos que cruzar a estrada e seguirmos polo monte. Aqui cruzamos un eucaliptal, onde podemos ver a falta de ordenamento dos mesmos, e os destrozos que ocasionan este tipo de plantacións cando se procede á corta. Máis adiante enlazamos coa devasa que atravesa o monte, e polas pistas creadas polos "Pulpeiros BTT" para o circuito das bicis de Enduro e outras.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta