-
-
860 m
276 m
0
3,1
6,3
12,54 km
Vista 162 veces, descargada 7 veces
cerca de Güin, Galicia (España)
Ruta circular, con saída xunto da capela da Ascensión en Ponte Liñares. Fermoso percorrido polo medio de carballeiras, mediante congostras e camiños recuperados para o "Camiño Natural Vía Nova" ou para outros roteiros. Atravésase varias aldeas de boa factura aínda que (mal endémico) tristemente despoboadas. Podemos ver muiños, cabaceiros, cruceiros, fornos... Chama a atención a grandura da mor parte das vivendas, testemuña dun pasado de boa situación económica.
Os camiños están ben transitables. O percorrido foi feito seguindo a ruta: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteiro-cultural-monumenta-congostro-a-via-nova-e-o-castro-de-san-miguel-13596831
As dúbidas que se observan son consecuencia de desacordos entre ese track e a realidade. No caso de observar picos de ida e volta, debe prescindirse de seguilos.
Este paseo pode facerse en todo tipo de tempo, pois ten sombra abondo para días solleiros e mesmo certo abrigo para días de choiva, como resultou ser o actual. De estar o día bo, completaríase cunha visita ao Alto do Castelo para ver os restos da Torre do Celme e as vistas sobre os arredores.
Hai varias fontes nas aldeas e en Congostro e Ponte Liñares existen tamén bares.

Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
Comentarios