Sé el primero en aplaudir
Vista 796 veces, descargada 24 veces
cerca de Pontevedra, Galicia (España)
Pontevedra, roteiro comercial « Casco Vello ».
Sitio religioso
Praza da Ferrería
Waypoint
A milla de ouro: Benito Corbal
A milla de ouro: Benito Corbal
Waypoint
Praza dos Nenos. Novos modelos de tendas
Waypoint
Novos modelos de tendas
Intersección
Praza san Xosé
Waypoint
Praza do Concello
Sitio religioso
Basílica de santa María, feita polo gremio de mareantes.
Basílica de santa María, feita polo gremio de mareantes.
Waypoint
Praza Méndez Nuñez
Waypoint
Praza da Verdura
Sitio religioso
Templo de san Bartolomeu
Sitio religioso
Santa Clara
Refugio libre
Espazo Lector Nobel
manuaita 26 mar 2017
Tipo de comercio da segunda revolución industrial, asociado á pequena ou mediana burguesía da capital provincial que tiña unha área de influencia a todo o territorio da provincia. Así a xente compraba cando ía a capital provincial a realizar xestións burocráticas. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947594/photo-10648976
manuaita 2 abr 2017
A principios do século XX o comercio predominaba nas grandes prazas dos ensanches, nas amplas avenidas, xa que se creara un novo modelo coa segunda revolución industrial. Así a burguesía local de cidades con gran protagonismo administrativo, que vivían neses ensanches fixan os seus negocios nos baixos dos edificios modernistas seguidores das novas técnicas de construcción que xurdiran coa arquitectura da Escola de CHicago. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947594/photo-10648974
manuaita 2 abr 2017
Así foise configurando unha sociedade consumista,na que a burguesía quería demostrar o seu status mediante a forma de vestir, así como manter un confort no seu fogar comprando todo tipo de innovación técnica que se fora incorporando ao mercado como podían ser os electrodomésticos, bordados, alfombras, vaxelas, licores e demáis.
A finais do XIX nace a publicidade con Mucha, Toulouse Lautrec ou Ramón Casas, así como os catálogos e os negocios cos seus escaparates.
A Gran vía de Madrid, iniciada en 1910, é un gran escaparate. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947594/photo-10648974
manuaita 2 abr 2017
Na praza da Ferrería contamos co convento da orde franciscana, que é unha orde mendicante, que vive de donacións e que leva a cabo unha gran función social. A fachada co seu rosetón e a ábside coas 3 ventanas oxivais, así como las bóvedas de crucería do seu interior, sintetizan o estilo gótico, aínda que austero, típico da orde Franciscana, incluindo tamén ás clarisas. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947594/photo-10648974
manuaita 2 abr 2017
Este tipo de negocios que fan referencia a outra época nos leva ao inicio do consumismo, da consolidación da sociedade de clases, do aumento do nivel de vida, de avances na mediciña, reducción da mortalidade, melloría no confort das casas e a humanización das cidades. E o período da belle epoque, onde se da certa liberación da muller conseguida polo movemento sufraxista e o acceso ao sistema educativo, así como ao mundo laboral. A muller aposta tamén polo ocio, viaxa, vai á ópera, aos liceos, polo que decide reducir o número de fillos. En fin, é un axente protagonista da eclosión comercial. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947594/photo-10648978
manuaita 10 abr 2017
Pontevedra é unha cidade mediana de 82.000 habitantes polo que é imposible que poida contar con grandes áreas comerciais pechadas, polo que as rúas que constitúen o C.B.D. ou Distrito Central de Negocios é unha verdadeira área comercial aberta, a isto tamén axuda a limitación do tráfico por esta área, así como a calidade da arquitectura e as pequenas prazas con encanto. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947596/photo-10648979
manuaita 11 abr 2017
O comercio interior español conta con máis de 850.000 establecemen-tos e emprega case tres millóns de persoas, representando arredor dun 22% do PIB.
As axencias de viaxes están a ter unha evolución moi positiva, tendo importancia en canto á inversión de capital nacional as do norte de España. No que se refire as illas Canarias e Baleares, así como ao litoral mediterráneo, as axencias son multinacionais de capital estranxeiro, tendo filiais en España, venden produtos como paquetes turísticos polo que non deixan apenas ganancias para España. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947596/photo-10648980
manuaita 11 abr 2017
O modelo de comercio tradicional clásico, en que os produtos eran vendidos en establecementos pequenos(menos de 100 m2), alomenos o 50% do establecemento era adicado a almacenamento, habendo un mostrador como barreira física co cliente. Tamén a rotación de produtos era reducida, o prezo máis caro e a compra máis lenta e tampouco interesaba a presentación dos produtos e o equipamento e a tecnoloxía adoitaban ser anticuados; este sistema chegou ao seu fin a partires dos anos 80, coa irrupción das multinacionais e a creación de hipermercados e grandes almacéns. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947597/photo-10648985
manuaita 11 abr 2017
Coren, a cooperativa agraria máis grande de España, foi creando, dende os 80, varios tipos de tenda. Partiu do modelo de vendas en estradas concurridas de tráfico, posteriormente abriu ese tipo de tendas de comidas precociñadas en poboacións que eran cabeceiras comarcais, e dende fai uns anos con tendas nas grandes cidades con produtos premium ou de gran calidade. Dame a impresión de que está sendo todo un éxito. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947597/photo-10648985
manuaita 11 abr 2017
Ao fondo o café Moderno, un espazo que aglutinaba aos intelectuais de principios de século e destacaba polas súas tertulias. Pontevedra nunca tivo unha eclosión industrial ou fabril polo que non contou cunha destacada burguesía comercial e financieira, como se manifesta no seu moi reducido ensanche. Pola contra, dende 1833 e capital de provincia, ao igual que vai a contar co Goberno Civil, a deputación ou as sedes provinciais de facenda, economía e demais. Serán os altos cargos da Administración e tamén os altos rangos do exército os que van a controlar o buir político e cultural desta cidade durante os 2 últimos séculos. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947602/photo-10648999
manuaita 11 abr 2017
Os mercados municipais, creados no século XIX e primeira metade do século XX, estanse a restaurar con fondos nacionais, autonómicos, e nos derradeiros anos coas subvencións europeas co fin de recuperar estos edificios señeros como BIC do patrimonio nacional. Están moi ben situados e pasan a ser un referente para dinamizar os cascos históricos das cidades, como sucede co de San Antonio ou a Boquería en Barcelona, o de San Miguel en Madrid, o de Compostela ou este na zona do río Lérez, onde na idade moderna estaba asentado o potente gremio de mareantes que exportaba gando, coiro, viño, aceite ou limóns hacia o norte de Europa.
Foi restaurado polo arquitecto galego César Portela. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947607/photo-10649009
manuaita 11 abr 2017
A fachada de san Bartolomeu petence ao estilo barroco de Placas Compostelano. E un estilo que sumerxe as súas raíces nas fachadas de santa Susana e de san Pedro do Vaticano en Roma. Posteriormente será desenvolvido e caracterizado polos arquitectos José de la Peña de Toro e Domingo de Andrade no Portico Real da Catedral compostelana e Frai Gabriel de Casas na fachada de san Martín Pinario alá por 1697. O estilo de barroco de placas alcanza a súa plenitude con Simón Rodríguez na fachada de San Francisco, pero principalmente coa propia fachada de santa Clara tamén en Compostela. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947612/photo-10649023
manuaita 11 abr 2017
Mercado Municipal de Pontevedra, preto da praza da Pedreira onde se empraza o pazo de Mugartegui, no que ten a súa sede social o Consello Regulador da DOP " Rías Baixas". Ao fondo, a 100 metros, percíbense os cimentos das antigas murallas medievais do burgo de Pontevedra. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947607/photo-10649008
manuaita 11 abr 2017
Dende mediados dos 90 danse unhas condicións que xeran a Globalización. Van xurdindo as franquicias que invaden as distintas cidades e os distintos países. España despóis de USA e Inglaterra, é o país onde ten máis implantación. Nesta imaxe vemos como está a proliferar a típica tenda que actúa de forma persoalizada en relación ao potencial cliente. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947597/photo-10648987
manuaita 14 abr 2017
O mundo do comercio está a cambiar de forma significativa dende o inicio da globalización na década dos 90 e sobre todo dende o inicio da crise económica- financieira de 2007. Por un lado afloraron as grandes áreas comerciais, pero tamén o fixeron as franquicias, hai múltiples formas de publicidade así como formas de pago e de compra. Nestos últimos anos está a xurdir a microempresa con plantexamentos creativos e con financiación institucional. E moito máis facil chegar aos consumidores mediante blogs, etc, polo que se está a dar un comercio máis personalizado.
manuaita 14 abr 2017
O museo provincial de Pontevedra está contituido por cinco edificios, neste caso represéntase o pazo de Castro Monteagudo unido ao de García Flórez, ambolos dous do século XVIII. O primeiro deles alberga a colección de arqueoloxía, orfebrería e pintura dende o século XV ao XVIII. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947611/photo-10649020
manuaita 14 abr 2017
As tendas de tatuaxes están a implantarse por todos lados, incluso en poboacións pequenas, xa que os seus servizos están a ter unha gran demanda. Nos seus escaparates predominan os cores luminosos, sendo tamén un tipo de actividade moi personalizada. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947613/photo-10649030
manuaita 14 abr 2017
As tendas ecolóxicas están a aparecer nestos últimos anos asociadas á preocupación que existe entre a poboación de saber que é o que realmente comemos. Tamén figura na súa proliferación os plantexamentos de desenvolvemento sostible, xa que este pretende compaxinar actividade económica con defensa do medio ambente e beneficios para a sociedade.
https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947611/photo-10649021
manuaita 14 abr 2017
Nobel é un novo modelo do que debe de ser un espazo lector no século XXI. Percíbese un novo tipo de organización, aumenta a luz, cambian os cores, é algo así a un paseo plácido en un espacio moi humanizado. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947614/photo-10649034
manuaita 15 abr 2017
Cada vez a poboación é máis activa, máis solidaria e responsable. Desexa velar pola súa saúde, así como polo medio ambente e un novo de organización social, que ao fin en cabo será o partimonio que lle vamos a deixar as seguintes xeracións. Por elo non entenden por que segue a estar sobre a ría de Pontevedra unha celulosa, que non entra dentro deste novo modelo de desenvolvemento sostible, xa que desa actividade só se aproveitan unhas cuantas persoas, sin reportar nada a sociedade, a que por certo está a afectar na súa saúde mediante doenzas respiratorias, ademáis de acabar coas actividades artesanais mariñas e contaminar o noso medio por terra, mar e aire. Todas estas cuestións están presentes no novo modelo de mercado ou comercio que está a eclosionar.
manuaita 15 abr 2017
O novo comercio "Lolita", que penso que naceu en Xapón, como rebeldía a un sistema caduco, con toda unha gran oferta de marcas. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947597/photo-10648981
manuaita 15 abr 2017
As novas xogueterías rachan coa sobriedade e a rixidez que lle precedía e apostan por xoguetes máis interactivos, con propostas diferentes e onde o mozo desenvolve as súas potencialidades na meirande parte dos ámbitos ( motriz, social, verbal, etc) https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947598/photo-10648990
manuaita 15 abr 2017
O chocolate, alimento dos deuses, é consumido dende fai máis de tres mil anos polos mayas. E un produto de gran aceptación en tódalas culturas e préstase a multitude de fórmulas e combinacións.
Aquí temos un novo comercio que utiliza unha especialización sobre un tipo de produto con todas as variedades posibles en base as súas posibiidades. Lémbranos a o tipo de tendas de chocolate que existen en Bélxica, aínda que alí traballan máis específicamente os bombóns. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947600/photo-10648997
manuaita 15 abr 2017
Neste establecemento pártese dunha cafetería, pero diversifícase ao máximo as distintas actividades dentro do mesmo espazo físico. Esto está a pasar tamén nos bancos en Francia, onde tamén se venden vivendas, produtos electrónicos, etc, que en parte tamén está introducindo a entidade A Caixa en España. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947599/photo-10648993
manuaita 1 may 2017
Os comercios vintage están en auxe e neles podes atopar, ademais de obxectos dos anos 60 e 70 para aumentar a túa colección, ideas e inspiración. Pensa que case todo era máis natural e obedecía a necesidades reais e non creadas como as de agora. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/pontevedra-roteiro-comercial-casco-vello-16947593#wp-16947606/photo-10649005
Camiñante, non hai camiño... 12 ene 2020
He realizado esta ruta verificado Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Hicimos hoy esta ruta. Gracias.