• Video de Pr-g 124 Ruta da Auga de Santo Tomé de Parada–Silleda (Pontevedra)
  • Foto de Pr-g 124 Ruta da Auga de Santo Tomé de Parada–Silleda (Pontevedra)
  • Foto de Pr-g 124 Ruta da Auga de Santo Tomé de Parada–Silleda (Pontevedra)
  • Foto de Pr-g 124 Ruta da Auga de Santo Tomé de Parada–Silleda (Pontevedra)
  • Foto de Pr-g 124 Ruta da Auga de Santo Tomé de Parada–Silleda (Pontevedra)
  • Foto de Pr-g 124 Ruta da Auga de Santo Tomé de Parada–Silleda (Pontevedra)

Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  2 horas 28 minutos

Coordenadas 1430

Fecha de subida 29 de marzo de 2015

Fecha de realización marzo 2015

-
-
449 m
336 m
0
2,0
4,1
8,14 km

Vista 1196 veces, descargada 11 veces

cerca de Laro, Galicia (España)

O conxunto de fontes e lavadoiros, rehabilitados na súa totalidade, dálle sentido a esta ruta circular que convida ao sendeirista a recrearse nunha típica paisaxe da Galicia rural, onde non faltan grandes pradarías verdes, casas de labranza e pequenas explotacións gandeiras. Así mesmo, é un claro exemplo da transcendencia que tivo a auga na vida cotiá desta parroquia de Silleda, igual ca noutras zonas do noso territorio.
O panel de inicio desta ruta atópase na Fonte dos Buxos, onde podemos aproveitar para coller auga para o resto do camiño. É importante salientar que a auga é potable en todas as fontes deste percorrido, e que en case todas elas os veciños da zona deixan vasos e cuncas para que o camiñante poida beber con maior comodidade.
A ruta ascende por unha estrada cara ao Lavadoiro e Fonte do Barro, lugar de concentración dos rabaños de ovellas que noutros tempos subían a pastar nos montes máis próximos.
Dende aquí, o sendeiro lévanos a visitar outros lugares recuperados, como Fonte do Piollo e os Lavadoiros de Parada e de Outeiro.
Tras deixarmos Parada, e seguindo unha pista forestal, chegamos á Fonte do Rego do Foxo, onde outrora se deixaba o liño a amolecer utilizando os pozos existentes.
A Fonte de Redemuiños é a última parada antes de regresarmos ao punto de partida do camiño. (FonteTurgalicia)

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta