-
-
500 m
238 m
0
6,5
13
25,99 km

Vista 1148 veces, descargada 10 veces

cerca de Moreiras, Galicia (España)

PR-G 186: RUTA MOREIRAS-CONCELLO DE TOÉN
Esta ruta pode empezarse en calquera punto e en calquera sentido pois está sinalizada para poder facela así. A organización recomenda iniciala en Moreiras no sentido que se indica no panel de inicio.
As variantes que ten serven para adaptar a ruta ás posibilidades e ganas de cada un. Así, se iniciamos a ruta e vimos pola variante I, chegamos a Moreiras despois de andar 14 km., se vimos pola variante II son 21 km., e se facemos a ruta completa, que é a mellor opción, son 26,5 km. Para poder comer temos as áreas recreativas, que citamos logo e que están ben sinalizadas.
No seu trazado subliñanse 4 aspectos distintos:
O primeiro son os valores medioambientais, con extensas zonas boscosas nas que destacaremos a presenza das sobreiras, nalgúns casos con aproveitamento da cortiza, con exemprares múltiples e maxestosos, castiñeiros en “mata”, abundantes érbedos, carballos, freixos, piñeiros...e mesmo acevos segundo nos achegamos a Trellerma.
O segundo é a existencia de formacións xeolóxicas graníticas espectaculares, entre as que destacamos o Miradoiro Natural e Cova do Cima da Granxa. Tamén o Penedo Fendido que se atopa 300 m despois.
En terceiro lugar a riqueza arquitectónica da zona. Neste aspecto sobresaen a igrexa, a Casa do Patín e casco antigo de Moreiras. En Mugares destacamos a súa igrexa, a reitoral a carón da mesma, a ermida das Angustias, unha fonte medieval, un pombal e o seu casco antigo. Coñeceremos tamén o curioso casco vello de Trelle, sen esquecer tampouco a igrexa de Toén. Atopamos tamén no km 5 os restos castrexos de Coto Louredo con marabillosas vistas sobre o val do Miño.
Por último destacan a recuperación de camiños antigos, alguns deles non usados dende 30 ou máis anos atrás. A ruta principal case non pisa asfalto, agás o que é o cruzamento dos pobos.
SERVIZOS:
Farmacias: Toén e Moreiras
Bares: Moreiras, Mugares, Toén e Trelle.
Restaurantes: Mugares e Toén.
Áreas recreativas con fonte: Moreiras (2), Fondón, Trellerma e Trelle. (As 2 últimas teñen teito e son amplas)
Transporte público: a empresa Alfer é a que fai varios servizos ó día pola zona e ten paradas en varios puntos da ruta como son Moreiras, Trelle, Trellerma, Toén, Fondón e Mugares.
Toén
Línea de Manzana
Toén
Toén
Moreiras
Toén
Toén
Toén
Moreiras
Línea de Manzana
Toén
Ou-0519
400 m altura
280 m altura
Línea de Manzana
280 m altura
Toén
Toén
Moreiras
Ou-0519
Toén

1 comentario

  • lousobrino 14-mar-2017

    En Moreiras, onde a igrexa, sae a Variante 1. Seguíndoa como 200 m hai una fonte con merendeiro

Si quieres, puedes o esta ruta