• Foto de PR-G 90 Ruta do río Grande - Río Beluso
  • Foto de PR-G 90 Ruta do río Grande - Río Beluso
  • Foto de PR-G 90 Ruta do río Grande - Río Beluso

Dificultad técnica   Moderado

Coordenadas 1178

Fecha de subida 18 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
218 m
2 m
0
4,8
9,6
19,23 km

Vista 175 veces, descargada 3 veces

cerca de Nine, Galicia (España)

Esta ruta de sendeirismo non conta actualmente coa homologación da Federación Galega de Montañismo, debido a vaga de incendios que asolou Galicia no ano 2006 e que danou a súa sinalización considerablemente. Hoxe en día é recomendable empregar o track de seguimento nun dispositivo GPS ou ben levar un plano impreso.

Nesta ruta circular ascéndese dende o nivel do mar, partindo da enseada de Rianxo, ata a ladeira do Monte do Castelo. No transcurso da ruta avánzase polas beiras do río Beluso e do río Grande e crúzanse distintas aldeas.

A ruta comeza no Centro Arqueolóxico do Barbanza, nas inmediacións do Castro de Neixón. O sendeiro bordea a costa ata chegar á desembocadura do río Grande onde se atopa un muíño restaurado. Abandonando o río atravesaremos Arribada e camiñaremos por unha beirarrúa ata abandonar a estrada, onde tomaremos unha pista de terra. Cruzaremos a estrada CP-1104 para encamiñarnos a Bealo. Na saída do núcleo de Bealo comeza o tramo do sendeiro que percorre o río Beluso.

Acompañando ó río Beluso durante máis de 1 km, a ruta transcorre por un sendeiro de pescadores. Despois de percorrer a beira do río comeza a ascensión cara o monte do Castelo, dende onde se poden obter boas panorámicas sobre a ría.

A baixada realízase por pistas e camiños ata chegar ó río Grande. A ruta avanza por sendeiros de pescadores e camiños ó longo do río, ata chegar ós muíños da Brea e o núcleo de Arribada. En arribada o sendeiro únese co trazado que xa se realizou, pois o derradeiro tramo desta ruta é de ida e volta, polo que so nos quedará desandar os nosos pasos cara o Centro Arqueolóxico do Barbanza.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta ruta de senderismo no cuenta actualmente con la homologación de la Federación Galega de Montañismo, debido a la ola de incendios que asoló Galicia en el año 2006 y que dañó su señalización considerablemente. Hoy en día es recomendable emplear el track de seguimiento en un dispositivo GPS o bien llevar un plano impreso.

En esta ruta circular se asciende desde el nivel del mar, partiendo desde la ensenada de Rianxo, hasta la ladera del Monte do Castelo. En el transcurso de la ruta se avanza por las orillas del río Beluso y del río Grande y se cruzan varias aldeas.

Esta ruta comienza en el Centro Arqueolóxico do Barbanza, en las inmediaciones del Castro de Neixón. El sendero bordea la costa hasta llegar a la desembocadura del río Grande donde se encuentra un molino restaurado. Abandonando el río atravesaremos Arribada y caminaremos por una acera hasta abandonar la carretera, donde tomaremos una pista de tierra. Cruzaremos la carretera CP - 1104 para encaminarnos a Bealo. En la salida del núcleo de Bealo comienza el tramo del sendero que recorre el río Beluso.

Acompañando al río Beluso durante más de 1 km, la ruta transcurre por un sendero de pescadores. Después de recorrer el borde del río comienza la ascensión hacia el monte do Castelo, desde donde se pueden obtener buenas panorámicas sobre la ría.

La bajada se realiza por pistas y caminos hasta llegar al río Grande. La ruta avanza por senderos de pescadores y caminos a lo largo del río, hasta llegar a los molinos de Brea y el núcleo de Arribada. En Arribada el sendero se une con el trazado que ya se realizó, ya que el último tramo de esta ruta es de ida y vuelta, por lo que solo nos quedará desandar nuestros pasos en dirección al Centro Arqueolóxico do Barbanza

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta