-
-
1.970 m
1.641 m
0
2,2
4,4
8,87 km

Vista 1650 veces, descargada 15 veces

cerca de Balouta, Castilla y León (España)

Domingo, 1 de xuño de 2014
Viaxamos ao Porto de Ancares, por Tejedo de Ancares (concello de Candín) dentro dos Ancares Leoneses. Porto de Ancares (1.648 metros) é un lugar pintoresco, con aparcadoiro, merendeiro e fermosas vistas sobre Balouta, Suarbol e as montañas de Ancares e os seus vales. Na Balouta comemos. Consérvase un hórreo típico e algunhas pallozas.
Iniciamos a nosa actividade no Porto Ancares con destino ao Pico Miravalles nunha mañá espléndida e clara. Durante o percorrido as vistas son magníficas e impresionantes. Vistas sobre o val da Balouta cara a un lado. Ao outro lado vistas sobre o Cuiña, Dous Hermanitos, o Val de Ancares. A contorna é sorprendente, aínda salpicado polos multiformes neveiros.
O sendeiro utilizado está bastante definido, non uniforme, zonas pedregosas, algúns neveiros. A posible dificultade está camiñar por un sendeiro estreito alto, cristeando. Para facer cumio no Miravalles (1.967 metros) é necesario un único ascenso con forte pendente, en zigzag, sen esaxerada dificultade e perigo.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta