Dificultad técnica   Moderado

Coordenadas 2718

Fecha de subida 23 de enero de 2018

Fecha de realización enero 2018

-
-
430 m
15 m
0
8,1
16
32,27 km

Vista 475 veces, descargada 12 veces

cerca de Santiago de Compostela, Galicia (España)

Ruta circular por Compostela, dende a Carballeira de San Lourenzo que vai polo río Sarela, camiño de Fisterra, Vidán, Camiño Portugues, Conxo, Parque Granell-Paxonal, Brañas de Sar, Cidade da Cultura, Monte Viso, Monte Rubio e volta por Santa Lucía e o Camiño da Prata.
Saímos dende a piscina universitaria pola carballeira de San Lourenzo, cruzando a ponte sobre o río Sarela collemos o Camiño a Fisterra e no km. 85,627 colleremos a esquerda cruzando a estrada de Noia a altura da papeleira de Brandía. Uns metros antes de chegar ao Hotel Quinta da Auga baixaremos por unha escaleiras a esquerda que nos levan a un paseo pola Carballeira de Vidán a carón do río Sar, unha vez pasado o centro socio-cultural xuntanse o ríos Sar e Sarela; ao pasar a ponte de Vidán colleremos a esquerda (fonte) para conectar un pouco máis adiante co Camiño Portugués, que abandonaremos unha vez pasemos por debaixo da ponte da Rocha. Un anaco despois, un camiño estreito deixaranos na aldea de Torrente, cruzaremos unha ponte sobre o Sar e uns metros máis adiante un túnel e unha vía férrea abandonada levaranos a carballeira do Mosteiro de Conxo (senda a día de hoxe acondicionandose) conectaremos co sendeiro das Brañas de Sar e o Parque Granell por outro pequeno túnel por debaixo da vía do tren e do periférico.
Unha vez pasamos a Colexiata de Sar o sendeiro continua ata o multiusos Fontes do Sar, ascendemos a carón do Bosque de Galicia e a Cidade da Cultura; e despois de pasar o lago collemos un camiño a man dereita a carón da AP-9; unha vez crucemos a ponte sobre a autopista, comezamos o ascenso o monte de Viso (con moi boas vistas sobre a cidade).
Descendemos e alternando pistas de terra e asfalto unha vez crucemos as aldeas de Sanxúas e Lobio ascendemos ao Monte Rubio; a volta novamente alternaremos pistas de terra e asfalto (maiormente) para dirixirnos ata Ermida de Santa Lucía e logo enlazar co Camiño da Prata ata Angrois. Dende angrois voltamos polo Castiñeiriño, pero mellor e facelo por Sar e enlazar co Parque Granell.

A ruta non ten maior dificultade, salvo polos kms. , a subida o monte Viso e o Rubio son levadeiras.

Distancia: 32,3 Km.
Tempo total: 6h. 48´ (4,7 km./h.)
Tempo en movemento: 6h. 26´ (5km./h.)
  • Foto de Camiño a Fisterra
  • Foto de Carballeira do Mosteiro de Conxo
  • Foto de Carballeira do Mosteiro de Conxo
  • Foto de Centro socio-cultural de Vidán
  • Foto de Cidade da Cultura
  • Foto de Cidade da Cultura
  • Foto de Cidade da Cultura
  • Foto de Lago
  • Foto de Parque Granell - O Paxonal
  • Foto de Río Sar - Carballeira de Vidán
  • Foto de Río Sar - Carballeira de Vidán
  • Foto de Río Sar - Carballeira de Vidán
  • Foto de Río Sar - Carballeira de Vidán

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta