Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  7 horas 8 minutos

Coordenadas 1503

Fecha de subida 3 de julio de 2016

Fecha de realización julio 2016

-
-
566 m
387 m
0
4,1
8,1
16,26 km

Vista 1380 veces, descargada 34 veces

cerca de Castro de Amarante, Galicia (España)

Muy importante. Ruta que se realizará con tiempo seco y con el rio con bajo caudal, de otra forma seria una ruta muy peligrosa.
En la parte del rio discurre entre piedra por lo que es importante tener experiencia en este tipo de terrenos

BALNEARIO DE FRADEGAS (Concello de Antas de Ulla)
No Lugar de Frádegas, na parroquia de Santa Mariña de Amarante, atópase o antigo Balneario de Frádegas, cuxas augas sulfurosas contan cun recoñecido valor terapéutico. Dende Antas de Ulla chégase ao Balneario, logo de percorrer uns 10 quilómetros tomando o desvío que vai a Santa Mariña. Situado a carón do río e dun amplo muíño pertencente os propietarios do balneario, o conxunto de edificacións está conformado por un edifico de dúas plantas cun patio interior, unha capela e outras construccións auxiliares, todas elas en ruínas, ainda que deixando ver pegadas da arquitectura rural lucense con paredes de cachotaría. Na pranta baixa sitúase a fonte, aquí estaban tamén as salas de baños, mentres no piso superior ubicáronse no seu día as instalacións hostaleiras. As augas do Balneario de Frádegas, indicadas para o aparello dixestivo, fígado, reuma e pel, nacen na parte esquerda do río entre rochas. O caudal das augas é de 40 litros/minuto e a súa temperatura de 18º C.
CASTELO DE PAMBRE (Concello de Palas de Rei)
É o mellor exemplo de arquitectura militar medieval de Galicia. Construído por Gonzalo Ozores de Ulloa cara o ano 1375, sobre un escarpado penedo, as beiras do río Pambre que exerce de defensa natural.
O castelo é de planta cadrada, cercado por unha muralla de planta irregular que se adapta ao terreo. Os muros son de cachotaría e sillaría de granito. O edificio central fórmano a torre, de planta cadrada, flanqueada por outras catro de menor tamaño, tamén cadradas, e comunicadas entre sí por unha muralla.
No centro, sitúase a torre mestra que ten planta cadrada, de 11 m de lado, e tres plantas. A primeira é cega; a segunda elévase uns cinco metros do chan e existen vestixios que permiten imaxinar unha ponte interior que comunicaría esta planta coa muralla, a través dunha porta con arco apuntado e escudo de armas dos Ulloa; na terceira planta hai unha ventá grande de arcos oxivais. Todas as torres están almenadas en beiril con ameas en punta ou triángulo.
Accédese ó patio interior por un portalón adintelado practicado na muralla. No interior consérvase un cabazo de catro aires colocado en parte sobre a cortina exterior. A cortina exterior, adaptada á configuración do terreo, ten unha espesura de 2 a 2,5 m. chegando na zona da porta aos cinco metros. Esta porta de acceso ten arco de volta perfecta co escudo de armas da familia Ulloa na clave. Á dereita da entrada atópase a capela de San Pedro construída a finais do século XII.
O Castelo de Pambre foi un mito dentro da loita irmandiña contra a nobreza da época, que logo engrosou López Ferreiro coa súa novela “O castelo de Pambre”. Localizado en Pambre (Palas de Rei, Lugo) foi a única fortaleza que resistiu á revolta irmandiña de 1467.
Actualmente está en plenas obras de rehabilitación do inmoble, donde se descubriron númerosos restos arqueoloxícos da época, motivo que ralentizou a execución das obras de rehabilitación, por elo, están suspendidas temporalmente as visitas ao seu interior. Nembargantes, toda persoa que o desexe pode contemplalo, mentres duren ditas Obras, pode facelo dende o seus exteriores, máis concretamente, dende os tres miradore,s con paneis informativos que hai habilitados a tal efecto nas súas inmediacións.

TORRENTES MÁCARA
O Río Ulla divide os concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla e Agolada, e forma un conxunto de torrentes único en Galicia, considerado unha das 10 maravillas galegas. Son os torrentes de Mácara, o mellor patrimonio natural que rodea ao Ulla. Ao longo duns tres quilómetros atopamos unha paisaxe fermosísima, destacando a riqueza da fauna e da flora neste privilexiado lugar. Salientables tamén son os petroglifos conservados nos penedos. O río convértese no tránsito fluvial máis espectacular, un sistema de cascadas e pozas ideais para a práctica dos deportes de risco na auga como o raffting, canoaxe, barranquismo ou rapel, destacando a beleza e calidade dos seus rápidos. Ademais esta é unha praia de verán, na que refuxiarse das altas temperaturas na época estival. O río ofrece outra riqueza non menos importante: a pesca. A Asociación de Pescadores da Ulloa conta con perto de 500 socios, tendo na zona a carón dos torrentes de Mácara o lugar ideal para a practica desta actividade.
  • Foto de Castelo de Pambre
Castelo de Pambre
  • Foto de Comida y baño
  • Foto de Comida y baño
Comida y baño
  • Foto de Rio
Rio
  • Foto de Cascada
Cascada
  • Foto de Pozo Negro
Pozo Negro
  • Foto de Cascada
Cascada

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta