Coordenadas 245

Fecha de subida 14 de febrero de 2012

-
-
759 m
382 m
0
1,0
2,0
3,98 km

Vista 4415 veces, descargada 44 veces

cerca de Lobios, Galicia (España)

O roteiro comeza ao pé das instalacións termais de Baños de Río Caldo. Pouco despóis de comezar a camiñata, atopámonos coas ruínas dunha vila romana que deixa á vista os restos dun hipocaustum de ladrillo que formaba parte do sistema de calefación da casa . Continuaremos polo trazado da Vía Nova (vía romana XVIII) ata un cruce onde se atopa un Peto de Ánimas, e o río Caldo cos muíños tradiconais na súa beira. Logo de 90 metros, deixaremos a pista de terra e desviarémonos á esquerda por un sendeiro sinalizado con marcas brancas e marelas, para encontrarnos cos muros da vía romana que unía as cidades de Bracara e Asturica no Imperio Romano. Neste punto, agóchase a primeira piscina natural do Corgo da Fecha, unha fermosa poza redonda e profunda chamada “Poza da Serpe”. Ao longo do río descubriremos multitude de pequenas e máxicas piscinas cheas de luz e cor ate chegar ao cono de dexeción do río, onde a forza do río arrastrou enormes bolos graníticos. Resulta indescriptible o placer de nadar sobre un fondo cristalino, onde se precipita unha sucesión de fervenzas cuxas augas salvan 200 metros de desnivel. Voltando ao sendeiro principal, comezaremos unha dura ascensión pola marxe esquerda do río ate chegar á rotura de pendentes do mesmo, onde comezan as fervenzas. Continuaremos polo sendeiro para aceder á Insua do Curro, onde se ergue á Cabaniña do Curro, antigo refuxo de pastores para protexerse dos rigores do frío e da noite, e do lobo. O descenso farémolo polo mesmo camiño, disfrutando das excelentes vistas á Serra de Santa Eufemia e ao Val do Río Caldo.
Complexo termal formado por Balneario, piscina ao ar libre, área de lecer e zona de baño acondicionada
Villa romana que a historiografía ten relacionado coa Mansio de Aquis Originis da Vía XVIII ou Via Nova romana. As mansios empregábanse para descanso dos viaxeiros que transitaban pola calzada romana alá polos primeiros séculos da nosa era.
Lugar de culto ancestral remarcado por un peto de ánimas que se soen situar nas encrucilladas de camiños
Os muíños hidráulicos, están sobradamente presentes nas beiras dos regatos e ríos galegos. Amósanse como unha pequena mostra da arquitectura popular tradicional e do enxeño para aproveitar a forza da auga no proceso económico produtivo. Constitúense nun elemento imprescindible no proceso de fabricación tradicional do pan, transformando o millo e o centeo en fariña miúda para a súa posterior coción. Proliferan nos ríos galegos a partir do século XVII, despóis da introdución do cultivo do millo, e entran en reseción a mediados do século XX, coa industrialización do proceso do pan. Os muíños de As Pontes, en moi bo estado de conservación, son tres: o muíño do Crego, o muíño das Tibadas e o muíño da Grila, este último co teito de lousa de pedra.
Primeira piscina natural do Corgo da Fecha
Cubeta de recepción da Fervenza da Corga da Fecha no verán
Sucesión de olas ou marmitas de xigante, formadas pola erosión alveolar da auga
Cono de dexeción do corgo da fecha, onde se apiñan grandes bolos graníticos arrastrados pola forza da auga e taponan o río, que se filtra por debaixo.
Rotura de pendentes do Corgo da Fecha, a partires da que se precipita nunha sucesión de espectaculares fervenzas
Seguindo o sendeiro, chegaremos á cabeceira deste brusco desnivel tectónico, onde se abre un pequeño val. Antes de internarnos nel, devemos ir atentos a un carreiriño á esquerda polo que se accede ao inicio da rotura de pendentes do Corgo da Fecha. Unha sucesión de pequenas e fermosísimas olas en constante formación que dan paso a unha gran fervenza. Xa na cabeceira, seguiremos o camiño por un terreo chairo perante 850 metros até a cabaniña do Curro. Esta chivana chea de maxia que nos lembra ás innumerables lendas de mouros e mouras do noso país, é unha construción con grandes pedras chantadas e cuberta vexetal que servíu de refuxio aos pastores que antano subían coas veceiras de gando á serra na procura dos pastos frescos de verán.

1 comentario

  • Foto de Jodef

    Jodef 17-feb-2015

    Esta água é quente?? https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/roteiro-arqueooxico-natural-o-corgo-da-fecha-concello-de-lobios-2493146#wp-2493151/photo-970812

Si quieres, puedes o esta ruta