Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  8 horas 36 minutos

Coordenadas 3325

Fecha de subida 1 de abril de 2017

Fecha de realización marzo 2017

-
-
645 m
235 m
0
5,7
11
22,93 km

Vista 406 veces, descargada 6 veces

cerca de Ponte Caldelas, Galicia (España)

Iniciamos este roteiro no lugar de Sorreira para dirixirnos ao norte, pasando polos petróglifos da Pedra do Cervo , o mais significado da estación de “Campo de Cuñas”que se atopa no lugar de Fiada dos Legóns, na parroquia de Santa Baia de Ponte Caldelas. Nela represéntase algunhas cazoletas e unha bonita escena de caza cun gran cervo macho, que acubilla entre as súas patas a unha pequena cría, mentres é acosado por dous cazadores que xa dispararon as súas lanzas e o animal atópase ferido con tres delas nas costas. Co paso do tempo pedra e cervo perderon o seu significado máxico, e as rochas foron aproveitadas como canteira. Pero o curioso neste caso, é que o canteiro, que deixou unha inscrición co ano 1850, soubo apreciar os antigos gravados e intentou respectalos, convertendo este petróglifo nun dos poucos casos de conservación espontánea de Galicia.

Continuamos subindo cara ao miradoiro de Castrelada, situado a 633 metros de altitude. Dende este miradoiro podemos observar as tres rías de Pontevedra (Vigo, Pontevedra e Arousa). Está formado principalmente por rochas e plantacións de piñeiros. Dende o alto pódese observar unha contorna de bosques e núcleos de poboación que se estenden ata a costa. Son cinco quilómetros de subida continua.

Dende a baixada do miradoiro ata o bosque de sequoias imos percorrer uns sete quilómetros por devasas e un sendeiro feito pola traída de gas, con subidas e baixadas continuas.

Picando co rato aquí, podemos ver a noticia que a Voz de Galicia publicou sobre o bosque de sequoias o 20-01-2017. Foron plantadas cara a 1960, sobrevivindo a un lume de fai cinco décadas.

É unha pena que non procedan a limpeza dos arredores deste marabilloso pequeno bosque , xa que se atopa cheo de maleza que fai que dende a pista que o rodea non se poida ver o interior ata que cruzamos para entrar.

Continuando a nosa camiñada, agora por pistas forestais, pasamos preto do parque arqueolóxico de Tourón, onde podemos observar dende o alto o edificio do centro arqueolóxico. Por onde pasamos, as vallas que delimitaban o citado parque atópanse totalmente destruídas. Existe un pequeno sendeiro sinalado para poder ver todos os petróglifos con paneis explicativos dos mesmos.

Agora toca xantar en Ponte Caldelas, no restaurante “El Asador del Chavo”. Pola tarde facemos o resto que nos queda polo sendeiro azul do río Verdugo.

Unha bonita ruta con pouco asfalto.

Tempo en movemento: 5 horas 55 minutos con unha media de 3,9 Qm/h.

Petróglifos Pedra do Cervo



Miradoiro de Castrelada



Sequoias de Buchamade




Parque arqueolóxico de Tourón


Sendeiro azul polo Río Verdugo

  • Foto de camiño empedrado
  • Foto de camiños pechados con arames
  • Foto de campos verdes
  • Foto de carreiro polo conducto do gas
  • Foto de cartel pedra do Cervo
  • Foto de charco de auga
  • Foto de cruceiro rodeado de toxos
N42.39396° W8.48801°
  • Foto de Miradoiro de Castrelada
Miradoiro de Castrelada
  • Foto de panel informartivo sendeiro azul do río Verdugo
  • Foto de paseo a beira do río Verdugo
  • Foto de patos no río Verdugo
  • Foto de petróglifo Pedra do Cervo
N42.38841° W8.49549°
  • Foto de ruínas casa Bouza Rica
  • Foto de río verdugo en Ponte Caldelas
  • Foto de Sequoias
  • Foto de sequoias altas
  • Foto de sequoias xóvenes
  • Foto de troncos de sequoias
  • Foto de vista do xacemento arqueóloxico de Tourón
  • Foto de vista panorámica dende o miradoiro de Castrelada
  • Foto de vista panorámica.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta