Alverde
26 4 50

Fecha de subida

1 de septiembre de 2020

Esto es un grupo de rutas :

Sé el primero en aplaudir
Comparte

Vista 195 veces, descargada 0 veces

INTERESE XERAL
O roteiro lévanos a través dun val que forman dous regatos: o Boente e o Alverde. O inicio do percorrido atopámonos a igrexa de San Pedro de San Román; mais adiante podemos visitar o castro de San Román un dos mais grandes e mellor conservados da zona. Descendemos a continuación a ribeira do río Boente. Merece a pena recorrer unha derivación que nos leva a varios muíños e fervenzas.
Seguiremos hasta Vilardomonte e percorreremos despois un antigo camiño real medieval, achegarémonos hasta a mámoa de Alverde e mais adiante hasta o castro das Varelas. Pasaremos moi preto da casa natal de Mateo Segade Bugueiro e volveremos ó punto de inicio.

ACCESOS
Dende a estrada N-547, Santiago-Lugo, entre Melide e Arzúa a altura de Boente, collemos un ramal a San Román (2 km)

PREPARATIVOS
Consulta o tempo antes de iniciar a camiñata e leva a vestimenta axeitada. Non esquezas levar bebida, comida, móbil e un pequeno botiquin. Antes de iniciar a rota informa a alguén da rota e da hora de chegada. Descarga o tríptico co mapa e do roteiro.
https://drive.google.com/file/d/0ByiuHTruJltYOTU4N2NhZGItMDRmNy00NTNmLWI1YjItZDc2OTRmOGYwY2Nl/view

LONXITUDE
12 Km

PUNTO DE PARTIDA/CHEGADA
42º53'56".39 N
8º05'21".92 O

PERCORRIDO
O Casal, O Campo da Igrexa, O Castro, Cimadevila, O Fervedoiro, A Regada, Vilardomonte, O Ribeiro, Quintela, A Anxuela, Trixirexe, O Casal.

SERVIZOS
Hai varias fontes ó longo do recorrido onde poder beber auga.
Fuente

Fonte do Casal

Monumento

Palleira con Pombal da casa de Pallares

Monumento

Horreo da Casa de Don Pedro

Este hórreo coñecido como Hórreo da Casa de Don Pedro é un dos máis antigos da Terra de Melide. Foi construído no ano 1808, como se pode ver na inscrición que figura no frontal do penal sobre a porta. Mais info: https://www.abeancos.gal/elemento/h%C3%B3rreo-de-san-rom%C3%A1n
Fuente

Fonte de A Picha

Monumento

Casa natal de Mateo Segade Bugueiro

CASA NATAL DE MATEO SEGADE BUGUEIRO Mateo Segade Bugueiro (1605-1672) Naceu en Trixirexe e foi bautizado o 20 outubro del 1605 na igrexa de San Pedro de San Román, ainda neno trasladouse a vivir a Melide. Tomou beca de Colexial Mayor de Santa Cruz de Valladolid en dita universidade rexentou a catredra de Artes e na de Durango a de Sagrada Escritura. Foi despois Maxistral das Santas iglesias de Astorga e Primada de Toledo. O 10 de setembro de 1651 foi nomeado Arzobispo de México. O seu regreso de México cunha fortuna de cen mil ducados, mandou construir a Obra Pía de Santo Antón de Melide e o edificio que hoxe alberga ó concello, anteriormente residira nese solar. En Xuño de 1662 foi presentado para o Obispado de Cadiz e en Agosto do mesmo ano, non ben cumpridos os dous meses, diuselle o de Leon, que gobenou un solo ano. En outubro de 1663 promoveuselle ó obispado de Cartagena. Morreu en setembro de 1672 e esta sepultado na catedral de Cartaxena.
Fuente

Fonte Fontela

Fuente

Fonte da Anxuela

Yacimiento arqueológico

Castro de Varelas

Panorámica

Vista panoramica

Yacimiento arqueológico

Mamoa e carballeira de Alverde

Para saber máis das mamoas de San Román http://asociacionalverde.blogspot.com/search/label/mamoa
Waypoint

Camino Real Medieval

Tramo do antigo camiño real que unia A Coruña e Ourense. Para mais información: http://asociacionalverde.blogspot.com/2010/08/o-camino-dos-arrieiros-de-santiso-ou.html
Panorámica

Vista Panorámica

Ruinas

Muiño de Vilardomonte

Situado nun pasto no lugar de Revelle, á beira do rego Alverde. Mais información: http://asociacionalverde.blogspot.com/2012/04/muinos-e-outras-construccions-do-rio.html
Fuente

Fonte de Vilardomonte

Cascada

Presa do muiño de O Fervedoiro

Ruinas

Muiño Novo

Más información: http://asociacionalverde.blogspot.com/2012/04/muinos-e-outras-construccions-do-rio.html
Cascada

Fervenza de O Fervedoiro

Monumento

Muiño de O Fervedoiro

Foi o último muiño en funcionamento na parroquia. Hoxe en día está restaurado e bo estado de conservación, pero xa non traballa como muiño. Más información: http://asociacionalverde.blogspot.com/2012/04/muinos-e-outras-construccions-do-rio.html
Monumento

Hórreo de Campomaior

Panorámica

Vista Panorámica

Yacimiento arqueológico

Castro de San Román

É un dos castros mais grandes da comarca está ben conservado e é moi accesible, atopase a beira da pista. Mais información: http://asociacionalverde.blogspot.com/2011/11/o-castro-de-san-roman.html
Sitio religioso

Iglesia de San Pedro de San Román

Na actualidade vemos o resultado dunha arquitectura levada a cabo nos anos 30 (do século XX), na que mudaron moitos aspectos do orixinal. Da vella fábrica románica non queda nada, agás dous capiteis e unha basa situados no exterior da igrexa, no muro de peche do adro, que non concordan moito cos que se describen no "Terra de Melide", posto que a temática dun deles é historiada e fantástica e a outra zoomorfa, a pesar de que se complementan os motivos figurados con elementos vexetais. Mais información https://www.abeancos.gal/elemento/igrexa-de-san-pedro-de-san-rom%C3%A1n
Yacimiento arqueológico

Petróglifo da Regada

Este petróglifo da Regada ten como soporte un afloramento alombado con forma “tumular”, situado no medio dun amplo prado con bastante pendente, e que está pechado mediante estacas de madeira e arame de espiño. Mais info: https://www.abeancos.gal/elemento/petr%C3%B3glifo-da-regada

Comentarios

    Si quieres, puedes a esta ruta