-
-
441 m
-2 m
0
4,2
8,3
16,69 km

Vista 1141 veces, descargada 8 veces

cerca de Coiro, Galicia (España)

Iniciamos e finalizamos no Colexio Castrillón de Coiro. Preto atopamos a Igrexa barroca do Divino Salvador e xa na subida, a marabillosa Fraga de Coiro onde o regato Bouzós baixa cheo de auga. Seguimos subindo ata atopar a Cruz de Ermelo, de estilo xacobeo, espléndido miradoiro das tres rías. O seguinte é outra cruz, esta do Xestoso no monte Paralaia.
Logo de repoñer forzas no restaurante O Minguelo, baixamos a praia do Con en Tirán, continuamos pola de Vidueira e finalizamos onde empezamos, en Coiro.
Dado na época en que estamos, en este inverno chuvioso, atopamos neste roteiro, algúns camiños inundados de auga e barro, que sempre se pode pasar dando un pequeno rodeo polas beiras.
Tamén temos que percorrer uns quilómetros de asfalto, dado que temos que atravesar varios pobos o longo da camiñada, principalmente cara o final do percorrido.
Ampliación do comentario en:Fraga de Coiro e tamén en:Concello de Moaña

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta