itinera
47 2 20

Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 879

Fecha de subida 25 de noviembre de 2015

Fecha de realización noviembre 2015

-
-
498 m
374 m
0
2,2
4,4
8,82 km

Vista 2308 veces, descargada 45 veces

cerca de Gález, Galicia (España)

O percorrido iniciase na localidade de Lobios, ao pé da Estrada provincial OU-312, da Parada de Taxis e de Autobuses.
Continua a través de estrada asfaltada, que conduce ao lugar de Pazos, deixando a man esquerda unha eira de mallar cos seus canastros (194m) e atravesando a Ponte sobre o Río Lobios (230m) ata chegar a Praza de Pazos (278m), onde se atopa unha fonte e a denominada Casa do Curro, para seguir entre as vivendas tradicionais deste barrio por camiño asfaltado en dirección ao Zapateiro, deixando a man esquerda o Pazo de Lobios (303m) e a man dereita un lavadoiro (321m).
A 308m dende o lavadoiro, comezase un tramo de ascensión pola estrada que discorre fronte ao emprazamento da Capela de San Bartolomeu (629m), dende o cal se poden divisar unhas estupendas vistas da localidade de Lobios.
A unha distancia de 1,46km, dende o inicio, atópase a Capela de San Roque, onde se celebra o 16 de Agosto a Romaría na honra de San Roque, patrón da localidade de Lobios.
Finaliza neste punto un primeiro tramo de asfalto (1,58km) e escomeza un tramo en terra, que discorre por camiños de titularidade pública no Monte Veciñal en Man Común de Riocaldo ata o emprazamento escollido para a adecuación do denominado Miradoiro da Piteira (2,49Km), emprazamento privilexiado dende o que se divisa a cola do Encoro do Lindoso, a Ponte do Aceredo e as montañas da Serra do Xurés, etc.
Voltando aos nosos pasos sobre o roteiro, seguimos por pista de terra ata o cruce cunha estrada local e unha encrucillada de camiños, no que se atopa o denominado Cruceiro de Cimadevila (3,65km).
Dende este punto continua ata o lugar de Espendedelo (5,890km), onde se localiza o parque infantil e biosaudabel e a fonte, para despois continuar por estrada local asfaltada ata o seu paso pola Ponte de A Devesa sobre o Río Vilameá (6,59km), e despois chegar ao núcleo rural poboado de A Devesa (6,73km) e ao cruce coa estrada provincial OU-312 (7,05Km), onde de atopa a Ermida de Santa Lucía (7,08km) e o núcleo poboado de Vilameá.
Neste lugar o roteiro discorre polas rúas do núcleo poboado, no que se poden observar as adegas de Vilameá (7,26km), adegas escavadas na rocha e un conxunto etnográfico formado polo forno comunal (7,43km) e polas eiras de mallar e canastros (7,43km) empregados para almacenar o gran.
Ao finalizar o discorrer do carreiro polo núcleo poboado de Vilameá, escomeza un tramo de 1,35km no que o percorrido coincide coa traza do “Camiño Natural del Interior Vía Nova; Tramo: Portela do Home – Santa Comba”.
Neste derradeiro tramo atópanse dúas pozas de rega e fontes e o Cruceiro de Vilameá (8,07km).
Para finalizar o percorrido chegamos ao lugar de a Vila termal de "Os Baños de Riocaldo" (8,82km), onde as augas destes mananciais xorden a unha temperatura media de 66,7°C e con un caudal de 10 l/s. Composicionalmente son augas bicarbonatadas sódicas, fluoradas e de mineralización moderada nas que destaca o seu alto contido en sílice. As principais aplicacións terapéuticas son as relacionadas co aparato dixestivo, respiratorio, afeccións dermatolóxicas, hepáticas, reumáticas e artríticas.
  • Foto de Cruceiro de Vilamea
0 FID 25 Id 0 Descricion Cruceiro de Vilamea
  • Foto de Vila Termal de 'Os Baños de Ricoaldo'
  • Foto de Vila Termal de 'Os Baños de Ricoaldo'
0 FID 26 Id 0 Descricion Vila Termal de "Os Baños de Ricoaldo"
  • Foto de Tramo en comun coa Via Nova
  • Foto de Tramo en comun coa Via Nova
0 FID 23 Id 0 Descricion Tramo en comun coa Via Nova
0 FID 22 Id 0 Descricion Forno de Vilamea
0 FID 21 Id 0 Descricion Conxunto etnografico (eira de mallar e canstros)
  • Foto de Ermida de Santa Lucia
0 FID 20 Id 0 Descricion Ermida de Santa Lucia
  • Foto de Ponte da Devesa
  • Foto de Ponte da Devesa
0 FID 18 Id 0 Descricion Ponte da Devesa
  • Foto de Parque Infantil
0 FID 16 Id 0 Descricion Parque Infantil
  • Foto de Parque Biosaudabel
0 FID 15 Id 0 Descricion Parque Biosaudabel
  • Foto de Fonte
0 FID 14 Id 0 Descricion Fonte
  • Foto de Lagoa anfibios
0 FID 13 Id 0 Descricion Lagoa anfibios
  • Foto de Ponte Corga das Gralleiras
0 FID 12 Id 0 Descricion Ponte Corga das Gralleiras
0 FID 11 Id 0 Descricion Cruceiro de Cimadevila
  • Foto de Miradoiro da Piteira
  • Foto de Miradoiro da Piteira
  • Foto de Miradoiro da Piteira
  • Foto de Miradoiro da Piteira
0 FID 10 Id 0 Descricion Miradoiro da Piteira
  • Foto de Capela de San Roque
  • Foto de Capela de San Roque
  • Foto de Capela de San Roque
  • Foto de Capela de San Roque
  • Foto de Capela de San Roque
FID 8 Id 0 Descricion Capela de San Roque
  • Foto de Capela de San Bartolomeu
  • Foto de Capela de San Bartolomeu
0 FID 6 Id 0 Descricion Capela de San Bartolome
0 FID 4 Id 0 Descricion Praza de Pazos
  • Foto de Ponte romana de Lobios
0 FID 3 Id 0 Descricion Ponte romana de Lobios
  • Foto de Conxunto etnografico (muiño, eira de mallar e canastros)
  • Foto de Conxunto etnografico (muiño, eira de mallar e canastros)
0 FID 2 Id 0 Descricion Conxunto etnografico (eira de mallar e canastros)
  • Foto de Inicio - Planimetro natural
0 FID 0 Id 0 Descricion Inicio - Planimetro natural

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta