Dificultad técnica   Moderado

Coordenadas 3758

Fecha de subida 14 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
338 m
1 m
0
6,1
12
24,21 km

Vista 767 veces, descargada 15 veces

cerca de Baroña, Galicia (España)

Nesta páxina (http://portodoson.gal/rutas/) atopamos tódalas rutas oficiais existentes en Porto do Son. Picando co rato en cada unha, temos información detallada das mesmas incluído vídeo.

Nós facemos esta principalmente para acercarnos a visitar o Castro Baroña e Porto do Son.
Para elo, iniciámola no aparcadoiro existente diante da igrexa de San Pedro de Baroña.

En dous quilómetros xa nos atopamos co Castro, unha das maiores riquezas de Porto do Son, un poboado da idade de ferro que dataría do cambio de era entre os séculos primeiro antes de Cristo e primeiro despois de Cristo.

Seguimos a liña de costa pasando polas praias de Arealonga e Dique para logo cruzar o monte pasando polas aldeas de Goltar, Soares, Lavandeira e Udres. Esta sería o lugar mais alto desta ruta, sobre 350 m.

Chegados, todo polo monte, a Montemuíño iniciamos unha baixada que nos levará directamente a Porto do Son. Repoñemos forzas xantando no restaurante Porto Nadelas.

Pola tarde, os sete quilómetros que nos faltan , facémolo primeiro polo tramo existente do paseo marítimo que nos leva ata o final do mesmo. Despois cruzamos a estrada AC-550, para penetrar outra vez en pleno monte, e por pistas forestais logramos chegar ao inicio de esta ruta.

Bonitas vistas panorámicas. Un pouco de asfalto e moito sendeiro.

En todo o camiño atopamos marcas das rutas existentes pola zona, que como sinalei ao principio, figuran na páxina web. Nós esta facémola con GPS.

Non ten moita dificultade, os camiños están perfectamente adecuados para senderear sen problemas.

O tempo en movemento foi de 6 horas 17 minutos con unha media de 3,9 qm/h.

Ver más external

  • Foto de Capela Atalaia Porto do Son
  • Foto de Castro Baroña
  • Foto de Castro Baroña.
  • Foto de Castro Baroña..
  • Foto de Castro Baroña...
  • Foto de Castro Baroña....
  • Foto de Castro Baroña.....
  • Foto de Castro BAroña;
  • Foto de Homenaxe aos traballadores do Prestige
  • Foto de hórreo e apartamentos no paseo marítimo de Porto do Son
  • Foto de Hórreos
  • Foto de Igrexa San Pedro Baroña
N42.69910° W9.01681°
  • Foto de Monte Louro desde Porto do Son
  • Foto de Panel Castro Baroña
  • Foto de Panel Castro Baroña.
  • Foto de Panel Cruceiro dos Milagres.
  • Foto de panel informativo Miradoiro do Dordo
  • Foto de panel mámoas de Montemuiño
  • Foto de Panel Petróglifo de A Gurita
  • Foto de panel rutas Montes Enxa e Dordo
  • Foto de Panel rutas senderismo Porto do Son
  • Foto de Paseo marítimo Porto do Son
  • Foto de Peto de ánimas
  • Foto de Petróglifos de A Gurita
  • Foto de piñeiros
  • Foto de Porto do Son
  • Foto de Praia Arealonga1
  • Foto de Praia de Baroña1
  • Foto de Resina do piñeiro
  • Foto de Vista de Porto do Son
  • Foto de Vista panorámica
  • Foto de vista panorámica en Porto do Son
  • Foto de Vista panorámica mar
  • Foto de Vista panorámica Monte Louro ao fondo
  • Foto de vista panorámica paseo
  • Foto de Vista panorámica desde paseo marítimo
  • Foto de área de lecer

1 comentario

  • Tinogallego 25-sep-2017

    Muy bonita ruta José Luis, abrazo y a continuar disfrutando.

Si quieres, puedes o esta ruta