Coordenadas 678

Fecha de subida 4 de agosto de 2019

Fecha de realización agosto 2019

-
-
563 m
377 m
0
1,7
3,4
6,78 km

Vista 78 veces, descargada 7 veces

cerca de Aguasantas, Galicia (España)

A nosa andaina trancorre polas lindes entre os concellos de Cerdedo-Cotobade e A Lama, entre a igrexa de Aguasantas e a praia fluvial do Verdugo (ou Verduxo).
Comezamos na igrexa parroquial con culto a Santa María e que posiblemente ergueuse sobre unha construción anterior románica, edificándose un novo edificio rematado en 1733. Conta a tradición, recollida polo padre Solla, que na Idade Media a única igrexa da zona era a da parroquia de Caroi e que un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza. Logo de correrse a voz, os frades do mosteiro de Tenorio promoveron a construción dun novo templo, comprometéndose a ir dar a misa.

Logo o sendeiro avanza cara o lugar de Trebello, cun cruceiro no centro da praciña, e baixaremos polo Camiño dos Mortos hacia a ponte e o peto de ánimas de Súa Lomba. Di Castelao que onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e polo gran sentimento de quen o fixo.

Ao cruzar a ponte sobre o río Barbeira conectamos coa Ruta da Liberdade. Este fermoso roteiro debe o seu nome a que foi aberto polos internos da cárcere de A Lama, coa colaboración de veciños voluntarios e por iniciativa da Asociación Cultural Río Barbeira. Trascorre polas ribeiras do rio Barbeira e sempre por corredoiras a sombra de carballos e cerquiños e coas rodeiras marcadas no chan de tantos carros que pasaron por elas. No camiño encontrámonos con aldeas como O Peso e As Chozas.

Poñemos remate a andada na excelente praia fluvial do Verdugo onde hai unha área de lecer con mesas e zona de baño.

Ver más external

Aldea do concello de A Lama.
Camiño entre Aguasantas e Trebello.
Camiño dos defuntos na aldea de Trebello.
Ermida na aldea de O Peso.
Bosque de carballos entre as aldeas de As Chozas e O Peso.
Punto de inicio ao carón da igrexa de Santa María de Aguasantas, Cerdedo-Cotobade.
Congostra na Ruta da Liberdade.
Cruceiro na aldea de Trebello.
Fonte de auga potable ao carón da praia fluvial do Verdugo.
Fonte con lavadoiro preto da igrexa de Aguasantas.
Igrexa parroquial de Santa María de Aguasantas, concello de Cerdedo-Cotobade. Do século XVIII.
Muíño hidráulico as beiras do río Barbeira.
Muíño hidráulico na marxe do río Barbeira.
Peto de ánimas ao carón da ponte de Súa Lomba.
Ponte peonil sobre o río Verdugo ou Verduxo.
Ponte antiga sobre o río Barbeira.
Praia fluvial no río Verdugo.
Roteiro sinalizado que vai pola cunca do río Barbeira.
Pequena aldea de Santa María de Aguasantas.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta