Tiempo  7 horas 36 minutos

Coordenadas 1756

Fecha de subida 16 de octubre de 2018

Fecha de realización octubre 2018

-
-
1.087 m
412 m
0
4,8
9,5
19,03 km

Vista 72 veces, descargada 2 veces

cerca de A Seara, Galicia (España)

O roteiro transcorre polo camiño que era a vía de comunicación para transportar o mineral de ferro desde os xacementos de Formigueiros ata as ferrerías de O Mazo e Rugando, no concello de Quiroga. É lineal e comeza no alto de A Golada, un chisco máis embaixo de A Seara e remata na ferrería de Rugando.

Pódese facer, se así se quere, en dúas etapas, con punto interrmedio na aldea de Outeiro. Se o facedes dun tirón teredes que dispor de dous coches ou ben contratar un taxi en Quiroga para que desde Rugando vós leve ata A Seara (custo duns 45 euros).

A ruta

No cartel que hai ao inicio, lese:

“Esta ruta de sendeirismo recupera o camiño que, durante séculos, foi a principal vía de comunicación ó longo do río Soldón, unindo as zonas de montaña cos pobos da ribeira do Sil. O camiño empregábase para baixar o mineral de ferro, desde os xacementos do monte Formigueiros ás ferrerías do Mazo, Soldón, Outeiro e Rugando.

Preto de A Seara comeza esta fermosa ruta. A través de camiños e corredoiras entre monte baixo, o camiño vai descendendo cara O Soldón. Atravesando un magnífico souto de castiñeiros seguiremos o camiño cara a aldea de O Mazo. Un pouco máis adiante atoparemos a Ferrería do Mazo e continuaremos a ruta por camiños entre soutos e prados ata Outeiro.

A partir de Outeiro o sendeiro ascende para saír do fondo do val. Percorreremos un antigo camiño a media ladeira tallado na lousa. Este tramo ten unhas fermosas vistas de todo o val do río Soldón. Finalmente chegaremos a Vilarmel dende onde baixaremos a Rugando, onde se atopa a ferrería hoxe convertida en aloxamento rural.”

As ferrerías

“Nestes valles existían numerosas ferrerías que se subministraban do mineral de ferro extraído no monte Formigueiros. Hoxe en día atopamos os seus restos en varios lugares e incluso algúns dos edificios reempregáronse como vivendas ou establecementos hostaleiros.

A situación destas pequenas industrias á beira dos ríos debíase ó aproveitamento da enerxía hidráulica nos procesos de fundición e forxa. Utilizábase a forza da auga para mover os grandes mazos que traballaban o metal, e avivar o lume mediante foles.

O proceso de conversión do mineral en ferro precisa un gran aporte de calor, que se conseguía queimando cantidades inxentes de madeira. O primeiro paso era o calcinado, que consistía en formar unha pila de mineral e madeira que ardía entre seis e oito días. Posteriormente esmiuzábase o mineral e enchíanse os fornos con capas alternas de carbón e mineral, tapadas con leña verde e carbón miúdo para producir unha combustión lenta. Finalmente o ferro golpeábase có mazo para eliminar impurezas e darlle a forma axeitada.

A inxente cantidade de combustible necesario para os procesos metalúrxicos implicaba unha gran necesidade de madeira. Aos poucos de comezar a funcionar unha ferrería, os montes de varias parroquias dos arredores quedaban deforestados.”

Ver más external

  • Foto de Bosque
  • Foto de Bosque
Bosque mixto na aldea de O Mazo.
  • Foto de Comezo A Seara
  • Foto de Comezo A Seara
  • Foto de Comezo A Seara
  • Foto de Comezo A Seara
Punto de inicio do roteiro no Alto de A Golada, por debaixo de A Seara.
  • Foto de Ferreria Rugando
Antiga ferrería de Rugando, hoxe en día casa rural.
  • Foto de Fonte
Fonte situada entre O Mazo e Outeiro.
  • Foto de Fonte O Mazo
Fonte de auga potable na aldea de O Mazo.
  • Foto de O Mazo
  • Foto de O Mazo
  • Foto de O Mazo
  • Foto de O Mazo
Pequena aldea do concello de Quiroga.
  • Foto de Outeiro
  • Foto de Outeiro
  • Foto de Outeiro
Aldea no concello de Quiroga.
  • Foto de Ponte 1
Ponte sobre o río Soldón preto da aldea de Outeiro.
  • Foto de Ponte 2
Ponte sobre o río Soldón, na aldea de Outeiro.
  • Foto de Pontella
Pontella de madeira sobre o río Soldón.
  • Foto de Rio Soldon
  • Foto de Rio Soldon
Tributario do Sil pola beira dereita.
  • Foto de Ruinas
Edificacións en ruínas entre as aldeas de O Mazo e Outeiro.
  • Foto de Sequeiro 1
Sequeiro de castañas na aldea de O Mazo.
  • Foto de Sequeiro 2
Sequeiro de castañas situado entre as aldeas de O Mazo e Outeiro.
  • Foto de Sequeiro 3
  • Foto de Sequeiro 3
Sequeiro de castañas preto da aldea de Outeiro.
  • Foto de Sequeiro 4
Sequeiro de castañas no camiño entre Vilarmel e Rugando.
  • Foto de Soldon
  • Foto de Soldon
Aldea do concello de Quiroga.
  • Foto de Souto 1
  • Foto de Souto 1
  • Foto de Souto 1
  • Foto de Souto 1
Bosque de castiñeiros preto da aldea de O Soldón.
  • Foto de Souto 2
  • Foto de Souto 2
Souto de castiñeiros situado entre O Mazo e Outeiro.
  • Foto de Vilarmel
  • Foto de Vilarmel
  • Foto de Vilarmel
  • Foto de Vilarmel
  • Foto de Vilarmel
  • Foto de Vilarmel
Aldea no concello de Quiroga que conta con varias alvarizas.
  • Foto de Vistas alvariza
Punto con vistas a unha alvariza.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta