-
-
59 m
-96 m
0
9,4
19
37,4 km

Vista 24 veces, descargada 2 veces

cerca de Couso, Galicia (España)

AGUIÑO­CASTRO DE BAROÑA
3 de Xullo de 2016

guía: Javier S.

Saída 9:00 Fontiñas - 9:15P.Vigo
Comezo: Aguiño
Remate: Baroña
Percorrido: 34 km

Comeza o itinerario na ría de Arousa, en Aguiño, coñecida localidade do concello de Ribeira. O percorrido leva pola costa ata o espazo protexido de Corrubedo, entre coídos, pequenas praias e zonas con interesantes formacións rochosas. Tras deixar atrás a praia do Vilar, chegamos ao porto de Corrubedo e dende alí ao cabo do mesmo nome. Dobrando o cabo entramos xa na ría de Muros-Noia. Crúzanse fermosas praias, cabos e aldeas, sempre en dirección norte. As paisaxes son fermosas durante todo o percorrido e é moi salientable o bo estado de conservación das praias. Remata a ruta no Castro de Baroña, un dos puntos máis senlleiros da nosa xeografía. O Castro de Baroña está poboado dende a Idade do Ferro e constitúe un exemplo sumamente representativo de “castro costeiro”. Está situado sobre unha pequena península de relevo abrupto. Aínda que o depósito estivo ocupado dende inicios da segunda Idade do Ferro ata ben entrada a época romana, a súa aparencia actual tería a súa orixe no cambio de Era (s I a.C- s I d.C), momento no que o asentamento viviu unha expansión urbanística e demográfica. A ruta ten un desnivel practicamente 0, pero a dificultade ven dada pola lonxitude, próxima a os 35 km. E conveniente levar unha pequena toalliña, porque nalgún momento haberá que descalzarse para vadear algún curso de auga. ¡Animarvos que ben vale a pena!

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta