• Foto de Ruta de casa Magina-Ventín
  • Foto de Ruta de casa Magina-Ventín
  • Foto de Ruta de casa Magina-Ventín
  • Foto de Ruta de casa Magina-Ventín
  • Foto de MUIÑO DE MAGINA

Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  8 horas un minuto

Coordenadas 2502

Fecha de subida 9 de diciembre de 2015

Fecha de realización diciembre 2015

-
-
576 m
176 m
0
5,2
10
20,77 km

Vista 1169 veces, descargada 4 veces

cerca de Berducido, Galicia (España)

  • Foto de MUIÑO DE MAGINA

1 comentario

  • Foto de Barros  Tebra

    Barros Tebra 10-dic-2015

    Comezamos a camiñar a carón da Casa Rural Magina, en Ventín de Arriba (Fornelos). Alí nos esperaba o noso guía Manuel Cordo, o dono da Casa Rural, gran coñecedor da zona, gran contador de historias e perfecto anfitrión. Logo dun corto paseo polo asfalto adentrámonos na vizosa fraga ata chegar ao Muíño da Magina, que pertenceu á casa Magina, en bó estado de conservación. Os primeiros 4 km seguimos as flechas roxas. A poucos metros vemos os muros dunhas casas abandonadas chamadas As casas das Tramizas. A seguir, cruzamos un rego e chegamos ao Muíño da oleira, onde corre a auga formando pequenas fervenzas, e logo vemos arriba á esquerda o Muíño da Avogada, mesturado coa vexetación que o cubre por completo.
    Tras pasar por Herbededo chegamos a Chan da Cavada (antes coñecido como Chan dos Fiáns) nunha área recreativa con dúas longas mesas perpendiculares onde unha vez ao ano celébrase unha comida en favor de Cáritas. Seguimos camiñando e subindo polo camiño vemos á esquerda un depósito de auga da traída, acotado nun altiño para evitar que cheguen alí os animais. Ao longo do sendeiro atopámonos con moteiros, ciclistas e cómo non, con cazadores.
    Continuamos o ascenso e vemos abaixo á dereita unha canteira de pedra do país en Traspielas.
    A seguir chegamos a Chan da Vaca e Prado de Arriba. Ao lonxe destaca a elevación do coto da Cerca, e cara a él dirixímonos. Nestas terras abundan as lendas de mouros, como a do mouro de ouro: se o ves tí primeiro, convértese en ouro e o levas contigo, mais se che mira él primeiro, xa non o vas contar.
    Pasamos logo polo Prado de Abaixo e o Chan da Anduriña ata chegar ao Foxo do Lobo ou Corral. Ten doble foxo pero está derrubado, mais o muro está en bó estado. Nesta zona foron gravados os exteriores da película "La hora bruja", protagonizada por Sancho Gracia, que era natural de Pías. Vemos unha pequena "pedra de abalar". Pasamos por riba das Costas do Alén, onde se atopa a Ponte da Carixa sobre o río Alén. Cóntanse historias de salteadores de camiños. Tamén abaixo atópase a Poza do Piñeiro, un pequeno embalse.
    Saímos á estrada no lugar de Chan do Marco. Retomamos o camiño de volta por un tramo asfaltado ata chegar a Estacas, onde se pode comer un bó cocido na Casa Chalán, e xa por unha fermosa corredoira acercámonos ao punto de partida, Ventín.
    Manuel invitounos a visitar a Casa Magina, construída no século dezanove, que é un lugar fantástico e espectacular, decorado cun gusto exquisito, ideal para pasar uns días de relax cos amigos ou coa familia. Totalmente recomendable.

Si quieres, puedes o esta ruta