Descarga

Distancia

7,71 km

Desnivel positivo

257 m

Dificultad técnica

Moderado

Desnivel negativo

257 m

Altitud máxima

142 m

Trailrank

70 4,7

Altitud mínima

-5 m

Tipo de ruta

Circular

Tiempo en movimiento

una hora 45 minutos

Tiempo

3 horas 44 minutos

Coordenadas

1310

Fecha de subida

23 de octubre de 2018

Fecha de realización

octubre 2018
  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     

Crea tus Listas de Rutas

Organiza las rutas que te gustan en listas y compártelas con tus amigos.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Crea tus Listas de Rutas Crea tus Listas de Rutas
Comparte
-
-
142 m
-5 m
7,71 km

Vista 4069 veces, descargada 112 veces

cerca de Viñas, Galicia (España)

GALEGO: Esta ruta de senderismo promovida polo Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne e polo Concello de Paderne, pretende ser un recurso para as persoas interesadas en coñecer o patrimonio natural e cultural do entorno do Centro de Interpretación Aula da Ría. Nestes 8 km descubriremos a tradición mariñeira e mariscadora que faise patente nas casas de tipo mariñán do pobo de Chantada e as embarcacións típicas utilizadas para estes oficios que atopan na Ribeira de Chantada. Por outra banda, entenderemos a relación que o pobo tiña coa agricultura, por medio das terras de semente, muíños e hórreos onde se recollían os cereais para despois moelos e almacenalos; e coa gandaría, onde destaca O Potro ou Punto de Inseminación para o gando. Tamén, disfrutaremos da natureza, da fauna e da flora das marismas da ría de Betanzos, un espazo protexido pola importancia do seu ecosistema onde destaca o Oberservatorio Ornitolóxico de Souto; e de un tramo da 3 Etapa do Camiño de Santiago Inglés cunha vista panorámica da ría de Betanzos.
CASTELLANO: Esta ruta de senderismo promovida por el Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne y por el Ayuntamiento de Paderne, pretende ser un recurso para las personas interesadas en conocer el patrimonio natural y cultural del entorno del Centro de Interpretación Aula da Ría. En estos 8 km descubriremos la tradición marinera y mariscadora que se hace patente en las casas de tipo mariñán del pueblo de Chantada y las embarcaciones típicas utilizadas para estos oficios que se encuentan en la Ribeira de Chantada. Por otra parte, entenderemos la relación que el pueblo tenía con la agricultura, por medio de las tierras de sembradura, molinos y hórreos en donde se recogian los cereales para después ser molidos y almacenados; y con la ganadería, en donde destaca O Potro o Punto de Inseminación para el ganado. También, disfrutaremos de la naturaleza, de la fauna y la flora de las marismas de la ría de Betanzos, un espacio protegido por la importancia de su ecosistema en donde destaca el Oberservatorio Ornitológico de Souto; y de un tramo de la 3 Etapa del Camino de Santiago Inglés con una vista panorámica de la ría de Betanzos.

Ver más external

Árbol

Monte de Burreiros

  • Foto de Monte de Burreiros
GALEGO: O monte de Burreiros é un bo exemplo do sistema complexo no que viven especies animais e vexetais que poden aparecer de maneira espontánea ou son introducidas polo home. A maior parte dos espazos agrícolas proceden de terreos de monte roturados, por iso é polo que cando se abandonan os cultivos, o monte volve xurdir de maneira espontánea. As árbores que máis abundan neste entorno son: piñeiros e repoboacións ordenadas de eucaliptos, castiñeiros, carballos, nogueiras ou abeleiras. A substitución de masas forestais naturais por eucalipto é un dos principais problemas neste complexo fluvial. CASTELLANO: El monte de Burreiros es un buen exemplo del sistema complejo en el que viven especies animales y vegetais que pueden aparecer de manera espontánea o son introducidas por el hombre. La mayor parte de los espacios agrícolas proceden de terrenos de monte roturados, por eso es polo que cuando se abandonan los cultivos, el monte vuelve a resurgir de manera espontánea. Los árboles que más abundan en este entorno son: pinos y repoblaciones ordenadas de eucaliptos, castaños, robles, nogales o avellanos. La sustitución de masas forestales naturales por eucalipto es uno de los principales problemas en este complejo fluvial.
Monumento

Muíño, fonte e lavadoiro de Castelos

  • Foto de Muíño, fonte e lavadoiro de Castelos
  • Foto de Muíño, fonte e lavadoiro de Castelos
  • Foto de Muíño, fonte e lavadoiro de Castelos
GALEGO: No Muíño de Castelos, restaurado en 2008 polo obradoiro de emprego do Concello de Paderne, podemos ver a maquinaria completa dun dos muíños de canle da aldea de Chantada. A auga do río, adquiría velocidade circulando pola canle, e impulsaba con forza o rodicio, unha roda de aspas que movía a moa do muíño. O cereal depositábase na moega e o muiñeiro era quen regulaba a cantidade de gran que quería moer. O cultivo do cereal facíase nas chamadas terras de semente con alternancia anual para favorecer a recuperación da fertilidade da terra. A sucesión anual de sementeiras era trigo, millo, centeo e repetíase no cuarto ano con millo. A fonte servía para abastecer de auga á aldea de Chantada, tamén tiña un lavadoiro onde as mulleres lavaban a roupa e as veces a deixaban ao clareo (ao sol) nas leiras dos arredores salpicando a paisaxe de branco. Tanto os muíños como a fonte e o lavadoiro o seu día foron lugares de reunión de veciños e mesmo puntos de encontro para os mozos e mozas da parroquia. Ambos elementos foron restaurados no ano 2008 polo obradoiro de emprego do Concello de Paderne. CASTELLANO: En el Molino de Castelos, restaurado en 2008 por el taller de empleo del Ayuntamiento de Paderne, podemos ver la maquinaria completa de uno de los molinos de canal de la aldea de Chantada. El agua del río, adquiría velocidad circulando por el canal, e impulsaba con la fuerza el rodicio, una rueda de aspas que movía la muela del molino. El cereal se depositaba en la tolva y el molinero era quen regulaba la cantidad de grano que quería moler. El cultivo del cereal se hacía en las llamadas tierras de sembradura con alternancia anual para favorecer la recuperación de la fertilidad de la tierra. La sucesión anual de sembradura era: trigo, maíz, centeno y se repetía en el cuarto año con maíz. La fuente servía para abastecer de agua a la aldea de Chantada, también tenía un lavadero en donde las mulleres lavaban la ropa y a veces la dejaban a clarear (al sol) en los campos de los alredores salpicando el paisaje de blanco. Tanto los molinos como la fuente y el lavadero, en su día fueron lugares de reunión de vecinos e incluso puntos de encuentro para los jóvenes de la parroquia. Ambos elementos fueron restaurados en el año 2008 por el taller de empleo del Ayuntamiento de Paderne.
Monumento

Hórreo de Chantada

  • Foto de Hórreo de Chantada
GALEGO: O hórreo de Chantada é unha construción tradicional realizada co fin de almacenar, secar e conservar o grán. Todas as súas partes teñen unha finalidade: ventilación, illamento e protección de humidade, sistema de defensa contra insectos, roedores e paxaros. Neste caso atopámonos ante un hórreo de madeira de tipo mariñán (tipoloxía estendida desde A Coruña a Betanzos), un exemplar pequeno e singular; xa que está elevado por altas cepas que, neste caso, forman parte dos muros de dúas casas deixando o camiño debaixo do hórreo. CASTELLANO: El hórreo de Chantada es una construción tradicional realizada con el fin de almacenar, secar y conservar el grano. Todas sus partes tienen unha finalidad: ventilación, aislamiento y protección de humedad, sistema de defensa contra insectos, roedores y pájaros. En este caso nos encontramos ante un hórreo de madera de tipo mariñán (tipología extendida desde A Coruña a Betanzos), un ejemplar pequeño y singular; ya que está elevado por altas cepas que, en este caso, forman parte de los muros de dos casas dejando el camino debajo del hórreo.
Monumento

Casa de tipo mariñán (I)

  • Foto de Casa de tipo mariñán (I)
GALEGO: No núcleo da aldea de Chantada, atopamos varias casas de tipo mariñán. Adoitan ser pequenas casas de dúas plantas con teito a dúas augas onde a cor azul dos marcos das fiestras e da porta contrastan co branco das paredes. Esta casa segue a tipoloxía das casas de pescadores con balcóns balaustrados na primeira planta, o que fai constar a importancia que tiña o marisqueo na ribeira da ría para esta aldea e a de Souto. CASTELLANO: En el núcleo de la aldea de Chantada, encontramos varias casas de tipo mariñán. Suelen ser pequeñas casas de dos plantas con techo a dos aguas donde el color azul de los marcos de las ventanas y de la puerta contrastan con el blanco de las paredes. Esta casa sigue la tipología de las casas de pescadores con balcones balaustrados el la primeira planta, lo que hace patente la importancia que tenía el marisqueo en la ribera de la ría para esta aldea y la de Souto.
Monumento

Conxunto de Muíños de Guende

  • Foto de Conxunto de Muíños de Guende
  • Foto de Conxunto de Muíños de Guende
  • Foto de Conxunto de Muíños de Guende
  • Foto de Conxunto de Muíños de Guende
  • Foto de Conxunto de Muíños de Guende
  • Foto de Conxunto de Muíños de Guende
GALEGO: Segundo o Catastro do Marqués da Ensenada na parroquia de Santa María de Souto, había, a mediados do século XVIII, 16 muíños. Unha magnífica mostra dos mesmos é este conxunto que foi recuperado a través de distintos obradoiros de emprego.Os tres muíños restaurados están dispostos sucesivamente, de tal xeito que todos eles compartían a auga que movía o rodício, seguramente non traballaban todo o ano porque o caudal do río non o permitía e tamén porque a auga debía aproveitarse para a rega de labradíos e hortas. CASTELLANO: Según el Catastro del Marqués de la Ensenada en la parroquia de Santa María de Souto, había, a mediados del siglo XVIII, 16 molinos. Una magnífica muestra de estos es este conjunto que fue recuperado a través de distintos talleres de empleo. Los tres molinos restaurados están dispuestos sucesivamente, de tal forma que todos ellos compartían el agua que movía el rodício, seguramente no trabajaban todo el año porque oelcaudal del río no lo permitía y también porque el agua debía aprovecharse para el regadío de campos de labranza y huertas.
Túnel

Vía do ferrocarril

  • Foto de Vía do ferrocarril
GALEGO: A inauguración en 1913 da liña de ferrocarril entre Betanzos e Ferrol, recibiuse como síntoma do progreso para os pobos polos que ía o trazado, como Paderne. Os primeiros viaxeiros contemplaron unha paisaxe moi similar ao actual. O progreso circulaba entre unha exuberante vexetación que compartía espazo cos cultivos de viñedo e os bosques de castiñeiros e piñeiros. A beleza da ría quedaba enmarcada polos amplos vales que se definen ao fondo na outra banda da ría. CASTELLANO: La inauguración en 1913 de la linea de ferrocarril entre Betanzos y Ferrol, se recibió como síntoma del progreso para los pueblos por los que iba el trazado, como Paderne. Los primeros viajeros contemplaron un paisaje muy similar al actual. El progreso circulaba entre una exuberante vegetación que compartía espacio con los cultivos de viñedo y los bosques de castaños y pinos. La belleza de la ría quedaba enmarcada por los amplios valles que se definen al fondo en el otro lado de la ría.
Río

Ribeira de Chantada

  • Foto de Ribeira de Chantada
  • Foto de Ribeira de Chantada
GALEGO: O remanso que fai o río na Ribeira de Chantada foi aproveitado polos veciños para a súa actividade marisqueira. As lanchas de recreo que vemos hoxe fondeadas neste tramo da ría substituíron ás barcas que os mariscadores usaban para extraer os moluscos que cultivaban na ría. Cando a marea está baixa e a area queda ao descuberto, as mariscadoras removen ese substrato con anciños e aixadas recollendo os bivalvos que sementaron meses atrás. Hai zonas nas que a baixamar non deixa ao descuberto o fondo da ría e aí a recolección faise á flote utilizando raños que se manexan con longas varas desde embarcacións. O marisqueo non é simple recolección, as mariscadoras limpan e sementan as zonas nas que se cría o marisco e tamén vixían que os furtivos non leven o produto do seu traballo. Existe unha cantidade máxima que se pode colleitar a diario e tamén se controla o tamaño que debe ter cada especie. Durante algúns meses do ano a extracción está prohibida e as mariscadoras dedícanse á limpeza e mantemento dos bancos de cultivo. CASTELLANO: El remanso que hace el río en la Ribera de Chantada fue aprovechado por los vecinos para su actividad marisquera. Las lanchas de recreo que vemos hoy fondeadas en este tramo de la ría sustituyeron a las barcas que los mariscadores usaban para extraer los moluscos que cultivaban en la ría. Cuando la marea está baja e la arena queda al descubierto, las mariscadoras remueven ese sustrato con rastrillos y azada recogindo los bivalvos que sembraron meses atrás. Hay zonas en las que la bajamar no deja al descubierto el fondo de la ría y ahí la recolección se realiza a flote utilizando raños que se manejan con largas varas desde embarcaciones. El marisqueo no es solo la recolección, las mariscadoras limpian y siembran las zonas en las que se cría el marisco y también vigilan que los furtivos no se lleven el producto de su trabajo. Existe una cantidad máxima que se puede cosechar a diario y también se controla el tamaño que debe de tener cada especie. Durante algunos meses del año la extracción está prohibida y las mariscadoras se dedican a la limpieza y mantenimiento de los bancos de cultivo.
Panorámica

Vista Panoramica da Ponte do Pedrirdo

  • Foto de Vista Panoramica da Ponte do Pedrirdo
  • Foto de Vista Panoramica da Ponte do Pedrirdo
GALEGO: Esta obra de enxeñería marcou un fito na vida das xentes da comarca, tanto polo que supuxo en canto a comunicacións como polos avances que empregaron na súa construción. Xa que ata ese momento, nos días de mercado en Sada os veciños de San Pantaleón das Viñas levaban os produtos para a venda dun lado o outro da ría, nunha barcaza polo prezo dun real por persoa en concepto de pasaxe. Tras varios proxectos e varias empresas executoras e o parón sufrido pola Guerra Civil, inaugurouse o 16 de abril de 1943 facilitando así a comunicación entre as marxes da ría. Finalmente, a ponte foi deseñada por Eduardo Torroja Miret, fillo de Eduardo Torroja Caballé, arquitecto e doutor en Ciencias, cunha extensa publicación en matemáticas e xeometría e gran divulgador destas materias nas correntes de ensinanza que se deron en España a principios de século como reflexo dos novos movementos europeos. Foi un dos grandes enxeñeiros do seu tempo, unha das principais características construtivas obsérvase na conxugación das técnicas máis avanzadas co emprego do formigón armado xunto cunhas formas revolucionarias nunca utilizadas ata ese momento. CASTELLANO: Esta obra de ingeniería marcó un hito en la vida de las gentes de la comarca, tanto por lo que supuso en cuanto a comunicaciones como por los avances que emplearon en su construcción. Ya que hasta ese momento, en los días de mercado en Sada los veciños de San Pantaleón de las Viñas llevaban los productos para la venta de un lado al otro de la ría, en una barcaza por el precio de un real por persona en concepto de pasaje. Tras varios proyectos y varias empresas exjcutoras y el parón sufrido por la Guerra Civil, se inauguró el 16 de abril de 1943 facilitando así la comunicación entre los margenes de la ría. Finalmente, el puente fue deseñado por Eduardo Torroja Miret, hijo de Eduardo Torroja Caballé, arquitecto y doctor en Ciencias, con una extensa publicación en matemáticas y geometría y gran divulgador de estas materias en las corrientes de enseñanza que se dieron en España a principios de siglo como reflejo de los nuevos movimientos europeos. Fue uno de los grandes ingenieros de su tiempo, una de las principales características construtivas se observa en la conjugación de las técnicas más avanzadas con el empleo del hormigón armado junto con las formas revolucionarias nunca utilizadas hasta ese momento.
Punto de observación de aves

Observatorio Ornitolóxico de Souto e Vista Panorámica da Ría de Betanzos

  • Foto de Observatorio Ornitolóxico de Souto e Vista Panorámica da Ría de Betanzos
  • Foto de Observatorio Ornitolóxico de Souto e Vista Panorámica da Ría de Betanzos
  • Foto de Observatorio Ornitolóxico de Souto e Vista Panorámica da Ría de Betanzos
  • Foto de Observatorio Ornitolóxico de Souto e Vista Panorámica da Ría de Betanzos
  • Foto de Observatorio Ornitolóxico de Souto e Vista Panorámica da Ría de Betanzos
GALEGO: O Observatorio Ornitolóxico de Souto levouse a cabo dentro do Proxecto Mandeo pola importancia da ría e do seu ecosistema procedeuse á inclusión na Rede Natura 2000 como LIC Betanzos-Mandeo cunha superficie de 864,58 Ha. que abarca os concellos de Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Paderne e Oza dos Ríos. O refuxio é unha construción de madeira ao pé da ría perfectamente integrada no entorno, distribúese nunha planta baixa e unha terraza superior desde onde contemplaremos a riqueza ornitolóxica que se agocha nas marismas e que se alimenta dos abundantes limos que se acumulan nas beiras da ría. Tamén hai paneis interpretativos que explican as características do ecosistema e das plantas e animais máis habituais. Os mellores momentos para visitar este recurso natural entre os meses de agosto e decembro e entre xaneiro e marzo xa que é cando as aves realizan un descanso dos seus longos percorridos na Ría de Betanzos. O 28 de maio de 2013 as Mariñas Coruñesas e as Terras do Mandeo foron declaradas Reserva da Biosfera. As Reservas de Biosfera son zonas de ecosistemas terrestres o costero/mariño recoñecidas pola UNESCO a nivel mundial, sendo territorios e sociedades comprometidas co desenvolvemneto socioeconómico e a sustentabilidade ambiental; cuxa finalidade é converterse e modelos de como o home debería convivir coa natureza. Deste modo, as reservas pretenden conservar e protexer o patrimonio natural e cultural característico dun determinado espazo, pero permitindo o desenvolvemento socioeconómico da súa poboación local. Nesta reserva inclúense 49 tipos de hábitats de interese comunitario, 12 dos cales son tipificados como prioritarios pola Directiva Hábitat pero os vertidos e a contaminación provocada pola rede hidrográfica do territorio é un dos principais problemas neste complexo fluvial. CASTELLANO: El Observatorio Ornitológico de Souto se llevó a cabo dentro del Proyecto Mandeo por la importancia de la ría y de eu ecosistema se procedió a su inclusión en la Red Natura 2000 como LIC Betanzos-Mandeo con una superficie de 864,58 Ha. que abarca los ayuntamientos de Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Paderne y Oza dos Ríos. El refugio es una construcción de madera al pie de la ría perfectamente integrada en el entorno, se distribuye en una planta baja y una terraza superior desde donde contemplaremos la riqueza ornitológica que se esconde en las marismas y que se alimenta de los abundantes fangos que se acumulan en la ría. También hay paneles interpretativos que explican las características del ecosistema y de las plantas y animales más habituales. Los mellores momentos para visitar este recurso natural es entre los meses de agosto y deciembre y entre enero y marzo ya que es cuando las aves realizan un descanso de sus largos recorridos en la Ría de Betanzos. El 28 de mayo de 2013 las Mariñas Coruñesas e as Terras do Mandeo fueron declaradas Reserva de la Biosfera. Las Reservas de Biosfera son zonas de ecosistemas terrestres o costero/marinos reconocidas por la UNESCO a nivel mundial, siendo territorios y sociedades comprometidas con el desarrollo socioeconómico y la sostenibilidad ambiental; cuya finalidad es convertirse en modelos de como el hombre debería de convivir coa natureza. De este modo, las reservas pretenden conservar y protexer el patrimonio natural y cultural característico de un determinado espacio, pero permitiendoelo desarrollo socioeconómico de su población local. En esta reserva se incluyen 49 tipos de hábitats de interés comunitario, 12 de los cuales son tipificados como prioritarios por la Directiva Hábitat pero los vertidos y la contaminación provocada por la red hidrográfica del territorio es uno de los principales problemas en este complejo fluvial.
Sitio religioso

Igrexa parroquial de Santa María de Souto

  • Foto de Igrexa parroquial de Santa María de Souto
  • Foto de Igrexa parroquial de Santa María de Souto
GALEGO: A Igrexa de Santa María de Souto está situada nunha área rural ao pé dunha ladeira, de orixe románica, data do século XII pero na actualidade é de estilo barroco. A pesar de ter unha base estrutural románica, Santa María de Souto case non conserva restos do século XII debido á transformación completa que sufriu no ano 1813, de aí que a datación do edificio tan só sexa posible a través do arco triunfal de acceso á ábsida; dito arco, lixeiramente apuntado, está apoiado sobre dúas semi-columnas apegadas de fuste monolítico, groso ábaco e bases dóricas talladas. Os seus capiteis son os únicos elementos que posúen certo interese; o da dereita ten gravadas follas de ruda talla, mentres que no da esquerda se presenta un baixorelevo dun xabaril. CASTELLANO: La Iglesia de Santa María de Souto está situada en un área rural al pie de una ladera, de origen románica, data do século XII pero en la actualidad es de estilo barroco. A pesar de tener una base estrutural románica, Santa María de Souto casi no conserva restos del siglo XII debido a la transformación completa que sufrió en el año 1813, de ahí que la datación del edificio tan solo sea posible a través del arco triunfal de acceso al ábside; dicho arco, ligeramente apuntado, está apoyado sobre dos semi-columnas apegadas de fuste monolítico, grueso ábaco y bases dóricas talladas. Sus capiteles son los únicos elementos que poseen cierto interés; el de la derecha tiene grabadas hojas de ruda talla, mientras que en el de la izquierda se presenta un bajorelieve de un jabalí.
Monumento

Hórreo de Souto

  • Foto de Hórreo de Souto
  • Foto de Hórreo de Souto
GALEGO: Este hórreo realizado en madeira e pedra corresponde á tipoloxía mixta. Data de 1880 polo que é un Ben de Interese Cultural, figura de máxima protección que recolle a lexislación española en materia de patrimonio. A estructura está formada por doelas de madeira e dinteis, columnas e paneis de pedra; aséntase nun celerio de mampostería, a cuberta e a duas augas con tella do país coronada cun pináculo e unha cruz. CASTELLANO: Este hórreo realizado en madera y piedra corresponde a la tipología mixta. Data de 1880 por lo que es un Bien de Interés Cultural, figura de máxima protección que recoge la legislación española en materia de patrimonio. La estructura está formada por dovelas de madera y dinteles, columnas y paneis de piedra; se asienta en un celerio de mampostería, la cuboerta es a dos aguas con teja del país coronada con un pináculo y una cruz.
Intersección

Camiño Inglés (Etapa 3: Miño-Bruma)

  • Foto de Camiño Inglés (Etapa 3: Miño-Bruma)
GALEGO: O denominado Camiño Inglés é unha das rutas marítimas xacobeas que se utilizaban na Europa medieval para chegar a Compostela. Peregrinos procedentes dos países escandinavos, os Países Baixos, do norte de Francia e principalmente de Inglaterra, Irlanda e Escocia chegaban en barco ao norte de España entrando en Galicia polos portos de Ribadeo, Viveiro, Ferrol ou A Coruña. Estes dous últimos portos, situados nun amplo golfo ao que os romanos denominaron Portus Magnum Artabrorum, consolidáronse tradicionalmente como os puntos de partida das dúas alternativas do Camiño Inglés. De feito, a importancia histórica deste trazado favoreceu a instauración de mosteiros, hospitais e as ordes relixiosas que se encargaban da súa atención e que hoxe enriquecen este territorio e a masificación doutros camiños; o Inglés é un trazado que actualmente discorre polas localidades recuperadas en virtude de documentos, escrituras e rexistros que facían referencia ás súas demarcacións ou ao paso e estancia de viaxeiros. CASTELLANO: El denominado Camiño Inglés es una de las rutas marítimas jacobeas que se utilizaban en la Europa medieval para llegar a Compostela. Peregrinos procedentes de los países escandinavos, los Países Bajos, del norte de Francia y principalmente de Inglaterra, Irlanda y Escocia llegaban en barco al norte de España entrando en Galicia por los puertos de Ribadeo, Viveiro, Ferrol o A Coruña. Estos dos últimos puertos, situados en un amplio golfo al que los romanos denominaron Portus Magnum Artabrorum, se consolidaron tradicionalmente como los puntos de partida de dos alternativas del Camiño Inglés. De hecho, la importancia histórica de este trazado favoreció la instauración de monasterios, hospitales y las órdenes religiosas que se encargaban de su atención y que hoy enriquecen este territorio y la masificación de otros caminos; el Inglés es un trazado que actualmente discurre por las localidades recuperadas en virtud de documentos, escrituras y registros que hacían referencia a sus demarcaciones o al paso y estancia de viajeros.
Panorámica

Vista Panorámica da Ría de Betanzos desde o Camiño Inglés

  • Foto de Vista Panorámica da Ría de Betanzos desde o Camiño Inglés
  • Foto de Vista Panorámica da Ría de Betanzos desde o Camiño Inglés
GALEGO: Neste punto do Camiño Inglés sorpréndenos a vista panorámica na que se fai patente a amplitude da ría e o suave contacto do esteiro coas terras alombadas do val de Miodelo que descenden na outra banda da ría na inmensidade da paisaxe. A ría de Betanzos era tradicionalmente un paisaxe traballado, aproveitando a alta fertilidade das terras baixas próximas ás chás lamosas. Isto reflíctese na estrutura parcelaria do territorio, xa que as parcelas adoitan ter un maior tamaño conforme se afastan da ría, ladera arriba, para manter os rendementos agrícolas. Isto favoreceu a aparición de numerosos núcleos de poboación. Esta lóxica tradicional de organización do territorio, que respondía ás características físicas e minimizaba as alteracións humanas no medio, que fóronse abandonando conforme a importancia das labores primarias reducíase na sociedade; polo que ao non aparecer novas actividades que substituíran estas dinámicas en retroceso, os asentamentos tradicionais experimentaron un crecemento moi reducido que pasaba a concentrarse en Betanzos, reforzando o papel centralizador na comarca. CASTELLANO: En este punto del Camino Inglés nos sorprende la vista panorámica en la que se hace patente la amplitud de la ría y el suave contacto del estuario co las tierras alomadas del valle de Miodelo que descienden en la outra banda de la ría en la inmensidad del paisaje. La ría de Betanzos era tradicionalmente un paisaxe trabajado, aprovechando la alta fertilidad de las tierras bajas próximas a las llanas embarradas. Esto se reflejaba en la estructura parcelaria del territorio, ya que las parcelas necesitan tener un mayor tamaño conforme se alejan de la ría, ladera arriba, para mantener los rendimientos agrícolas. Esto favoreció la aparición de numerosos núcleos de población. Esta lógica tradicional de organización del territorio, que respondía a las características físicas y minimizaba las alteraciones humanas en el medio, que se fueron abandonando conforme la importancia de las labores primarias se reducía en la sociedad; por lo que al no aparecer nuevas actividades que sustituyeran estas dinámicas en retroceso, los asentamientos tradicionales experimentaron un creciemento muy reducido que pasaba a concentrarse en Betanzos, reforzando el papel centralizador en la comarca.
Monumento

Antigo Hospital de Guende no Camiño Inglés

  • Foto de Antigo Hospital de Guende no Camiño Inglés
GALEGO: O antigo Hospital de Guende, xa citado no século XVIII, está situado na aldea de Chantada. Daquela non quedaba do Hospital máis que os restos xa que o seu final acaeceu no ano 1720 redactándose un decreto polo cal remataba coas funcións que ata daquela viña desempeñando porque os herdeiros de Juan de Guende, posuidor destes bens, non cumprían coas obrigas que lles correspondían. Fundado no ano 1345 por Juan de Guende, que habitaba en dito lugar, e o que tiña a custodia, entre outros bens, dun Cáliz de estaño e Corporais da capela. Este home tiña o deber de dar pousada aos pobres que quixesen apousentarse nese lugar, dicir misa e gardar tódolos bens da institución por pena de excomuñón. Estaban tan arraigadas estas costumes que, unha vez construída a Igrexa de Santa María de Souto, os fieis continuaban asistindo á misa do hospital polo que se tomou a determinación de trasladar as figuras relixiosas do hospital á Igrexa. Na propiedade do antigo Hospital existen agora un grupo de casas emprazadas dentro da ruta do Camiño Inglés ao seu paso polo lugar de Chantada. CASTELLANO: El antiguo Hospital de Guende, ya citado en el siglo XVIII, está situado en la aldea de Chantada. En aquel tiempo no quedaba del Hospital más que los restos ya que su final aonteció en el año 1720 con la redacción de un decreto por el cual terminaba con las funciones que hasta ese momento fue desempeñando porque los herederos de Juan de Guende, poseedor de estos bienes, no cumplían con las obligaciones que les correspondían. Fundado en el año 1345 por Juan de Guende, que habitaba en dicho lugar, y el cual tenía a custodia, entre otros bienes, de un Cáliz de estaño y Corporales de la capilla. Este hombre tenía el deber de dar posada a los pobres que quisieran aposentarse en ese lugar, decir misa y guardar todos los bienes de la institución por pena de excomunión. Estaban tan arraigadas estas costumbres que, una vez construída la Iglesia de Santa María de Souto, los fieles continuaban asistiendo a la misa del hospital por lo que se tomó la determinación de trasladar las figuras religiosas del hospital a la Iglesia. En la propiedad del antiguo Hospital existen ahora un grupo de casas emplazadas dentro de la ruta del Camino Inglés a su paso por el lugar de Chantada.
Monumento

Casa de tipo mariñán (II)

  • Foto de Casa de tipo mariñán (II)
GALEGO: Esta casa que segue a tipoloxía de estilo mariñán co seu balcón balaustrado é o reflexo de que os habitantes da aldea de Chantada dedicábanse á pesca e ao marisqueo. Segundo datos da Xunta de Galicia, o sector pesqueiro da emprego a máis de 25.700 mariñeiros, acuicultores e mariscadores/as; así mesmo, tamén se pode considerar un motor para a taxa de actividade noutras actividades relacionadas como a industria conserveira, os estaleiros ou o comercio; xa que estímase que por cada emprego no mar se crean ao redor de catro empregos máis en terra. O perfil medio do pescador galego é o dun home de entre 25 e 54 anos dedicado á pesca extractiva; polo contrario, son as mulleres, nun número próximo ás 5000, as que forman o 85% do colectivo de mariscadoras a pé. No territorio do Grupo de Acción Litoral Costeira do Golfo Ártabro Norte, segundo datos recollidos en sucesivas reunións coas confrarías, o número total de empregados na pesca e marisqueo está entorno ás 500 persoas. CASTELLANO: Esta casa que sigue la tipología de estilo mariñán con su balcón balaustrado es el reflexo de que los habitantes de la aldea de Chantada se dedicaban a la pesca y al marisqueo. Según datos de la Xunta de Galicia, el sector pesquero da empleo a más de 25.700 marineros, acuicultores y mariscadores/as; así mismo, también se pude considerar un motor para la tasa de actividad en otras actividades relacionadas como la industria conservera, los astilleros o el comercio; ya que se estima que por cada empleo en el mar se crean al redor de cuatro empleos más en tierra. El perfil medio del pescador gallego es el de un hombre de entre 25 y 54 años dedicado a la pesca extractiva; por el contrario, son las mujeres, en un número próximo a las 5000, las que forman el 85% del colectivo de mariscadoras a pie. en el territorio del Grupo de Acción Litoral Costeira del Golfo Ártabro Norte, según datos recogidos en sucesivas reuniones con las confrarías, el número total de empleados en la pesca y marisqueo está entorno a las 500 personas.
Monumento

Muíño de Cruxo

  • Foto de Muíño de Cruxo
  • Foto de Muíño de Cruxo
GALEGO: Os muíños máis abundantes en Galicia eran os que movían as rodas para moer o gran utilizando o rodicio, unha peza de ferro que está situada na parte máis húmida e fría, xa que é onde se atopan estes mecanismo hidráulicos que se moven coa auga. Neste Muíño de Cruxo, que tamén foi restaurado no ano 2008 por un obradoiro de emprego do Concello de Paderne, aínda podemos ver a boca do inferno do muíño. CASTELLANO: Los molinos más abundantes en Galicia eran los que movían las ruedas para moler el grano utilizando el rodicio, una pieza de hierro que está situada en la parte más húmeda y fría, ya que es donde se encuentran estos mecanismo hidráulicos que se mueven con el agua. En este Molino de Cruxo, que también fue restaurado no ano 2008 por un taller de empleo del Ayuntamiento de Paderne, aún podemos ver la boca del infierno del molino.
Árbol

Bosque da Ribeira do río da Fonte

  • Foto de Bosque da Ribeira do río da Fonte
GALEGO: Nas beiras dos ríos e regachos neste caso o río da Fonte, ao que os veciños chaman río Vello de Chantada, é onde atopamos os bosques de ribeira. Estes espazos, moi húmidos, conservan durante todo o ano unha temperatura fresca regulada pola auga e a sombra das caducifolias. Os bosques de ribeira, filtran as augas contaminantes e forman un corredor natural que facilita a dispersión dás especies. CASTELLANO: En las orillas de los ríos y riachuelos en este caso el río da Fonte, al que los vecinos llaman río Vello de Chantada, es donde encontramos los bosques de ribera. Estos espacios, muy húmedos, conservan durante todo el año una temperatura fresca regulada por el agua y la sombra de las caducifolias. Los bosques de ribera, filtran las aguas contaminantes y forman un pasadizo natural que facilita la dispersión de las especies.
Monumento

Punto de Inseminación

  • Foto de Punto de Inseminación
GALEGO: O Punto de inseminación, fai patente a importancia da gandería na economía da aldea de Chantada e a solidariedade e colaboración entre veciños; xa que era de uso comunitario. CASTELLANO: El Punto de inseminación, hace patente la importancia de la ganadería en la economía de la aldea de Chantada y la solidaridad y colaboración entre vecinos; ya que era de uso comunitario.
Punto de información

Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne

  • Foto de Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne
  • Foto de Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne
  • Foto de Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne
GALEGO: A Aula da Ría de Paderne está situada no edificio dunha antiga Escola Unitaria rehabilitada no ano 2010 polo Concello de Paderne cunha subvención do Fondo Europeo de Pesca mediando o GAC 2007-2013. Actualmente acolle o Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne e pretende converterse nun recurso turístico importante para Paderne e concellos limítrofes, no que se fomentan os valores culturais e naturais asociados á Ría de Betanzos e difundindo o patrimonio do seu entorno. Máis información: http://auladaria.blogspot.com/ CASTELLANO: El Aula da Ría de Paderne está situada en el edificio de una antigua Escuela Unitaria rehabilitada en el año 2010 por el Ayuntamiento de Paderne con una subvención del Fondo Europeo de Pesca mediando o GAC 2007-2013. Actualmente acoge el Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne y pretende converterse en un recurso turístico importante para Paderne y ayuntamientos limítrofes, en el que se fomentan los valores culturales y naturales asociados a la Ría de Betanzos y difundiendo el patrimonio de se entorno. Más información: http://auladaria.blogspot.com/

2 comentarios

  • davidfberry 8 nov 2018

    He realizado esta ruta  verificado  Ver más

    Thoroughly enjoyable _ lots of variety - loved it

  • Foto de Manuel Sánchez Naveira

    Manuel Sánchez Naveira 27 nov 2021

    He realizado esta ruta  Ver más

    Un bonito paseo por Paderne. Estupendo para los que no conocemos sus encantos

Si quieres, puedes o esta ruta