Tiempo  4 horas 32 minutos

Coordenadas 1580

Fecha de subida 9 de mayo de 2017

Fecha de realización mayo 2017

-
-
330 m
66 m
0
4,3
8,5
17,09 km

Vista 422 veces, descargada 2 veces

cerca de Tomiño, Galicia (España)

Partimos do Mosteiro, en Tomiño, visitando la primera iglesia románica , donde valoramos de forma especial, en el interior, el arco de triunfo de acceso al presbiterio, en el exterior es digno de ver la portada con sus arquivoltas y la ornamentación de rosas, billetes, formas ajedrezadas, tallos vegetales y rosetas. También es digno de mención los numerosos y variados canecillos y la fábrica de la sillería. Fuera del recinto, a 5 minutos a pie está el centro de enseñanza de principios del siglo XX, y que es conocida por la Aurora del Porvenir, famosa por ser un referente desde en los primeros 35 años del siglo XX por el movimiento agrarista. Pero anexa al mosteiro está una virgen peregrina, lugar desde donde iniciamos la ruta a pie y que en media hora alcanzaremos el antiguo hospital en la localidad del mismo nombre.
Correspóndese á igrexa dun antigo mosteiro benedictino feminino, que deixou de selo no século XVII. O portico é o que reviste maior interés xa que consta con catro arquivoltas ornamentadas da exterior hacia a interior con rosetas, vexetal, polas con follas e medias canas con bolas. Estas arquivoltas apóianse sobre catro pares de columnas con fustes monolíticos cos seus capiteis respectivos de motivos vexetais.
Nesta localidade de Hospital, e en concreto onde conflúen o camiño de peregrinación que procede de Goián e Tomiño co que procede de Tui, emprázase o antigo hospital hoxe en estado de ruína.
Igrexa do Pazo
Fai referencia ao segundo barrio ou lugar de Barrantes. Nesta área estaban o Pazo da Cerca coa súa capela, hoxe desaparecidos, tamén vemos unha hermida de 1690, así como un mosteiro do século XII. Do antigo mosteiro queda a igrexa, onde destacaríamos a ábside coas saeteras, un óculo, os canzorros de animais e seres monstruosos por influencia dos cruzados nas Terras Santas. No interior hai unhas pinturas ao fresco do estilo gótico internacional.
Mosteiro
Este templo pertenceu a orde de Malta. Destacaría a ábside pentagonal, xa que só hai 6 igrexas deste tipo na provincia de Pontevedra. Do interior destacan os capiteis do arco triunfal e tamén que a planata correspóndese a unha soa nave, pero en forma de cruz latina. As sensacións que sintes cando estás no interior, debido ao equilibrio e á harmonía, as sintes en moi poucas igrexas. En san Pedro de la Nave, sí, claro.... Ademáis conta cunha sonoridade perfecta, tal como se corroborou cando houbera un concerto fai xa anos.

7 comentarios

  • Foto de manuaita

    manuaita 10-may-2017

    Foto circunstancial, pois non pode loitar un teléfono contra un contraluz. Sen embargo destacaría que é unha igrexa que está de festa sin habela, xa que nin xavier nin eu percibimos son algún no torreiro, aínda que si toda unha explanada de formigón armado.
    A espadaña e moi delicada. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ruta-del-romanico-tomino-barrantes-tebra-17665642#wp-17665644/photo-11146814

  • Foto de manuaita

    manuaita 10-may-2017

    Sempre, como decía Antonio Lomba, no sitio máis inoportuno ten que haber un poste de Fenosa. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ruta-del-romanico-tomino-barrantes-tebra-17665642#wp-17665645/photo-11146822

  • Foto de manuaita

    manuaita 10-may-2017

    Parece que é un moi antigo peto de ánimas, aínda que creo que lle falta o corpo superior. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ruta-del-romanico-tomino-barrantes-tebra-17665642#wp-17665645/photo-11146825

  • Foto de manuaita

    manuaita 10-may-2017

    Un cruceiro coa iconografía relixiosa dunha piedade, que pertencería ao renacemento manierista, fillo do concilio de Trento e a Contrarreforma, o ben, como eu creo, ao barroco, xa que este é un lugar rural e bastante periférico, polo que os cambios tardan en chegar, ou non chegan nunca. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ruta-del-romanico-tomino-barrantes-tebra-17665642#wp-17665646/photo-11146838

  • Foto de manuaita

    manuaita 10-may-2017

    Aquí, no interior, controlando a horta había un can de gran ferocidade, e case me morde unha man. Antes fixera unha demostración de forza,destrozando, á vez, un par de mangueiras. O único positivo é que estaba libre no eido. Atopamos, no percorrido, uns 500 cans, e 495 estaban presos. Iso non é xusto ! Onde están os seu dereitos. Hai melloras que aquí endexamais chegarán. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ruta-del-romanico-tomino-barrantes-tebra-17665642#wp-17665646/photo-11146843

  • Foto de manuaita

    manuaita 10-may-2017

    Esta é a fonte máis monumental do Baixo Miño. O xefe de obras, arquitecto, enxeñeiro e escultor é un paisano residente na Rotea Vella, a ruta ou calzada máis antiga destos lugares,e que comunicaba Tui, gran centro de poder medieval, co mosteiro de Oia. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ruta-del-romanico-tomino-barrantes-tebra-17665642#wp-17665647/photo-11146863

  • Foto de manuaita

    manuaita 10-may-2017

    Son unhas medas. si, é outro modo de secar a herba. Máis complicado é facer un palleiro, ou como diría o pintor impresionista Monet, un almiar. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ruta-del-romanico-tomino-barrantes-tebra-17665642#wp-17665650/photo-11146911

Si quieres, puedes o esta ruta