• Foto de Ruta do Mosteiro de Penamaior
  • Foto de Ruta do Mosteiro de Penamaior
  • Foto de Ruta do Mosteiro de Penamaior

Dificultad técnica   Difícil

Coordenadas 670

Fecha de subida 9 de febrero de 2015

Fecha de realización febrero 2015

-
-
1.076 m
694 m
0
4,4
8,8
17,59 km

Vista 1591 veces, descargada 26 veces

cerca de Becerreá, Galicia (España)

Partindo da Feira Vella no núcleo de Becerreá, comezamos a andaina ascendendo ata o quilómetro 1.78, no cal nos desviamos á man dereita para coller unha pista forestal que nos levará entre unha gran variedade de árbores: carballos, castiñeiros, piñeiros... Aproximadamente no quilómetro 4.5, chegamos á estrada provincial que ascende dende O Cereixal ata a Escola de Alta Montaña. E proseguimos por ela ata a Ermida de San Lorenzo. Esta capela, que posúe unha gran campiña ó seu arredor, era antigamente centro dunha importante romaría. Dende este punto podemos divisar gran parte dos concellos veciños de Baralla e Baleira.
Continuamos coa ruta seguindo un camiño que parte pola man esquerda da ermida, e que nos conducirá ata un espectacular val. Atravesamos o núcleo de Touzón e descendemos por unha senda que nos deixará directamente no Mosteiro de Penamaior, o cal está ubicado nun entorno dunha incrible beleza paisaxística.
O Mosteiro de Santa María de Penamaior. É o único en Galicia que dependía da orde Cístercense de Francia. Sobre a súa orixe non existe unanimidade e é probable que os seus inicios se atopen na segunda metade do século XII. Os monxes desta orde eran moi activos, e axudaron á fundación de moitos mosteiros próximos.
A existencia dunha comunidade cenobítica en Penamaior consta dende o ano 919, cando foron enviados dende alí varios monxes ao mosteiro de Samos. Do conxunto do mosteiro Císterciense de Santa María de Penamaior consérvase (século XII) unha igrexa de fábrica románica ornamentada cunha curiosa ábsida central, poligonal no exterior e de forma circular no interior.
A igrexa románica foi construída en 1177, segundo unha inscrición. Polo tanto a nivel temporal, esta construción foi coetánea da de Samos e anterior a que o mosteiro de Penamaior se convertese na casa cisterciense. O edificio é románico con porta principal arqueada con 4 columnas con decoración vexetal, tímpano sobre machetas decoradas e tres ventás arqueadas con columnas nos laterais. Na fachada lateral hai varias ventás arqueadas con columnas e un rosetón. O conxunto do Mosteiro está catalogado como (BIC) "Ben de Interese Cultural".
Unha vez embriagados da tranquilidade que nos dá o mosteiro e o seu entorno, proseguimos a ruta en dirección Vilarín e collemos unha pista que nos levará entre praderías ata chegar a Liñares. Neste punto continuamos a camiñata por unha estrada asfaltada que nos conduce ós pobos de Riodarco, Pico e A Carunchada. No quilómetro 13.60 deixamos a estrada e comezamos o descenso seguindo a pista forestal ata voltar ó inicio da ruta, aproveitando para ver no horizonte os picos máis altos dos Ancares.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta