Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 1216

Fecha de subida 27 de diciembre de 2016

Fecha de realización diciembre 2016

-
-
602 m
497 m
0
3,9
7,8
15,56 km

Vista 1005 veces, descargada 24 veces

cerca de Irijo, Galicia (España)

Este sendeiro homologado coma PR-G 189 transcorre entre Irixo de Arriba e o lugar de Valdesoiro. O percorrido foi posteriormente ampliado co propósito final de facer un percorrido circular. Actualmente (decembro de 2016) a sinalización do engadido aínda está sen completar e nós faremos a nosa andaina ata o lugar de Saavedra e de aquí volveremos ao punto de comezo en Irixo de Arriba desandando o camiño da ida.

Lemos na cartelería que atopamos ao longo de roteiro o seguinte:

"Nesta ruta dende Irixo de Arriba ata Valdesoiro, o caminante gozará das paisaxes e contornas destas terras xa humanizadas dende moi antigo. Nos montes darredor, as mámoas dan testemuña da antigüidade da ocupación do home nestas terras; no percorrido da ruta, os castros falan de tempos pretéritos pero moito máis achegados a nós.

Dende o Irixo de Arriba baixaremos por un camiño antigo ata o derruído muíño de Valcobo, do que hoxe só queda o seu inferno e parte do cubo, pero que se atopa nunha fermosa contorna natural do río Coedo. Logo, seguindo pola beira dunha coidada levada, a ruta discorre polas abas do Coto do Castro, ao cal podemos acceder mediante unha variante da ruta. No seu cimo quedan restos dos muros, hoxe pouco visibles, do que debeu ser a croa do Castro de Orros.

A ruta achégase ata a igrexa parroquial de Santa Mariña da Cidá. O seu nome posiblemente fai referencia a un castro (ás veces recoñecibles por nomes como Cibdá, Cidá, Cividade, etc.) ou a un primitivo lugar de veneración. Xeneralmente estes lugares foron "cristianizados" mediante a construción de igrexas e cruceiros.

Polo camiño sacramental ou "camiño da misa" cruzaremos o rego da Cidá e chegaremos a Paredes, lugar onde podemos ver os restos dunha agrupación de hórreos. Logo descenderemos ata os Casares e, tras unha pequena costa, achegarémonos a Valdesoiro."

Aquí remata a parte homologada e nós proseguerimos ata o lugar de Saavedra por fermosas corredoiras entre carballos e atravesando o río Viñao por unha antiga pontella de pedra.

Ver más external

  • Foto de Camiño
  • Foto de Camiño
Vieiro en Irixo de Arriba.
  • Foto de Carballeira
  • Foto de Carballeira
  • Foto de Carballeira
  • Foto de Carballeira
Bosque de carballos.
  • Foto de Comezo Castros
Punto de inicio do roteiro en Irixo de Arriba.
  • Foto de Congostra
  • Foto de Congostra
Corredoira en Irixo de Arriba.
  • Foto de Corredoira
  • Foto de Corredoira
Congostra no lugar de Paredes.
  • Foto de Coto do Castro
  • Foto de Coto do Castro
Antigo asentamento castrexo.
  • Foto de Horreos
  • Foto de Horreos
Eira de hórreos no lugar de Paredes.
  • Foto de Igrexa Sta Mariña
  • Foto de Igrexa Sta Mariña
  • Foto de Igrexa Sta Mariña
Igrexa en Paredes.
  • Foto de Irixo de Arriba
Parroquia no concello de O Irixo.
  • Foto de Levada
  • Foto de Levada
  • Foto de Levada
Traida de auga para un muíño hidráulico.
  • Foto de Muiño
  • Foto de Muiño
Muíño hidráulico no río Viñao.
  • Foto de Muiño Valdecova
Muíño hidráulico no río Coedo.
  • Foto de Os Casares
  • Foto de Os Casares
  • Foto de Os Casares
  • Foto de Os Casares
  • Foto de Os Casares
  • Foto de Os Casares
Lugar no concello de O Irixo.
  • Foto de Paredes
  • Foto de Paredes
  • Foto de Paredes
Lugar de o concello de O Irixo.
  • Foto de Pasos
Poldras no río Coedo.
  • Foto de Piñeiral
Bosque de piñeiros.
  • Foto de Rego da Cida
Regato en Paredes.
  • Foto de Rio Coedo
  • Foto de Rio Coedo
Río en Irixo de Arriba.
  • Foto de Rio Viñao
  • Foto de Rio Viñao
Afluente do río Avia.
  • Foto de Saavedra
Lugar do concello de O Irixo.
  • Foto de Valdesoiro
  • Foto de Valdesoiro
Lugar no concello de O Irixo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta