Tiempo  3 horas 56 minutos

Coordenadas 1144

Fecha de subida 24 de enero de 2019

Fecha de realización enero 2019

-
-
385 m
202 m
0
3,3
6,6
13,18 km

Vista 563 veces, descargada 35 veces

cerca de Cornide, Galicia (España)

Primeira ruta homologada polo Concello de Teo que une as dúas áreas arqueolóxicas máis importantes deste termo municipal, a zona de Cornide – Regoufe (entre as parroquias de Calo e Luou) e a do Monte Piquiño en Luou. Unha ruta que facilita o acceso ós petróglifos prehistóricos máis destacados, un total de 15 estacións catalogadas, tres delas co recoñecemento explícito como bens de interese cultural (Petróglifo de Río Angueira en Calo e os Petróglifos de Outeiro do Corno e Pena Bicuda de Loureiro na parroquia de Luou). Tanto polo elevado número de insculturas, como pola singularidade dos gravados (de temática abstracta e naturalista) e a súa singular disposición na paisaxe, podemos dicir que estamos perante unha das zonas de arte rupestre máis relevantes do país que centrou a atención dos grandes especialistas neste eido dende a década dos cincuenta do pasado século. A pesares de que a ruta comeza e finaliza na Carballeira de Cornide, ó carón do cruceiro e da capela dos Milagres e dos Desamparados, tamén está sinalado un pequeno treito inicial para os que desexen visitar os gravados da aldea de Mouromorto (Cruceiro vello 1 e 2) situados a pouco máis de cincocentos metros do punto de inicio.
A ruta recupera sendas esquecidas como o treito da ribeira do río Angueira que posúe interesantes elementos etnográficos (muíños, lavadoiros e pontellas) e especies naturais de gran valor (como as diferentes especies de fentos). Treito que ademais serve de enlace entre a aldea de Cornide e a primeira zona arqueolóxica no que destacan os petróglifos de Río Angueira e Outeiro do Corno moi próximos ó citado regato da bacía do Sar. Dous excepcionais conxuntos con motivos xeométricos e un conxunto de escenas de monta no conxunto de Río Angueira 1 e 2 e unha laxe panoplia no Outeiro do Corno con representacións dun posible escudo, un puñal da Idade do Bronce e un pequeno zoomorfo.
Na segunda parte do percorrido, xa na área arqueolóxica do Monte Piquiño na parroquia de Luou, cómpre salientar a interesante asociación entre os numerosos petróglifos localizados e as mámoas da necrópole megalítica máis importante da comarca de Compostela (33 mámoas), algunhas delas situadas á beira da propia ruta. Ó valor arqueolóxico desta paraxe temos que engadir o paisaxístico pois gozaremos de inmellorables panorámicas das terras do val do UIla. Por último, tamén coñeceremos enclaves asociados ó patrimonio inmaterial teense como a lendaria "Eira dos Mouros de Loureiro" no que a tradición sitúa un antigo “cromlech” formado por grandes pedrafitas de seixos e onde hoxe só observamos un amplo desnivel do terreo que no inverno fica asolagado. Quizais no futuro os arqueólogos poidan desvelarnos os misterios que de seguro agochan esta e outras paraxes únicas dos Chans e Outeiros do Piquiño.
Ruta acondicionada grazas ó financiamento do Concello de Teo e creada coa colaboración das empresas Segatur e Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega.

Ver más external

Waypoint

Cadoiro e poza

Waypoint

Cruz de Termo

Waypoint

Eira dos mouros da Lagoa

Posible círculo lítico no Monte Piquiño
Waypoint

INICIO E FINAL RUTA

Waypoint

Mámoas do Monte Piquiño

Waypoint

Muíño da Bouza

Waypoint

Muíño das Picariñas

Waypoint

Muiño de Cornide

Waypoint

Pasarela inicial á beira do muíño

Waypoint

Pasarela inicio senda ó muiño da Bouza

Waypoint

Petróglifo da Pena Bicuda de Loureiro

Waypoint

Petróglifo da Pena Bicuda de Regoufe

Waypoint

Petróglifo de Outeiro do Corno 1

Waypoint

Petróglifo de Outeiro do Corno 2

Waypoint

Petróglifo de Outeiro do Corno 3

Waypoint

Petróglifo de Outeiro Piquiño 1

Waypoint

Petróglifo de Outeiro Piquiño 2

Waypoint

Petróglifo de Río Angueira 1

Waypoint

Petróglifo de Río Angueira 2

Waypoint

Petróglifo do Cruceiro Vello 1

Waypoint

Petróglifo do Cruceiro Vello 2

Waypoint

Petróglifo do Fondao

Waypoint

Petróglifo do Meau

Waypoint

Petróglifo do Trono da raíña

Waypoint

Pontella de pedra e lavadoiro no río Angueira

Ó carón hai pedras no río para lavar a roupa

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta