Tiempo  3 horas 19 minutos

Coordenadas 900

Fecha de subida 1 de septiembre de 2019

Fecha de realización agosto 2019

-
-
912 m
690 m
0
2,1
4,3
8,58 km

Vista 64 veces, descargada 6 veces

cerca de Vilariño de Conso, Galicia (España)

Este roteiro homologado como Ruta dos Soutos, PR-G 118 consta dunha parte circular e unha derivación de ida e volta ata o encoro do Vao (que non está no track achegado). Foi acondicionado pola empresa Segatur, S. L. e lemos nos paneis que hai ao comezo do sendeiro e máis na aldea de Conso:

"Esta ruta, que visita as aldeas de Vilariño, Conso, San Cristovo e A Veiguiña, no concello de Vilariño de Conso, permite gozar das preciosas paisaxes naturais das súas ladeiras creadas polo tempo e o home. Nas proximidades do magnífico Parque Natural do Invernadeiro, estas terras máis poboadas conforman biótopos agrarios e domesticados de natureza grandiosa.

Os soutos son bosques poboados de castiñeiros (Castanea sativa) que, nesta zona, eran coidados con esmero para o seu aproveitamento integral: os seus froitos, os bullotes (as castañas), eran alimento para persoas e animais, as súas cortas utilizábanse como leña e os mellores troncos eran utilizados para crear ferramentas e na construción das vivendas"

"Xunto a Conso abondan os soutos e nesta aldea podemos ver algúns magníficos exemplares de castiñeiros de enorme tamaño. A senda PR-G 118 pasa pola aldea de Conso dúas veces e xúntase ata o extremo de que, neste punto do percorrido poderemos acurtar o camiño desviándonos xunto á pequena capela mandada construír polo abade Sánchez Ocaña.

Así mesmo, preto do Palacio é posible seguir un camiño que nos levará ata a outra beira do encoro, por un paseo fácil gozando das amplas vistas."

Ver más external

Aldea do concello de Vilariño de Conso, por riba do encoro do Vao.
Camiño entre Vilariño e Conso.
Camiño entre a aldea de A Veiguiña e Vilariño .
Pequena capela na aldea de Conso, mandada construír polo abade Sánchez Ocaña.
Punto de inicio da ruta, en Vilariño de Conso.
Aldea do concello de Vilariño de Conso.
Punto de desvío para o treito de ida e volta que vai ata o encoro do Vao.
Fonte no camiño que vai de Vilariño a Conso.
Fonte de agua potable na aldea de Conso.
Fonte ao carón do Pazo de Conso.
Fonte na ladea de San Cristovo.
Fonte de auga potable ao comezo da ruta.
Igrexa na aldea de San Cristovo.
Igrexa na aldea de Conso.
Pazo señorial que actualmente atópase nun estado de abandono.
Bosque de cerquiños entre Vilariño e Conso.
Bosque de cerquiños ou rebolos na aldea de San Cristovo.
Pequeno regato por debaixo da aldea de Conso.
Pequeno rego preto do comezo da ruta.
Pequena aldea do concello de Vilariño de Conso.
Bosque de castiñeiros entre Vilariño e Conso.
Bosque de carballos entre as aldeas de Conso e San Cristovo.
Bosque de castiñeiros entre as aldeas de San Cristovo e Conso.
Bosque de castiñeiros por debaixo da aldea de Conso.
Vistas ao encoro do Vao desde a aldea de A Veiguiña.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta