• Foto de Ruta dos tres ríos 11/12/2016 CDF

Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  7 horas 25 minutos

Coordenadas 2011

Fecha de subida 28 de noviembre de 2017

Fecha de realización diciembre 2016

-
-
246 m
105 m
0
5,5
11
21,98 km

Vista 9 veces, descargada 0 veces

cerca de Touro, Galicia (España)

RUTA DOS TRES RÍOS E DA RIBEIRA DO ULLA
11 de Decembro de 2016

guías: Matilde / Maví
Percorrido: 21 km

Saímos da área recreativa de Santaia e atopamos o primeiro río, o Lañas. Camiñamos pola súa beira [email protected] de ameneiros, salgueiros, freixos, bidueiros. Ao pouco temos os Muíños restaurados da Carballa. Avanzamos un anaco e cruzamos unha estrada con moito tino. Baixamos despois uns tramos de escaleiras para descubrir a espectacular fervenza chamada O Salto das Pombas (ata o nome é bonito). Máis adiante desviámonos por primeira vez do río, para subir unha pequena costa, continuar un pouco polo monte, e ver ao lonxe aldeas de S. Tirso de Cornado. Pero deseguido volvemos a un río, neste caso é o Beseño, que se unirá ao Lañas un pouco máis abaixo. Seguimos de novo a carón deste último (o Lañas) ata toparmos co río Ulla. Cruzamos outra estrada na Ponte Basebe, que une as provincias da Coruña e Pontevedra. A vexetación que vemos agora ao lado do Ulla é aínda máis variada. Ademais da típica de ribeira, temos moitas carballeiras, abeleiras, e sobreiras. O seguinte punto de interese é a Fervenza do Inferniño, hai que desviarse uns 100 m para vela. Despois deste desvío se prestades atención podedes ver unha ouriceira, e máis adiante nunha zona chá outras cinco case xuntas. Seguimos andando e pasamos por diante dunha casa en ruínas “no medio da nada”. Logo camiñamos por unha corredoira moi profunda e moi bonita, que nos leva a uns muíños abandonados. Temos a continuación unha baixada que vai dar a un pequeno meandro no que se remansan as augas do Ulla (O Pozo do Pego). E rematamos na igrexa de Ribeira, parroquia do concello de Touro.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta