Dificultad técnica   Difícil

Tiempo  3 horas 54 minutos

Coordenadas 644

Fecha de subida 24 de mayo de 2017

Fecha de realización mayo 2017

-
-
485 m
260 m
0
1,7
3,5
6,98 km

Vista 743 veces, descargada 20 veces

cerca de Vincios, Galicia (España)

Ruta circular de 7Km aproximadamente nos que nos achegamos a elementos etnográficos de gran valor, na ladeira do Monte Galiñeiro na parroquía de Vincios.
  • Foto de Saida
Saida
  • Foto de Desvio a esquerda
Desvio a esquerda
  • Foto de Petroglifo Santa Lucia
  • Foto de Petroglifo Santa Lucia
  • Foto de Petroglifo Santa Lucia
Son un grupo de 6 petroglifos que datan da Idade de Bronce con diferentes representacions. Abundan coviñas, círculos e trazados curvilíneos de diferentes tamaños.
  • Foto de Desvio a dereita
Desvio a dereita
  • Foto de Desvio a dereita
  • Foto de Desvio a esquerda
Desvio a esquerda
  • Foto de Cova da Raís
A cavidade localízase nunha estructura lateral desplazada sobre o curso fluvial de A Raís. Na actualidade o curso de augas só invade temporalmente a galería inferior. Trátase dunha estructura de bloques lateral, posiblemente residual dun sistema de bloques fragmentado. As dúas estancias principais da cavidade son: - O salón de entrada duns 12 metros cadrados de superficie. Ten hoxe un solo constituído por limos orgánicos cunha potencia estimada, dadas as pendentes dos bloques perimetrais, de 1,5 metros. Na inclinada parede noroeste da sala hai un petroglifo. Obsérvase como o gravado continúa por baixo do actual piso. - Galerías secundarias; que permiten adentrarse uns 7 metros no castelo residual de bloques.
  • Foto de Pedra Boroa
Son formas curiosas nas superficies planas dalgunhas rochas graníticas. Estas fracturas reticulares, estreitas e que penetran pouco na masa rochosa recordan ás aberturas que se fan na codia do pan de millo ( broa ou boroa), provocadas ao contacto da masa coa calor do forno.
  • Foto de Desvio a dereita
Desvio a dereita
  • Foto de Penedo das Pías
É un penedo graníto de dúas micas de considerables dimensións que foi parcialmente derrubado. Dende unha visión lateral e traseira ten a forma dunha cabeza dun cachalote coa boca aberta. Na base da súa "boca" ten varios muíños naviculares. Está preto das Chans dos Bromús. Dende este pe,nedo temos unha magnífica vista da fachada atlántica da serra.
  • Foto de Mirador Chans dos Bromus
As mámoas están situadas nunha terraza que limita co monte dos Arruídos polo oeste e, polo leste, co macizo norte do Galiñeiro. As tres mámoas das Chans dos Bromús están a carón dun camiño moi antigo e transitado por aquelas persoas que ían ou volvían do Val de Louriña ao Val Miñor e incluso ás terras de Tui. Testemuñas mudas son as "rodadas" de carro que aínda existen en diferentes partes do camiño. En ninghunha das tres se conserva máis nada que
  • Foto de Mamoa dos Bromús
As mámoas están situadas nunha terraza que delimita co monte dos Arruídos polo oeste, e polo leste co macizo norte do Galiñeiro. As tres mámoas das Chans dos Bromús están a carón dun camiño moi antigo e transitado por aqueles que ían ou volvían do Val de Louriña ao Val Miñor e incluso ás terras de Tui. Testemuñas mudas son as "rodadas" de carro que aínda existen en diferentes partes do camiño. En ningunha das tres se conserva máis nada que o seu cono de violación.
  • Foto de Mamoa dos Bromus
Mamoa dos Bromus
  • Foto de Petróglifo Auga da Laxe
Esta importantísima estación esténdese sobre unha area entre as estacións de Monte dos Arruidos e Tomada de Xacobe, aos pes do Monte Galiñeiro. Abrangue unha considerable cantidade de importantes petroglifos. Esta estación foi dada a coñecer por Cuñarro no artigo publicado por Faro de Vigo de data do 18 de decembro de 1973 É o conxunto de petroglifos con armas máis grande de Europa. Chámase tamén “A Pedra das Procesións”. Contén case unha trentena de armas, entre elas: espadas, puñais, escutiformes, escudos e alabardas. Todas elas están nunha rocha case vertical de gran tamaño (10 x 5 m), onde se supón que os gravados teñen un sentido de advertencia ou aviso a posibles tribos riváis. Destaca,particularmente, unha espada de dous metros e corenta centímetros. Os escudos tamén se poden interpretar como bandeiras ou estandartes, por iso se lles chama “A Pedra das procesións”,É un dos exponentes , quizais, mais importantes do comezo da Idade do Bronce no noroeste peninsular. Dentro deste conxunto de arte prehistórica temos, tamén, moi preto un petroglifo de dúas alabardas e varios puñais e fileiras de coviñas, os demáis elementos non se aprecian apenas. Na parte superior apréciase unha pía
  • Foto de Petroglifo de Castrelo
Situado nun claro do monte moi preto do coto de Castrelo. E unha pedra que contén unha pía e un petroglifo con coniños.
  • Foto de Cova do Castrelo
Localizada no lugar do Porpaso, en Vincios. Esta cova utilizouse de abrigueiro tanto de canteiros coma de pastores
  • Foto de Cova da Vella
Está situada no barrio de Brandufe. Non é propiamente unha cova senón un abrigueiro, xa que ten unha sóa pedra, pero o temaño dela, a súa orientación respecto dos ventos e da chuvia, e a pequena inclinación favorecen o refuxio. Na parte sur do penedo apréciase a formación dunha zapa, e por riba del temos outro abrigueiro máis pequeno. Ten unha árbore moi fermosa ao seu carón, un estripeiro ou pereira brava.
  • Foto de Cova do Demo
Sitúase no barrio de Brandufe, en Vincios. É unha das maiores cavidades que referenciamos. Ten dúas entredas e un regueiro que asoma por unha delas. Como as dúas anteriores é unha combinación de cova de bloques e de erosión. Estas covas fórmanse a partir dun movemento de pedras que están a carón dun río. O río queda bloqueado pola acción das mesmas e busca o seu camiño, de tal xeito que vai erosionando todo o que toca e vai formando novas cavidades e esvaramentos ata que as pedras se estabilizan. Non hai moito tempo, o seu interior utilizábase como obradoiro de cantería artesanal onde se reparaba e se apuntaba a ferramenta e se axeitaban os diferentes instrumentais que se utilizaban no traballo coa pedra. Proba diso son os restos da fragua e o seu aiunque. Tamén servía e serve de abrigadoiro para a choiva e a xeada.
  • Foto de Touba do Brión
  • Foto de Touba do Brión
Sitúase no barrio de Piñeiro, Vincios. O regato das Cobreiras pasa xusto por debaixo. É un conxunto de cavidades que están baixo unha estrutura común. É unha cova de covas. Formouse por bloques fragmentados e bolos erosionados. É a cavidade maior da serra descuberta ata o de agora destas características. Ten asociada unha lenda con dúas aves moi singulares, o brión ( bufo real) e unha garza noiteira. Estes animais vivían xuntos nos penedos dos Arruídos formando unha estraña "parella", cunha prole común. Os seus hábitos eran nocturnos, alimentábanse de peixes que pescaba ela, e de coellos, ratos e réptiles que cazaba el.
  • Foto de Cova do Ficho
Situase por debaixo dos Amuídos, en Vincios. Cavidade utilizada polos pastores e canteiros no século pasado como refuxio e para deixar ferramenta e outros materiais. É un bo abrigueiro, xa que está ben protexida dos temporais.
Muíño de cubo e dun rodicio que está no barrio de Piñeiro, en Vincios. A súa construcción data de principios do século pasado. Ten unha forma rectangular irregular. O seu tellado é a unha soa auga. O seu nome procede do roce das pedras cando se moía con pouco gran e producía un asubío. A iso chamábanlle moer en van. Con este son,as persoas que moían sabían que estaba a chegar o momento de rematar a muiñada. Principalmente moíase millo, tamén en menor cantidade centeo. Estes cereais estaban cultivados en terreos próximos, e tamén en campos da parroquia viguesa de Valadares É un muíño de herdeiros, que corresponde a trinta familias. Como indica a tradición nos muíños de herdeiros os arranxos facíanse ou pagábanse entre todos eles. . A levada que o alimenta vén do regato da Raís e favorece a velocidade e apresión que colle a auga ao baixar polo cubo do muiño. A auga prosegue despois ata a presa de Piñeiro.
Está situada no barrio de Piñeiro en Vincios. É de forma rectangular e a súa construcción ten máis de 100 anos. Está feita principalmente de muros de terra rematados na súa fronte por cachotes de pedra. Nela almacénase auga que vén da levada do Muíño do Asubío, que a utilizan aínda hoxe, a partir do mes de Agosto, varias familias para regar os campos de millo e de legumes.
  • Foto de Desvio a dereita
Desvio a dereita
  • Foto de Desvio a esquerda
Desvio a esquerda
  • Foto de Merendeiro Centro Cultural Vincios
Merendeiro Centro Cultural Vincios

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta