Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 393

Fecha de subida 11 de febrero de 2015

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
586 m
423 m
0
3,7
7,4
14,89 km

Vista 2850 veces, descargada 39 veces

cerca de Santaballa, Galicia (España)

Ruta deseñada pola Liga Santaballesa, que amosa unha pequena parte do patrimonio arqueolóxico y etnográfico da parroquia de Santaballa. Inclúe medoñas (túmulos), muiños,asentamentos paleolíticos (Pena Grande), un menhir simbólico (Pedra Chantada) e a recreación de un castro e unha medoña ou lado da Escola Habaneira de Santaballa (Vilalba)

Ver más external

  • Foto de Liga Santaballesa
Edificio construído, a expensas dunha sociedade cívica constituída por veciños emigrados en Cuba, a principios do século pasado para albergar unha escola. Construción eminentemente popular, sólida e compacta inspirada nas casas de labranza, conta con algúns recursos plásticos que ennobrecen a fachada, especialmente na súa vía central, lixeiramente adiantada e coroada con elementos decorativos. No seu interior recréanse unha escola e outras estancias de principios do século pasado, e tamén se rende un recordo á emigración que deu lugar a este centro. Primeiro centro educativo mundial que establece a ensinanza en lingua e gramática galega.
  • Foto de Poboado castrexo
  • Foto de Poboado castrexo
Próximos á escola da Liga Santaballesa atópanse unha recreación dun pequeno poboado castrexo, con diversas construcións e utensilios de uso diario na época, e a recreación dunha medoña, construída de tal maneira que se pode visualizar o seu interior.
  • Foto de Cruceiro do Casal
Sinxelo cruceiro realizado en granito. Está formado por unha base monolítica troncopiramidal lisa e un fuste ochavado, coroado por un capitel troncopiramidal con molduras rectangulares, no que se asenta unha cruz florenzada tamén ochavada. A cruz acompáñase de dúas figuras, na súa parte frontal mostra unha imaxe de Xesús crucificado cunha coroa de espiñas e sobre el a cartela, e na parte posterior unha imaxe feminina monolítica, sen ningún movemento; ambas son de forma robusta e desproporcionada, típicas destas producións populares arcaizantes.
  • Foto de Medoña de Estelo
O Túmulo de Estelo é o maior dos que forman parte da necrópole de Pena Grande. Datado ao final da Idade da Pedra Puída, ten dous metros de altura e dezaoito metros de diámetro. Ao ser desposuído da súa lousa de cuberta, pódese observar unha cámara mortuoria poligonal, formada por cinco laxes de cuarcita e aberta cara ao levante. Está situada ao pé dun Camiño Real.
  • Foto de Acubillo de Pena Grande
  • Foto de Acubillo de Pena Grande
Pena Grande é o máis importante e monumental xacemento do Paleolítico de Galicia. Grupos de cazadores nómadas acamparon baixo este potente afloramento rochoso de modo estacional. Dende o seu privilexiado asentamento, ben protexido das inclemencias do frío clima da época, controlaban as migracións das grandes mandas de animais que atravesaban o territorio; estes animais servíanlles de alimento, proporcionábanlles peles para abrigarse e ofrecíanlles hastas e ósos para facer puntas de lanza e agullas de coser.
  • Foto de Muiño do Caxigueiro
Pequeno muíño situado no Rego de Bordelle. É unha construción tradicional executada en cachotaría concertada, de planta rectangular cun pequeno pórtico dianteiro, que está cuberto a dúas augas con laxes de cuarcita e pizarra, sustentadas nunha rústica armadura de madeira de tesoira sobre viga. No seu interior conserva a súa única moa así como outros mecanismos utilizados no proceso de elaboración da fariña.
  • Foto de Muiño Novo
  • Foto de Muiño da presa vella
  • Foto de Pedra Chantada de O Carrizo
  • Foto de Pedra Chantada de O Carrizo
Dos poucos exemplo de menhires conservados en Galicia, este do Carrizo é o máis notable. Data da Idade da Pedra Puída. Atópase aproximadamente no centro dunha gran necrópole megalítica que se desenvolve ao longo dun antigo camiño. Habitualmente relaciónanse estes monolitos con cultos ás encrucilladas, que os romanos aglutinaron baixo a adoración dos Lares Viais, sendo ambos antecesores dos cruceiros. A escaseza de menhires en Galicia hai que explicala pola substitución das monolíticas formas primixenias por altares romanos, e destes, co cristianismo, por cruceiros. Situado ao pé dun Camiño Real, ten unha altura próxima aos tres metros.
  • Foto de Casa Naseiro Ledo
  • Foto de Casa Naseiro Ledo
Pintoresco lugar, obra de Eladio Naseiro Ledo, que recorda un palacio de contos infantís. O lugar está salpicado con obxectos curiosos e elementos artísticos realizados polo autor e a súa filla Clara, así como antigüidades singulares.
  • Foto de Castro de Santaballa e Vila de Trastomil
Ao pé da igrexa parroquial de San Pedro de Santaballa atópanse dous xacementos arqueolóxicos, hoxe apenas perceptibles en superficie, trátase dun castro e dunha vila. O primeiro é un asentamiento fortificado cuxa orixe remonta á Idade do Ferro, aínda que se seguiría habitando durante a Época Romana. O segundo, un pouco máis ao sur, trátase dun asentamento rural romano, unha especie de cortixo onde os nativos castrexos traballarían en condicións pouco vantaxosas para un romano ou para un nativo colaboracionista cos invasores; neste asentamento coñecido como Vila de Trastemil descubríronse numerosas cerámicas de construción, así como algúns muiños e unha columna.
  • Foto de Igrexa
  • Foto de Igrexa
  • Foto de Igrexa
Igrexa e cemiterio parroquial con retablo barroco, a fachada en granito cun singular reloxo solar, pezas do cemiterio e cruceiro realizadas igualmente en granito

3 comentarios

  • Xules 11-abr-2015

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Percorrido por Santaballa e os sus lugares máis senlleiros, o que máis me gustou foi a baixada dende a Pena Grande polos muiños.
    Ben sinalizado e fácil de seguir.

  • Foto de Una ruta cada día

    Una ruta cada día 17-may-2015

    Cuánto tiempo aproximadamente lleva hacer esta ruta?

  • roverhood 17-may-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    .

Si quieres, puedes o esta ruta