Coordenadas 1949

Fecha de subida 17 de marzo de 2014

Fecha de realización marzo 2014

-
-
448 m
169 m
0
4,4
8,8
17,54 km

Vista 2585 veces, descargada 84 veces

cerca de Merza, Galicia (España)

Pouco que dicir desta ruta que non se dixera xa. Subo esta por ter algunha modificación do resto de rutas da zona, ademais de incluir algún punto de interese máis.

Saimos de Merza cara Carboeiro, vendo marcas de sendeirismo que pouco ían durar, xa que non e unha ruta moi ben sinalizada. Subindo un tramo de estrada voltamos ó camiño de baixada que vai dar á Ponte do Demo, recibimento das terras do mosteiro. Despois de tomarnos o noso tempo visitando a zona (a entrada ó mosteiro custa 1€), saimos monte arriba cara a zona rural norte de Silleda, atopándonos varias igrexas polo camiño e un muiño no que parar a almorzar. Logo disto, comeza o descenso cara a fervenza por camiños rurais de monte perfectamente mantidos ata chegar á estrada de novo e comezar a atopar tráfico rodado de turistas que baixan a ver o espectáculo fluvial. Antes de baixar á fervenza, é recomendable visitar o miradoiro con vistas ó val do Toxa e o Deza. Logo de disfrutar da paisaxe e de refrescarnos nas augas do Toxa, voltamos cara Merza dando por rematada unha fermosa ruta con dous puntos de interese incribles coma son o mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa.

A ruta é sinxela e nada esixente, aínda que para xente que non está acostumada a camiñar recomendo facer a variante que vai de Carboeiro directamente á fervenza e volta, máis doada.

Ver más external

1 comentario

  • mar3158 15-may-2018

    Pendiente de hacerla en breve
    ¡Escelentes fotos!

Si quieres, puedes o esta ruta