-
-
3.003 m
676 m
0
1,4
2,9
5,72 km

Vista 210 veces, descargada 5 veces

cerca de Moreda, Galicia (España)

Esta ruta circular comeza en Moreda. Unha vez aquí, podemos observar unha Aira típica do Courel na entrada e tamén unha capela na saída da aldea. Desde aquí, o sendeiro sube ata chegar á parte oeste da Serra das Travesas, descendendo de xeito bastante acusado.

Diversos vestixios arqueolóxicos confiren especial interese ao Monte Cido, un lugar que se caracteriza tamén pola súa espectacular paisaxe. O monte Medulio, moi nomeado nos textos romanos, situase en varios lugares do noreste-oeste da Península Ibérica e, neste senso, existe unha hipótese sobre a situación deste que o ubicaría nun dos Montes da Serra do Courel: o Monte Cido, cuxo topónimo podería provir da voz latina Occidio (matanza, carnicería). Nel, pódense apreciar os restos dun foso como o que, según os datos de que se dispón, se fixo para sitiar o monte e no que se descubriron vestixos romanos como unha aguia imperial de bronce procedente dun estandarte e a Tésera da hospitalidade do Courel, unha taboa de bronce cun texto latino que alude a un pacto entre poboacións (estas pezas están no Museo Provincial de Lugo).

Como diciamos, esta ruta circular discorre por todo o cume do Monte Cido ata chegar a Chao de Outerio desde onde se descende por unha pista ata o pobo de Moreda; durante o descenso pódese ver a Devesa da Rogueira enfronte.
As_Cortiñas_da_Serra
Castro_de_Cido
Necropoli_do_Monte_Cido
Foso_Defensivo_da_Gralleira

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta