• Foto de Ruta polo Caurel - Castro da Torre 20/05/2017 CDF

Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  10 horas 52 minutos

Coordenadas 2283

Fecha de subida 7 de diciembre de 2017

Fecha de realización mayo 2017

-
-
782 m
435 m
0
4,6
9,2
18,49 km

Vista 144 veces, descargada 4 veces

cerca de Folgoso do Courel, Galicia (España)

RUTA POLO CASTRO DA TORRE
20 de maio de 2017

guía: Neves/Orlando

Circular: Folgoso
16 km

Ruta circular de 16 Km que sae de Folgoso. O percorrido discorre, na súa case totalidade, polas marxes do Lor. Os principais puntos de interese son o encontro dos ríos Lor e Lóuzara, os castros de Foucellas e da Torre, a aldea de Sobredo e o Pozo das Mulas. O Castro de Fouciños atópase na marxe dereita do Lor. En fronte está o Castro de Foz ou de Albardaira. A ruta pasa polo foso do Castro. O Castro da Torre é un exemplo de castro tardío, habitado nos séculos III e IV d.C. Sitúase nun espolón a 761 m desde o que se pode desfrutar dunhas vistas excepcionais dos canóns dos rio Lor e Ferreirós e dos Picos de Penaboa (tamén coñecido como dos Bois ), de Coto, Pinza, Golada de Lucenza, Mallón, Buzaqueira, Fedo, Murelos, Papoulas, Formigueiros e do Piapaxaro. Poden verse restos de vivendas de distintas formas (circular, cadrada, rectangular e rectangulares coas esquinas redondas) e un depósito de auga tallado na rocha. Sobredo é unha aldea típica courelá, rodeada de castiñeiros e de trazado medieval. No século VIII, Alfonso II o Casto estivo refuxiado nesta aldea, baixo a protección dos monxes de Samos. O Pozo das Mulas é un cantón do rio Lor que alberga un conxunto de rochas calcarias silúricas, algunhas de grandes dimensións e erosionadas polo río, que teñen a súa orixe nun desprendemento de ladeira, desde as abas do monte no que se asenta o Castro da Torre. É un lugar especial para sentir e deixarse arrolar polo barullo do río. Ao final da ruta pódense ver varios alvares.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta