• Foto de Salcedo no tempo a pé
  • Foto de Salcedo no tempo a pé
  • Foto de Salcedo no tempo a pé
  • Foto de Salcedo no tempo a pé
  • Foto de Salcedo no tempo a pé
  • Foto de Salcedo no tempo a pé

Dificultad técnica   Moderado

Coordenadas 2652

Fecha de subida 17 de mayo de 2016

Fecha de realización abril 2016

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
246 m
16 m
0
3,5
7,0
14,01 km

Vista 846 veces, descargada 3 veces

cerca de Pontevedra, Galicia (España)

Esta ruta é froito dun esforzo de recuperación, divulgación e dinamización do patrimonio polo que recomendamos entrar na web do proxecto. O roteiro ten paneis informativos e divulgativos en todo o trazado. Na parte inicial imos ao carón do río dos Gafos ate desviarnos no muíño de Cabanas cara a vía de servizo do Ave. O paso da N-550 faise por baixo dunha ponte que se accede por unhas escaleiras por seguridade xa que esta estrada presenta moito tráfico pesado. Por isto a primeira parte do trazado non fai xustiza a gran cantidade de patrimonio histórico e paisaxístico que atopamos nesta ruta. Unha vez pasado o quilómetro 3,2km da ruta xa entramos en corredoiras e camiños con gran interese natural. O percorrido ten fortes pendentes (hasta o 16%) e o terreo é moi irregular polo que ten esixencia física hasta facer cumio nos 247m de altura (6,8km). Neste percorrido atopamos muíños, petróglifos, castros e nos cursos dos regatos flora de ribeira. Hai que facer mención especial ao conxunto dos muíños de Batán que atopamos no quilómetro 9,60 da ruta que vale a pena visitar durante a época de choivas cando o río transporta moita auga pero tendo en conta que os pasos do camiño sobre o río poden estar anegados.

Consellos para o percorrido:
Botas de montaña ou impermeables con caña alta para protexer os nocellos. Hai que ter moito coidado nos pasos dos ríos e na zoa de muíños porque as pedras escorregan moito. Non hai acceso a bares ou restaurantes polo que é recomendable levar algo de comer. Hai unha fonte na metade da ruta.

1 comentario

  • Noeliavg 12-sep-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    As paisaxes son inigualables pero a ruta non está moi ben sinalizada.

Si quieres, puedes o esta ruta