• Foto de Sarela de Galeras ao Romaño
  • Foto de Sarela de Galeras ao Romaño
  • Foto de Sarela de Galeras ao Romaño
  • Foto de Sarela de Galeras ao Romaño
  • Foto de Sarela de Galeras ao Romaño
  • Foto de Sarela de Galeras ao Romaño

Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 216

Fecha de subida 16 de septiembre de 2011

Fecha de realización septiembre 2011

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
267 m
226 m
0
0,7
1,5
2,91 km

Vista 5131 veces, descargada 49 veces

cerca de Santiago de Compostela, Galicia (España)

O río Sarela atópase moi modificado pola produción agraria, xa que foi unha importante área destinada á produción de fariña e curtidos, alterando o caudal natural do río para rega, os pelamios ou o aproveitamento da forza motriz para os muíños.

LAVADOIROS DE SANTA ISABEL:
Un lavadoiro é un lugar destinado ao lavado da roupa. Xurdiron como unha necesidade lóxica dos veciños, normalmente as mulleres da veciñanza, que mañá e tarde acodían a estes lugares a facer a bogada.
Tradicionalmente os lavadoiros adoitaban ser públicos, de uso colectivo, estando situados nas beiras dos ríos para aproveitar o correr da auga doce no fregado, aclarado e branqueado da roupa. A maioría están constituídos por un único pío, grande e comunal. Este pío é cadrado ou rectangular, cheo de auga, e rodeado de pedras inclinadas contra as que refregar os panos, pero no caso dos lavadoiros de Santa Isabel atopámonos cunha aliñación de pequenos lavadoiros individuais, perpendiculares ao río, o que non é inusual pero si menos frecuente entre os lavadoiros galegos.



OS MUÍÑOS NO SARELA:
A produción de fariña comeza no neolítico, cando se utilizaron pequenos muíños manuais consistentes nunha pedra grande pousada no chan contra a que se movía unha cilíndrica. Na romanización popularízanse os muíños de man circulares, con dúas rodas e que moían cun pau insertado na de arriba.
Os muíños de río apareceron en Galicia na Idade Media (séculos XI-XII), máquinas que utilizan a forza do río para o seu funcionamento, que pode ser de dous tipos segundo a posición da súa roda:
- De rodicio: roda matriz horizontal, son os mais antigos e abundantes.
- De bruia: roda matriz vertical, tamén chamados aceas
O Sarela movía máis de 30 rodicios. Eran todos fariñentos, a maioría deles de millo, pero tamén os había de trigo e centeo, e foron un compoñente importantísimo na economía do seu tempo. Os había de dous tipos segundo o seu dono:
- Particulares, eran dunha persoa que moía o seu gran e o de aqueles veciños que llo encargaran, cobrándolles en cartos ou cunha parte do moído, a maquía
- Comunitarios ou muíños de herdeiros, tiñan varios donos polo que foron lugar de reunión dos veciños, que facían troulas e muiñales mentres esperaban pola vez para moer.

BOSQUE DE RIBEIRA:
Nas terras enchoupadas as plantas que colonizan as ribeiras teñen unha gran capacidade de soportar as flutuacións anuais de auga, destacando unha longa banda de bosque de ribeira ou ripisilva, que aquí atopamos frecuentemente substituído nas veigas por cultivos e praderías. Nestes corredores boscosos o ameneiro é a árbore dominante, acompañado por salgueiros, loureiros e sabugueiros, cubertos por plantas gabeadoras e especies umbrófilas.
É unha vexetación adaptada ás inundacións anuais e á riqueza de nutrientes minerais dos sedimentos do río. As raíces de estas árbores sosteñen o terreo frente ás enchentes e as polas proporcionan sombra regulando a temperatura.



PONTE DOS TRES OLLOS – ANTIGO CAMIÑO A BERGANTIÑOS:
O Santiago medieval debía contar con sete camiños principais, xa que tiña sete portas na súa segunda e última muralla, construída por Cresconio no século XI. Un destes camiños saía pola porta de Subfratribus ou de San Francisco, vadeaba o río Corgo xunto á ermida da Virxe da Fonte e chegaría ao Sarela para cruzalo por esta fermosa ponte e dirixírse cara Bergantiños e o porto de Malpica.
Existen características comúns nas pontes que se foron erixindo ao longo da Idade Media ata a chegada do Renacemento: os arcos adoitan ser de medio punto e a maioría das pontes teñen un número de ollos ou arcos impar, de tal maneira que os laterais son os máis pequenos crecendo en diámetro ata o central que é o maior e coincide co punto de maior caudal do río que atravesan. Esta disposición de arcos xera un perfil característico a dúas vertentes. Apóianse sobre bases prismáticas, orientadas augas arriba para dividir a corrente e aliviar a presión exercida.

CURTIDURÍA DE PONTEPEDRIÑA DE ARRIBA - FÁBRICA DE CURTIDOS VILAS:
É a segunda tenería mais antiga da cidade, despois da Fábrica das Trompas, e unha das mais importantes en niveis de producción. Estivo en funcionamento durante mais de 150 anos, curtindo coiro de vacún polo procedemento tradicional de tipo vexetal, baseado nos taninos obtidos da cortiza dos carballos.
Comezou a funcionar no 1874, e aínda se poden ver as súas instalacións practicamente como no intre do seu peche en 1961. Pasou por varios donos, un deles foi a sociedade familiar ‘Riva Hermanos’, un dos grupos empresarias mais sobranceiros da Galicia do século XIX, que tamén estaban á fronte dos fornos de ferro e cerámica de Sargadelos. Tras diferentes problemas, como a crise económica de 1864 ou a competencia que o procedemento industrial de curtición suporá para as tenerías galegas, chegou a súa última época de esplendor na posguerra, cando se adicaban en exclusiva á produción de sola para a demanda dos fabricantes de zapatos alacantinos.

A TROITA:
A troita común (Salmo trutta) adoita atoparse nos tramos fluviais de correntes rápidas con fondos pedregosos, polo que soe situarse nas partes altas dos ríos, en particular cando é xuvenil, e tamén nos cursos lentos onde alcanza grandes tamaños.
Moi ben representada en toda Galicia, aparece en ríos, regatos e encoros. Aliméntase dun gran número de presas, dende insectos acuáticos como os tricópteros ata moluscos, crustáceos e outros invertebrados que caen na superficie do río. As de gran talla poden incluso comer pequenos vertebrados como as rás, pintafontes ou exemplares inmaturos da súa propia especie.

1 comentario

  • Hammone 14-oct-2015

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Bonito recorrido por el río Sarela. Los edificios de la curtiduría y el molino cercano a estos han sido rehabilitados.

Si quieres, puedes o esta ruta