-
-
458 m
119 m
0
3,6
7,3
14,59 km
Vista 5123 veces, descargada 112 veces
cerca de Mesiego, Galicia (España)
Este sendeiro de pequeno percorrido está homologado pola Federación Galega de Montaña como PR-G 79 e como tal está debidamente sinalizado, polo que pódese facer sen precisar do track do GPS. Descoñezo a razón pola que nas sinais ao longo de traxecto aparece como PR-G 76 que según o listado oficial correspondería ao Sendeiro do Río Avia.
Citando a páxina web de Turgalicia: "Parte do Parque Municipal do Carballiño, xunto á piscifactoría. Pasa pola popular Pena dos Namorados e o Parque Etnográfico do Arenteiro co interesante ecomuseo Muíño do Anxo, o cámping municipal con bungalós e un restaurante.
Crúzase sobre o río Arenteiro en Ponterriza para chegar á aldea de Moldes e á súa igrexa románica de San Mamede, monumento nacional inmerso nun romántico contorno marcado por castiñeiros de gran tamaño e un antigo cemiterio
O Arenteiro crúzase outra vez pola ponte medieval de Castro Cavadoso. Sóbese cara á aldea de Cabanelas coa súa igrexa, pazos e casas brasonadas, para descender despois cara a Pazos de Arenteiro (ver PR-G 76). Antes de entrar na vila, merece a pena achegarse ao Pozo dos Fumes onde o río parece volatilizarse entre as rochas".

2 comentarios
Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
campanal 21-abr-2016
Dende "Ratos Libres" clube de sendeirismo seguimos esta fermosa ruta subida por jesussimon, a quén lle agradecemos os detalles espostos.
Fixémola o 16/04/16. Dia de choiva que se ben lle da certo encanto, faina un tanto perigrosa, en algunha zoa o principio e sobre todo no tramo do "Pozo dos Fumes" que nos non fixemos por que o rio levaba moita auga.
jesussimon 21-abr-2016
Grazas, "campanal", polos teus comentarios.