Dificultad técnica   Moderado

Coordenadas 1592

Fecha de subida 19 de marzo de 2018

Fecha de realización marzo 2018

-
-
650 m
362 m
0
4,8
9,6
19,11 km

Vista 158 veces, descargada 8 veces

cerca de Silleda, Galicia (España)

Iniciamos esta ruta no aparcadoiro da Avenida do Parque. Tras cruzar a estrada principal, entramos no Parque Municipal As Pedrosas. Atravesámolo, e a continuación iniciamos o percorrido que nos levará primeiro ao Santuario da Nosa Señora da Saleta, sito no lugar de Siador, atopándonos nada máis entrar, coa escultura da imaxe da Virxe e ao lado o edificio dos Misioneros do mesmo nome e tamén coa correspondente área de lecer, con carballeira incluída.

Agora toca un pouco de subida polo monte totalmente queimado, con algún que outro prado moi verde nesta época de chuvias.

A continuación visitamos a Casa Grande de Fuentemaior, hoxe destinada a casa rural, no lugar de O Barral.

Pasamos por Camporrapado para percorrer un bonito sendeiro pola beira do río Deza que nos vai levar directamente a Ponte Taboada Vella(Ponte Taboada Nova)onde podemos observalas e cruzalas, separando os concellos de Lalín e Silleda.

Nada máis cruzalas nos atopamos coa estación de Adif de Ponte Taboada, coas súas correspondentes vivendas daquela época, hoxe en día bastante en ruínas salvo dúas ou tres habitadas.

Agora toca asfalto ata o Rte. Parrillada Ponte Taboada, onde repoñemos forzas para pola tarde continuar coa ruta.

Continuamos un bo traxecto por asfalto ata coincidir co Camiño de Santiago que nos levará por unhas marabillosas carballeiras para noso deleite, ata o final do percorrido, sen deixar de mirar o circundado do Pazo de Trasfontao, co Albergue Turístico Trasfontao incluído, moi preto xa de onde aparcamos pola mañá.

Temos que dicir que atopamos máis asfalto do que desexaríamos, incluso polo medio dos prados, pola parcelaria. Aínda así, a miña opinión é que mereceu a pena facela.

Tempo en movemento: 5 horas 9 minutos con unha media de 3,8 quilómetros hora.
  • Foto de Arco da vella
  • Foto de Beira do Río Deza
  • Foto de Bosque de Trasfontao.
  • Foto de Camiño
  • Foto de Camiño empedrado
  • Foto de Camiño empedrado a Trasfontao
  • Foto de Campo verde
  • Foto de Capela dos Aflixidos
  • Foto de Capela en Trasfontao
  • Foto de Capela Pazo Trasfontao
  • Foto de Cartel indicadoiro
  • Foto de Cores de inverno
  • Foto de Curioso aviso
  • Foto de Estación Adif Ponte Taboada
  • Foto de Estación Adif Ponte Taboada
  • Foto de Ferrocarril
  • Foto de Fuentemaior
  • Foto de Gando pacendo
  • Foto de Granxa vacúa
  • Foto de Hórreo en Trasfontao
  • Foto de Hórreo na Casa Grande de Fuentemaior
  • Foto de Igrexa Santa María de Taboada
  • Foto de Instalacións granxa vacúa
  • Foto de Muro Pazo Trasfontao
  • Foto de Muíño en ruínas
  • Foto de O Río Deza
  • Foto de Panel informativ
  • Foto de Panel Ponte Taboada
  • Foto de Parque Municipal As Pedrosas
  • Foto de Parque Municipal As Pedrosas
  • Foto de Pombal en Trasfontao
  • Foto de Ponte ferroviaria
  • Foto de Ponte ferroviaria.
  • Foto de Ponte ferroviario de Ponte Taboada
  • Foto de Ponte Taboada
  • Foto de Ruta da prata
  • Foto de Ruínas de muíño
  • Foto de Río Deza
  • Foto de Río Deza entre maleza
  • Foto de Río Deza na Ponte Taboada
  • Foto de Río Deza.
  • Foto de Santuario da Saleta e área de lecer
  • Foto de Santuario da Saleta e área de lecer
  • Foto de Santuario da Saleta e área de lecer
  • Foto de Santuario da Saleta e área de lecer
  • Foto de Santuario da Saleta e área de lecer
  • Foto de Santuario da Saleta e área de lecer
  • Foto de Sendeiro na ruta
  • Foto de Vista da estación Ponte Taboada ao fondo

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta