Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  2 horas 30 minutos

Coordenadas 614

Fecha de subida 25 de octubre de 2016

Fecha de realización octubre 2016

-
-
438 m
319 m
0
1,9
3,8
7,62 km

Vista 1407 veces, descargada 66 veces

cerca de Candeán, Galicia (España)

O concello de Vigo sinalizou un roteiro polos montes comunais de Candeán e na información proporcionada destacan os seguintes puntos:

1.- Parque forestal do Vixiador.
O monte vecinal de Candeán, de 93 hectáreas, sitúase na parte nordeste do concello de Vigo, limitando con Redondela. No seu seo localízase o parque forestal do Vixiador, de 18 Ha, que foron cedidas por 30 anos ao concello de Vigo e destinadas a espazo de lecer da ciudadanía. A súa cota máis elevada chega ao 449 metros, dende onde se pode contemplar o Val da Louriña, os montes de Portugal, a Serra do Suído e a Ría de Vigo. Nas zonas recreativas do monte substituise o piñeiro, o eucalipto ou a acacia negra por árbores autóctonas coma o carballo e o castiñeiro.

2.- A Pedra Longa.
O Monte Vixiador ata os anos cincuenta foi un lugar de pasto do gando, sobre todo vacún, que os vecinos levaban pacer ao monte baixo, no que as árbores eran escasas. Co "Plan Nacional de Repoblación Forestal" de réxime franquista tamén chega aos montes de Candeán a moda produtivista de especies exóticas coma o piñeiro e o eucalipto. Tras o efecto devastador destas plantacións, a partir dos anos ochenta, a Comunidade de Montes de Candeán muda de idea e opta polas árbores autoctótonas (castiñeiros, carballos, bidueiros, cerdeiras, amieiros, acivros, choupos, buxos, etc). A Pedra Longa é unha boa mostra desta decisión, con preto dunha hectárea de castiñeiros e permite todos os outonos boas colleitas de castañas, e dende hai uns anos, grazas ao microrrizado, a aparición de boletus. Tamén a Pedra Longa destaca polas nacentes de auga, que subministran á parroquia e que deu orixe en 2001 á construción dunha fonte por parte da Comunidade de Montes.

3.- Mámoa do Vixiador.
Os montes de Candeán, xunto co Monte Penide en Redondela, posúe un legado arqueolóxico dos máis importantes de Galicia. No Neolítico (5500-2500 a.C.) ten lugar nestas terras a sedenterización dos poboadores do lugar. Aparecen as aldeas e as construcións funerarias con grandes pedras (as mámoas). Normalmente as mámoas localízanse en planicies altas ou en zonas de tránsito dos montes, como é o caso do que se pode ollar no Roteiro das Mámoas de Candeán. A mámoa do Vixiador é un referente por estar no alto do monte e por ser a máis grande da zona, cun túmulo de 1,8 metros de alto e 30 de diámetro. Por desgraza tamén é un exemplo de espoliación das pedras para outros usos. En 2007 fíxose un estudo dos restos descubrindo materiais tanto antigos como modernos e, particularmente, mostras de pinturas non figurativas.

5.- Mámoa do Ferradouro e de Costa Freiría.
Das 18 mámoas que tiña Candeán consérvanse 13 na actualidade. Destas, 9 están en terreos da Comunidade de Montes que as integrou no Roteiro das Mámoas de Candeán, que parte da Unión Veciñal de Candeán e remata no Vixiador. As dúas pequenas mámoas do Ferradouro e as tres de Costa Freiría forman dúas agrupacións distantes cen metros entre sí. No ano 2006 escavouse e restaurouse unha dela, na que se acharon restos do enxoval das persoas alí soterradas: un machado de pedra, unha punta de frecha, así como diverso material cerámico. Estas mámoas comezáronse a construir hai preto de 5000 anos e seguiron utilizándose moitos séculos despois, até aproximadamente o 1500 antes da nosa era.

6.- Necrópole de Chan de Touciños.
En 2004 os veciños e veciñas de Candeán asociáronse para promover o cemiterio privado de Candeán. Coinciden cos antigos habitantes na localización pois no lugar atópanse moitas mámoas, conformando a denominada Necrópole de Chan de Touciños. Unha das mámoas está localizada precisamente no interior do cemiterio. No entorno da necrópole circula o sendeiro local de Candeán que, a súa vez comparte trazado co GR-53, o Sendeiro Panorámico de Vigo.

7.- Plantación de oliveiras.
Non todos os que percorren este sendeiro coñecen que a oliveira é unha árbore autóctona no sur de Galicia. Segundo se conta, os Reis Católicos promoveron a erradicación desta árbore na terra. A Comunidade de Montes de Candeán decidiu en 2013 seguir apostando pola mutifuncionalidade do monte e plantou 2000 oliveiras nunha hectárea de terreo, na zona de Costa Freiría. O proxecto ten como finalidade a produción de olivas da variedade arbequina, das que finalmente se obterá aceite que se comercializará como aceite galego.

8.- Lagoa dos Seixos.
A fonte dos Seixos, chamada así pola abundancia destas pedras brancas, permitiu que a Comunidade de Montes decidise crear a Lagoa dos Seixos. Na lagoa existe un hábitat cunha biodiversidade tanto vexetal como animal, destacando entre a primeira a xestela ou rabo de cabalo, e entre a segunda a píntega, o sapo común, os cabalinos do demo, as bolboretas ou diversos tipos de rás e limpafontes.

Ver más external

  • Foto de Acc Mamoa Costa Freiria III
Lugar de acceso a mámoa III de Costa Freiría.
  • Foto de Alxibe
Depósito de auga non potable.
  • Foto de Asociacion Veciñal
Local da Asociación de Vecinos de Candeán.
  • Foto de Camiño
Camiño carreteiro no parque forestal do Vixiador.
  • Foto de Carballo americano
Plantación de carballos americanos.
  • Foto de Cemiterio
Cemiterio privado de Candeán.
  • Foto de Comezo Candean
Punto de inicio do roteiro, no parque forestal do Vixiador.
  • Foto de Fonte do Verde
Fonte de auga potable.
  • Foto de Fonte Pedra Longa
  • Foto de Fonte Pedra Longa
Fonte de auga potable.
  • Foto de Lagoa dos Seixos
Pequena represa de auga.
  • Foto de Mamoa Chan Labrador
Enterramento Neolítico.
  • Foto de Mamoa do Vixiador
Enterramento Neolítico.
  • Foto de Mamoa I Chan Touciños
Enterramento Neolítico.
  • Foto de Mamoa II Chan Touciños
Enterramento Neolítico.
  • Foto de Mamoa II Ferradouro
Enterramento Neolítico.
  • Foto de Mamoa III Chan Touciños
Enterramento Neolítico.
  • Foto de Mamoa IV Chan Touciños
Enterramento Neolítico.
  • Foto de Miradoiro
Punto con vistas panorámicas.
  • Foto de Olivar
Pantación de oliveiras.
  • Foto de Parque Forestal Vixiador
Parque forestal no concello de Vigo, na parroquia de Candeán.
  • Foto de Pedra Longa
  • Foto de Pedra Longa
Zona no parque forestal do Vixiador.
  • Foto de Souto
  • Foto de Souto
Bosque de castiñeiras.

1 comentario

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 25-oct-2016

    Para facer o roteiro non se precisa de GPS, está perfectamente sinalizado.

Si quieres, puedes o esta ruta