Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  2 horas 13 minutos

Coordenadas 389

Fecha de subida 25 de octubre de 2016

Fecha de realización octubre 2016

-
-
230 m
123 m
0
0,8
1,7
3,34 km

Vista 1065 veces, descargada 19 veces

cerca de Priegue, Galicia (España)

Este roteiro foi trazado de forma conxunta polo concello de Vigo e máis a Comunidade de Montes de Saiáns e di a información proporcionada sobre os puntos de maior interese:

1.- Parque forestal de Saiáns.
Superficie de 23500 m2 enclavada no monte veciñal en man común de San Xurxo de Saiáns e destinada a espazo de lecer da cidadanía. Cedido por 30 anos ao concello de Vigo. O monte vecinal de Saiáns (46 hectáreas) sitúase na parte sur do macizo montañoso que se extende entre Vigo e Nigrán, facendo de límite do termo municipal. A súa cota máis elevada chega aos 400 metros no extremo oriental. A Comunidade de Montes leva traballando nos últimos anos nun plan de millora de especies, substituindo as de crecementos decadentes ou as invasoras (por exemplo acacia) por autóctonas (p. e. carballo nas fragas e piñeiral en zonas máis altas).

2.- Muíños da Estea.
Dende os primeiros asentamentos en Galicia, no Neolítico, existen muíños no rego da Estea en Saiáns: son os muíños naviculares, tanto nos poboados -en pedras móbiles- como fixos nas rochas naturais. Aparte de empregarse para moer cereais, tamén se empregaban en prácticas rituais ou en obter pinturas. Dende a idade media ata mediados do século XX proliferaron os muíños de auga que coñecemos. Hai mostras tanto en Estea como, máis adiante, na Fraga de Cal de Outeiro aproveitando as augas do rego de Saiáns.

3.- Castro Alto da Medoña.
Os primeiros habitantes de Saiáns están datados no século IX a.C., na idade de Ferro. Residían no poboado localizado no Alto da Medoña, na Estea. O recinto castrexo construiuse con terrazas de 130-160 metros e un foxo de protección duns 20 metros de ancho e 12 metros de profundidade. Con posterioridade no tempo, ao desaparecer o castro, no entorno do foxo construiuse unha mina de auga que o deformou parcialmente. Hoxe en día quedan o recordo e as fantásticas vistas da boca da Ría de Vigo, coas Illas Cíes presidindoas.

4.- Fraga Cal de Outeiro.
Un dos recunchos máis engaloiantes do concello de Vigo atópase nesta fraga, semella que nos transportáramos no tempo. Nela mantense a flora e fauna propia dunha ribeira, preservando unha gran biodiverdidade. Tamén atopamos os muíños mellor conservados da zona que lembran os quefaceres dos nosos antergos e toda a tradición cultural que neles se vivía. A flora que se pode atopar vai dende árbores como amieiros, salgueiros, carballos, loureiros, abeleiras, pradairos, etc, a prantas como o fento real ou unha variedade de cogumelos propios de tempada. A fauna, como cabe agardar, é moi variada tanto en mamíferos (teixugo, esquío ou raposa) como en aves (ferreiriños, miñatos, etc) ou anfibios (rás, píntegas, etc) e insectos (libeliña, tricópteros, vacalouras, etc).

Ver más external

  • Foto de Camiño 1
Camiño que une o parque forestal con Estea.
  • Foto de Camiño 2
Camiño preto do parque forestal de Saiáns.
  • Foto de Canteira
Antiga canteira no castro do Alto da Medoña.
  • Foto de Comezo Saians
Punto de inicio do roteiro no parque forestal de Saiáns.
  • Foto de Croa
Punto máis elevado do castro da Medoña.
  • Foto de Fonte da Medoña
Fonte de auga potable.
  • Foto de Fonte dos Muiños
  • Foto de Fonte dos Muiños
Fonte de auga potable na fraga de Cal de Outeiro.
  • Foto de Foxo leste
Foxo defensivo do castro do Alto da Medoña.
  • Foto de Foxo oeste
  • Foto de Foxo oeste
  • Foto de Foxo oeste
Foxo defensivo no castro do Alto da Medoña.
  • Foto de Fraga Cal de Outeiro
  • Foto de Fraga Cal de Outeiro
  • Foto de Fraga Cal de Outeiro
Fraga na parroquia de Saiáns, Vigo.
  • Foto de Invernadoiro
Invernadoiro da Comunidade de Montes de Saiáns.
  • Foto de Mina auga
Antiga mina de auga no castro do Alto da Medoña.
  • Foto de Muiño da Escola
Muíño hidráulico na fraga de Cal de Outeiro.
  • Foto de Muiño de Cambés
Muíño de auga na Estea, en ruínas.
  • Foto de Muiño do Monte
  • Foto de Muiño do Monte
Muíño de auga na fraga de Cal de Outeiro.
  • Foto de Muiño do Pintor
  • Foto de Muiño do Pintor
Muíño hidráulico na fraga de Cal de Outeiro.
  • Foto de Muiño Grande
  • Foto de Muiño Grande
Muíño de auga na Estea.
  • Foto de Muiño Novo
  • Foto de Muiño Novo
  • Foto de Muiño Novo
Muíño hidráulico na fraga de Cal de Outeiro, Saiáns.
  • Foto de Muiños naviculares
  • Foto de Muiños naviculares
  • Foto de Muiños naviculares
Muíños do Neolítico tallados na pedra.
  • Foto de Parque forestal Saians
  • Foto de Parque forestal Saians
Parque na parroquia de Saiáns, Vigo.
  • Foto de Piñeiral
Bosque de piñeiros.
  • Foto de Presa
  • Foto de Presa
Represa no rego de Saiáns.
  • Foto de Rego de Estea
Rego que baixa dende o parque forestal de Saiáns.
  • Foto de Represa
Presa de auga en Estea.
  • Foto de Represas
  • Foto de Represas
Presas de auga ao carón do viveiro da Comunidade de Montes de Saiáns.

1 comentario

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 25-oct-2016

    O percorrido está perfectamente sinalizado, xa que logo, non fai falla GPS.

Si quieres, puedes o esta ruta