Dificultad técnica   Moderado

Coordenadas 3276

Fecha de subida 12 de junio de 2018

Fecha de realización junio 2018

-
-
974 m
344 m
0
6,6
13
26,45 km

Vista 95 veces, descargada 2 veces

cerca de Caroi, Galicia (España)

Este luns repetimos unha das rutas feitas polo grupo dos Luns ao Sol fai agora dous anos, pola mesma zona.

Iniciámola na aldea de Cavadosa onde xa podemos observar unhas fervenzas.




Continuamos cara ao sur en dirección ao Parque Eólico do Monte Seixo, que alcanzamos despois dunha boa subida por pistas forestais durante seis quilómetros e medio. Non chove, pero hai bastante néboa, polo que a temperatura é baixa.






Percorremos o citado Parque Eólico para a continuación empezar a baixar o que antes tivemos que subir. Esta vez facémolo todo por unha pista asfaltada, supoñemos que foi feita para servizo do Parque Eólico. Quizais exista algunha alternativa para poder evitar o asfalto. Nós non á atopamos.


No lugar de Carballás onde se atopa a Capela da Conceución do século XVIII, imos continuar camiñando polo roteiro do Frei Martín Sarmiento que nos leva directamente a Cerdedo. Nesta lugar xantamos, como sempre que facemos algunha ruta próxima , no Restaurante O Meu Lar.


Pola tarde, agora con unha lixeira choiva, imos facer o resto que nos queda por un dos sendeiros máis bonitos, cheos de carballeiras e de árbores autóctonos. Primeiro polo que nos falta por percorrer do Frei Martín Sarmiento ata o lugar de Cabenca, pasando por Lourido e Revolta. A continuación desviámonos pola marabillosa ruta do río Seixo, cheo de árbores autóctonos e muíños, eso sí, en ruínas. Sempre pola beira do citado río, que case os dez quilómetros que temos que facer ata o final, fágansenos curtos a pesar de levar nas nosas cansas pernas moitos xa.







Nesta bonita ruta atopamos aldeas: Cimadevila, Carballás, Barro, ata chegar ao centro de Cerdedo. Despois, Lorido, Revolta, Cabenca e Cavadosa, principio e fin.

Capelas ou Ermidas: Santa Mariña, Conceución, San Salvador.




Igrexa parroquial de San Xoan de Cerdedo.


O peor que nos atopamos é a pista polo monte onde se atopa o Parque Eólico. Son bastantes quilómetros de baixada sen tráfico algún, por suposto.

Tempo en movemento: 6 horas 50 minutos, con unha media, segundo o GPS de 3,9 quilómetros hora.

Ver más external

  • Foto de Capela da Conceución século XVIII
  • Foto de Capela San Salvador século XVI
  • Foto de Cerdedo ao fondo
  • Foto de Cerdedo ao fondo
  • Foto de Diante do muíño
  • Foto de Equinos pastando
  • Foto de Fervenza con poza no Río Seixo
  • Foto de Levada de Cavenca
  • Foto de Monte Seixo na Serra do Cando
  • Foto de Monte Seixo na Serra do Cando
  • Foto de Monte Seixo na Serra do Cando
  • Foto de Monte Seixo na Serra do Cando
  • Foto de Monte Seixo na Serra do Cando
  • Foto de Monte Seixo na Serra do Cando
  • Foto de Monumento ao canteiro en Cerdedo
  • Foto de Na capela Santa Catalina
  • Foto de Paneis informativos
  • Foto de Paneis informativos
  • Foto de Paneis informativos
  • Foto de Paso estreito
  • Foto de Pola ruta de Frei Sarmiento
  • Foto de Ponte romana de San Antón
Ponte romana de San Antón
  • Foto de Prados verdes
  • Foto de Prados verdes
  • Foto de Río Seixo
  • Foto de Río Seixo
  • Foto de Río Seixo
  • Foto de Río Seixo
  • Foto de Río Seixo
  • Foto de Río Seixo
  • Foto de Sendeiro Río Seixo
  • Foto de Vacas pastando.Cerdedo ao fondo
  • Foto de Visa panorámica
  • Foto de Vivendas solitarias

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta