Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  4 horas 56 minutos

Coordenadas 971

Fecha de subida 5 de diciembre de 2016

Fecha de realización diciembre 2016

-
-
738 m
283 m
0
2,6
5,1
10,26 km

Vista 772 veces, descargada 7 veces

cerca de Santiorxo, Galicia (España)

Parte dunha ruta de ida e volta á feira de Parada de Sil que temos en proxecto, partindo e regresando a Barantes de Riba (Igrexa). Será unha ampliación da xa feita Barantes-Parada de Sil (ruta á feira). A intención é facer que a ida e o regreso só coincida nas zonas de ribeira inmediatas aos puntos de embarque.
Entraremos e saíremos da ruta homologada PR-G98 de Parada de Sil, sempre coa intención de facer o camiño máis curto á capitalidade (á feira). E pasaremos por sequeiros, revoltas e miradoiros, muíños, calzadas de pedra, alvarizas, regatos, pontes, soutos, carballeiras, adegas, mosteiros,...
Cruzamento-01, entramos no PR-G98; Cruzamento-02, saímos; Cruzamento-03, entramos de novo. Logo, despois de xantar o polbo, saímos de Parada e no Cruzamento-04 recuperamos a ruta referida, para deixala finalmente no Cruzamento-5 (que coincide co Cruzamento-01).
Espazos os de Caldelas ben interesantes que contamos completar coa parte que discorra por Lemos, parroquias de Barantes e Santiorxo, con: castros, fontelas, restos arqueolóxicos, berces de poetas, lugares con arquitectura ben singular como a Somoza, muíños (os do regato de Paradela) viñas (da Airela, Leiredo, Os Groís, A Viña Vella, os Bacelos, Lobeiras), chabolas ou chozas de ribeira, vexetación mediterránea explicada polo miúdo.
Esperamos poder ofrecelo sen moito tardar.
  • Foto de Miradoiro
Neste punto, xusto despois de pasarmos por onde os primeiros segueiros da camiñada, unha pequena plataforma asómase cara ao río cun desnivel en vertical impotante.
  • Foto de Sequeiros cruzamento-01
É o punto de unión (entrada) na ruta PR-G98. Collémola cara á esquerda (Portela). Sairemos e voltaremos a entrar nesta ruta, transitándoa nos tramos que nos permitan ir á capitalidade polo camiño máis curto. Estas dúas edificacións son as máis interesantes e mellor conservadas do traxecto.
  • Foto de Revolta sobre o regato
ímola chamar así, pois nesta volta deixamos o canón aberto para seguir cara a Portela pola marxe esquerda do regato, que escoitamos baixar pouco cantareiro (auga pouca caíu aínda este ano).
  • Foto de Muíño de Portela
Este muíño debeu ser moi importante. É grande e ten unha canlle que seguro que aportaba auga seguido e suficiente. O regato baixa aínda de verán con auga abonda. Está nunha finca cun muro máis que interesante e feito. A carreira empedra que sae desde Portela cara á Parada, xusto pola parte do muíño, hoxe asimilaríamola a unha autovía, cando menos.
  • Foto de Portela
Esta aldea esta catalogada como conxunto etnográfico singular. Poucas casas, mais interesnates ventás e escalieras con corredor.
  • Foto de Alvariza
Neste punto, á esquerda do camiño -o muro fai de linde do camiño e defensa das colmeas-, vemos os restos dunha alvariza de forma case rectangular e porta de entrada minúscula.
  • Foto de Ponte
Non sabemos o seu nome -para outra ocasión-, pero está un pouco máis abaixo da laga e un pequeno parque que xa anticipa o núcleo urbano de Parada de Sil.
  • Foto de O campo da feira
Bordeado pola Casa do Concello, o Bar Pepe, un ultramarinos e outros edificios singular, tén no medio unha ermida e mais un cruceiro e carballos potentes. Debeu ser unha feira ben concurrida.
Unha homenxe a unha das profesións que levou polo mundo tantos momentos de satisfacción gustativa naquelas festas e feiras de xa empeza a haber anos.
  • Foto de Souto
Á man dereita do camiño, xa de novo no PR-G98 cara a Sta Cristina, vemos varios soutos. Este, o máis grande e des árbores maxestuosas.
  • Foto de Castro (entrada)
Xusto na entrada, sorpréndenos esta formación tan singular de castiñeiro.
  • Foto de Castro (adega)
Cincuenta metros máis abaixo, unha adega perfectamente orientada e que aproveita o desnive do terreo para evitar o sol nas pareces.
  • Foto de Mosteiro de Sta Cristina
A media ribeira, un dos máis singulaes mosteiros de Ribeira Sacra. Rodeado de castiñeros e sequeiros é testemuño da riqueza e poder que en tempos tivo a Igrexa. Claustro que consta de dúas pandas en angulo adaptándose ás limitacións do terreo en pendente. Ben interesantes resultaron os concertos que nestes anos houbo polo mes de xullo.
  • Foto de Cruzamento-06
De novo abandonamos o PR-G98 xa cara ao Sil novamente.
O mesmo miradoiro que antes pero xa cunha luz completamete diferente para facer fotos. De fronte, A Empardeada, O Marcozón, Os Groís; máis aló Leiredo...
Volvemos ao comezo. Dez km ben interesantes por camiños de ribeira e do chao, algunha carrioza. Todo perfectamente limpo e usado.
Deixamos o PR-G98.
Recuperamos a ruta homologada no tramo que vai desde Castro a Parada.
Esta entrada é na parte de Parada a Castro a uns 300 metros despois de deixarmos a capitalidade.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta