-
-
903 m
270 m
0
4,6
9,1
18,28 km

Vista 198 veces, descargada 3 veces

cerca de Forcas, Galicia (España)

Con estrita puntualidade galega, chegamos aproxidamente a unha da tarde a antiga fábrica da luz de Parada de Sil, comemos un pequeno aperitivo e comenzamos o sendeiro pola pasarela de madeira, ilustrándonos cos paneis informativos sobre as especies arbóreas e vexetais do lugar.
Despois de tirar unha fotografía merecedora de ocupar a portada dun LP de british pop e de percorrer a desmesurada distancia de case dous kilómetros paramos a comer a beira do río Mao, preto da desembocadura no Sil.
Emulando a Adan e Eva no paraíso, sufrimos a tentación de quedar deitados toda a tarde naquela maravillosa sombra.
Rexeitada semellante proposición indecente e alentados pola impresionantes vistas do cañón do río Mao, empezamos un duro ascenso que nos levou á aldea de San Lorenzo onde hai unha fonte que aproveitamos para hidratarnos como esponxas.
Pasado este punto seguimos o camiño en dirección a necrópole medieval, recomendamos facer o camiño neste sentido, a subida é máis escalonada. Na visita a necrópole puidemos comprobar que non somos máis grandes cos nosos antepasados.
Despois máis arriba, seguimos o sendeiro pola antiga canle que abastecía de auga a fábrica da luz.
Sobre ás sete da tarde paramos na ponte medieval de Conceliñas onde tomamos unha rápida merenda pois había algún que dicía que non chegaban as horas de luz para acabar o camiño que aínda nos faltaba.
Como se tratase dunha banda de atracadores de bancos nunha persecución policial, continuamos ata a aldea de Forcas onde o que antes se empezaba a por nervioso case lle da algo, xa que naquel sitio hai un panal informativo do sendeiro que di que te atopas no punto medio do camiño é que che faltan oito kilómetros para rematar. Erán as sete e media da tarde. A partir de ese momento a banda de atracadores convertiuse no Coyote e o Correcaminos dopados coa poción máxica de Panoramix.
Chegamos ao punto de partida ás nove. Consideramos que o mencionado panel de Forcas está un pouco descentrado.
Para non romper coas tradicións, acabamos este duro e fabuloso día cunha cea. Na que suplimos as carencias da torta-flan de castaña co bo rollo habitual e as risas.
Ana, Carlos, Diego, Ismael e Olga.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta