Descarga

Distancia

5,26 km

Desnivel positivo

258 m

Dificultad técnica

Fácil

Desnivel negativo

258 m

Altitud máxima

352 m

Trailrank

55 2,3

Altitud mínima

104 m

Tipo de ruta

Circular

Tiempo

2 horas 29 minutos

Coordenadas

458

Fecha de subida

1 de agosto de 2020

Fecha de realización

mayo 2020
  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
Sé el primero en aplaudir
1 comentario
 
Comparte
-
-
352 m
104 m
5,26 km

Vista 396 veces, descargada 22 veces

cerca de Chapela, Galicia (España)

Este pequeno curso de auga discorre pola parroquia redondelá de San Vicente de Trasmañó, atopándose o seu nacedoiro no monte Vixiador, concretamente por baixo da Chan de Loureiro, case nas lindes co concello de Vigo.

É un regueiro moi vivo por mor do desnivel de 400 metros que salva en só 3 quilómetros de recorrido, desembocando na Ría de Vigo no barrio de Chapela. As súas beiras no treito medio están colonizadas por unha vizosísima arboreda que medra exuberante para formar un avesío corredor que acompañará a nosa andaina.

O sendeiro, que nun punto crúzase coa Senda da Auga, presenta un chisco de desnivel e ao longo do percorrido érguense varios muíños hidráulicos en distintos estados de conservación, destacando un muíño-vivenda e outro con tipoloxía de cubo.

Un sitio axeitado para comenzar é na estrada que liga Vigo con Redondela, nas inmediacións da rotativa do xornal Faro de Vigo.

Ver más external

Waypoint

Comezo Fondon

Punto de inicio na estrada Vigo - Redondela, preto das rotativas do xornal Faro de Vigo.
Cascada

Fervenza 1

Pequeno caedoiro no rego Fondón.
Cascada

Fervenza 2

Pequena cascada no regato Fondón.
Fuente

Fonte 1

Fonte de auga potable ao comezo da ruta.
Fuente

Fonte 2

Fonte pola metade de percorrido.
Árbol

Fraga 1

Bosque mixto de ribeira nas marxes do rego Fondón.
Árbol

Fraga 2

Bosque mixto de ribeira nas marxes do rego Fondón.
Árbol

Fraga 3

Bosque mixto de ribeira nas marxes do rego Fondón.
Ruinas

Muiño 1

Muíño hidráulico.
Ruinas

Muiño 2

Muíño hidráulico nas beiras do rego Fondón.
Ruinas

Muiño 3

Muíño hidráulico nas beiras do rego Fondón.
Ruinas

Muiño 4

Muíño hidráulico nas beiras do rego Fondón.
Ruinas

Muiño 5

Muíño hidráulico nas beiras do rego Fondón.
Ruinas

Muiño 6

Muíño hidráulico nas beiras do rego Fondón.
Ruinas

Muiño cubo

Muíño de cubo nas beiras do rego Fondón.
Ruinas

Muiño vivenda

Muíño hidráulico con vivenda nas beiras do rego Fondón.
Puente

Pasarela

Paso de madeira sobre o rego Fondón.
Río

Regato Fondon

Pequeno regacho duns 3 quilómetros de lonxitude que nace no Monte Vixiador e desemboca en Chapela (Redondela).
Río

Rego Fondon

Pequeno regacho duns 3 quilómetros de lonxitude que nace no Monte Vixiador e desemboca en Chapela (Redondela).
Ruinas

Restos muiño

Muíño en ruínas no curso do rego Fondón.
Foto

Senda Auga

Senda que discorre pola traza da traída de augas a Vigo desde o río Oitavén.
Foto

Sendeiro

Carreiro que vai polas marxes do rego Fondón.

1 comentario

  • Foto de Fernando Moreiras

    Fernando Moreiras 6 mar. 2021

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Non é para nada fácil, chega un punto en que mesmo hai que rubir por un tramo costento, estreito e de pedras molladas, cun mal paso escordas un nocello ou mesmo abres a cabeza se caes ao rego. Tiven que deixalo a medias, é imperativo facelo en grupo e co equipamento axeitado.

Si quieres, puedes o esta ruta